martes, 11 de mayo de 2010

O xurado de TRASGRAFÍAS. VIDAS EN SETE CORES” está composto por membros da Executiva do PsdeG, do grupo LGTB e do eido artístico e literario

ESTE MES REMATA O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS AO CONCURSO “TRASGRAFÍAS. VIDAS EN SETE CORES” CONVOCADO POLO GRUPO LGTB

O xurado que decidirá o relato gañador está composto por membros da Executiva do PsdeG, do grupo LGTB e do eido artístico e literario




Santiago de Compostela, 10 de maio de 2010.- O vindeiro 25 de maio remata o prazo para a presentación de traballos ao concurso literario “Trasgrafías. Vidas en sete cores” convocado polo Grupo de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais do PsdeG (LGTB). Un concurso que ten por obxecto contribuír á normalización da realidade homosexual galega a nivel social, reflectindoa mediante as vivencias cotiás deste colectivo.

Trátase dun certame interxeneracional no que poderán participar todos os interesados co único requisito de ser maiores de 16 anos e que estean interesados en facer visible a realidade deste colectivo.

O xurado que determinará os relatos gañadores está composto polo xornalista Xosé Antón García Ferreiro, a actriz Tamara Canosa, a poeta Yolanda Castaño, a secretaria de Igualdade do PsdeG e directora do Instituto da Muller, Laura Seara, o secretario de Organización do PsdeG, Pablo García, a portavoz do PsdeG, Mar Barcón, o secretario xeral das XXSS de Ourense, Johnatan Dasilva; e o coordenador do LGTB, Fito Ferreiro.

As persoas que desexen participar deberán mandar a súa obra en formato pdf á conta de correo electrónico lgtb@psdeg-psoe.org especificando nome, apelidos, D.N.I. e un enderezo de correo postal a efectos de notificación. Os/as compañeiros/as que non dispoñan de conta de correo electrónico poderán mandar a obra por correo ordinario á sede do PsdeG-PSOE, na rúa do Pino, 1-9 baixo, C.P. 15.704 de Santiago de Compostela, poñendo no sobre “TRASGRAFÍAS. VIDAS EN 7 CORES”.
A decisión do tribunal daráse a coñecer o 28 de xuño, coincidindo co Día do Orgullo Gai. Haberá un Primeiro Premio de 150 € e un Accésits de 50 €. Estas bases, así como as obras gañadoras, publicaranse no seguinte blog:

http://trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com/.

No hay comentarios: