viernes, 18 de marzo de 2011
SETE CORES NO FORO DE IGUALDADE E CIDADANÍA
O grupo LGTB dos Socialistas de Galicia participou no "Foro de Igualdade e Cidadanía" organizado polo PSdeG e que se celebrou o pasado dia 11 de marzo en Ferrol
Neste foro participaron Pachi Vázquez, Mar Barcón, Vicente Irisarri, Silvia Fraga, Beatriz Sestayo, María López, Carlos Ferreiro, Chelo Besda, Pilar Souto e Fito Ferreiro.
Como se pode ver polo título falouse dos Plans de Igualdade, dos dereitos civís e de igualdade así como dos servizos LGTB de mediación e información. Outro dos puntos que se tratou foi o da educación en valores coa idea de formar ós cidadáns en diversidade e xerando igualdade. Tamén se falou das vilas e cidades diversas, convivindo todos xuntos en tolerancia sen que importe a orientación sexual, o país do que es ou a minoría a que pertenzas. A compañeira de Ferrol ¿Quién es la compañera de Ferrol? falounos da experiencia na que se traballa na súa cidade sobre a participación dos cidadáns, facendo unha aposta pola cidade de igualdade e participativa coma unha aposta de futuro e tamén de presente para as cidades gobernadas polos socialistas.
Neste foro municipal dos Socialista Galegos, o representante do Grupo LGTB, Fito Ferreiro, falou da situación das xentes LGTB nas nosa terra. "So temos que votar unha ollada ó noso arredor e veremos homes e mulleres que sofren homofobia, que non están a vivir a súa vida real ou que sofren por non saber enfrontarse ca súa verdadeira realidade. É responsabilidade dos socialistas traballar polo benestar destas persoas." Tamén falou da situación no entorno rural "Non é nada doado ser gai ou lesbiana no rural e por suposto inda é máis difícil ser transexual. Ademais debemos traballar para que a condición sexual non sexa unha causa máis pola que abandonar as nosas vilas. Existe unha migración desde as aldeas as cidades galegas e dende estas ás grandes cidades como Madrid, Barcelona e incluso Londres, París, Nova York".
Fito Ferreiro expuxo ós asistentes a dúbida de se a opción sexual é algo que ten que ser vivido so no ámbito privado. "De verdade alguén pode considerar xusto obrigar ós homosexuais a non demostrar nunca os seus afectos en público? ¿a manter sempre en secreto o seu amor? ¿as súas relacións? ¿a súaa convivencia coa persoa á que ama?"
Dos servizos de mediación e información LGTB, que xa funcionan en A Coruña e Lugo, estando en proxecto os de Vilagarcía, Ourense, Pontevedra e Santiago, explicou as liñas básicas destes que se basean "na normalización, a visibilidade e a educación. E partindo destas tres liñas de actuación é onde arranca o ideario dos Servizos Municipais de Mediación e Información . A través destes servizos traballarase na educación con charlas en colexios, institutos, a propia administración, sindicatos colectivos e asociacións. Tamén levaranse a cabo campañas sobre a diversidade familiar, a diversidade afectivo-sexual e de loita contra a homofobia. Dende este servizo atenderanse ás persoas LGTB para orientalas sobre as súas dúbidas, así como ós seus familiares e amigos. Traballarase na prevención e orientación dos casos de bullying, homofobia, mobbing…"
Por outra banda, o Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou que “as políticas sociais e as de igualdade son a bandeira do socialismo, son as políticas que marcan a diferenza entre a dereita e a esquerda. Por isto os concellos socialistas serán bandeira de igualdade e cidadanía”.
Por último, Vázquez apostou por situar ós cidadáns no centro da atención política, que sexan partícipes na xestión municipais. “Os socialistas queremos cidadáns de pleno dereito, activos, responsables e comprometidos co seu municipio ”, concluíu.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario