domingo, 6 de marzo de 2011

Zerolo felicítase do apoio do Consejo del Poder Judicial ao anteproxecto da Lei de Igualdade de Trato


O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG subliñou que “o informe do Consejo apoia as propostas do anteproxecto e axuda a melloralo”

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, congratulouse porque “o Poder Xudicial apoiase o anteproxecto da Lei Integral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación”. O Pleno do Consejo General del Poder Judicial aprobou onte o informe preceptivo sobre o borrador da norma “que amplía as directivas europeas sobre discriminación situándonos á vangarda dos países do noso contorno en políticas antidiscriminatorias”, explicou.

O dirixente socialista destacou que “o informe do Consejo General del Poder Judicial considera xuridicamente adecuadas as propostas do anteproxecto como a regulación da igualdade, a lexitimación para a tutela, as regras relativas á carga da proba, a designación dun fiscal de Sala para a tutela da igualdade de trato e a non discriminación, ou a creación da Autoridade para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación, entre outras”. Zerolo salientou que as observacións formuladas polo CGPJ serán “sen dúbida de moita utilidade para mellorar o texto do anteproxecto de Lei”.

Finalmente, Zerolo sinalou que tras este preceptivo informe o anteproxecto segue os trámites necesarios para o seu envío ás Cortes, lembrando que “esta lexislación será unha lei para a maioría da cidadanía, porque calquera persoa pode ser discriminada nalgún momento da súa vida”.

No hay comentarios: