martes, 8 de marzo de 2011
JOSE ANGEL SANTORO SERÁ O COORDINADOR DO GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS DE VIGO
Membros do grupo LGTB dos Socialistas de Galicia reuníronse en Vigo co Secretario Xeral da Agrupación de Vigo, Manel Gallego Lomba e co Secretario de Organización de dita agrupación, Ángel Rivas González para por en marcha o grupo de homosexuais e transexuais socialista nesta cidade.
Tamén estaba na reunión José Angel Santoro que será o encargado de por en marcha o grupo e de coordinalo. Con este serán tres os grupos locais LGTB socialistas que estean traballando en Galicia. Ourense, Coruña, Vigo ós que se suma o grupo galego.
Coa posta en marcha deste grupo, os socialistas galegos queremos dar un impulso ós grupos locais, que son os que traballan dun xeito máis próximo á xente e que poden traballar día a día cos colectivos LGTB de cada cidade. Ademais Vigo é unha cidade onde a poboación LGTB é moi visible e é necesario desde o Partido Socialista e desde o grupo LGTB 7 CORES tender pontes e traballar conxuntamente pola nosa igualdade real.
Na reunión falouse do próximo acto de presentación de grupo que se fará a mediados de marzo contando coa presenza do Secretario Federal de Movementos Sociais, Pedro Zerolo.
Deseñouse a folla de ruta que desenrolará o grupo nestes primeiros meses, traballo que se realizara en tres liñas; coa sociedade e os diversos colectivos da cidade; no partido promovendo políticas LGTB e no goberno municipal facendo que estas políticas se fagan realidade.
Presentóuselle a proposta do Servizo Municipal de Mediación e Información LGTB, para que desde o concello se traballe pola educación da sociedade respecto ós temas LGTB, así como que sirva de referencia para aquelas persoas homosexuais, transexuais, familiares e amigos. E tamén para facer campañas de sensibilización e axudar a visibilizar a nosa realidade. Cremos que é un servizo necesario para axudar ás persoas LGTB no seu día a día. É certo que temos a igualdade legal pero fáltanos moito para que todas as persoas LGTB vivan a vida que realmente deben vivir.
Esa tarde a comezamos reuníndonos coas mozas do colectivo lésbico de Vigo “Nós Mesmas”. Temos que felicitalas polo traballo que están facendo nesa cidade, un dos colectivos máis activos nestes momentos na nosa comunidade.
Nela marcáronse as liñas de colaboración entre o novo grupo LGTB do PSOE de Vigo e o colectivo “Nós Mesmas”. Unha colaboración que xa existe co grupo LGTB galego e que seguro que se reforzará desde a agrupación local de Vigo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario