lunes, 16 de mayo de 2011

LOSADA MOSTRA O SEU TOTAL APOIO A LOS COLECTIVOS LGTB E COMPROMÉTESE A SEGUIR APOSTANDO POLA IGUALDADE













O candidato socialista, Javier Losada, mantivo un encontro con colectivos LGTB na sede da Agrupación Socialista Coruñesa, no que destacou o seu compromiso coa igualdade e a súa aposta por unha Gran Coruña respectuosa e tolerante coa diversidade.

Javier Losada afirmou que as políticas sociais e de igualdade dos socialistas fixeron posible que sexamos un referente no recoñecemento de todos os dereitos de colectivos LGTB. "Quero ser o alcalde de todos os coruñeses, e aposto por unha Coruña visible, na que se recoñezan os dereitos e necesidades de todos", asegurou o candidato socialista.

No encontro desta mañá participaron as entidades A.L.A.S. Coruña (Asociación Liberdade Afectivo Sexual), Milhomes e 7 Cores.

O número 15 da candidatura socialista e representante de 7 Cores, Fito Ferreiro, afirmou que o seguinte obxectivo é a educación, para seguir fomentando a educación en igualdade: "demos grandes pasos adiante, pero seguiremos traballando por unha igualdade real ademais da legal, para visibilizar e educar".

Fito Ferreiro destacou as medidas que impulsarán os socialistas pola igualdade e a visibilidade. Así, potenciarase o Servizo Municipal de Mediación e Información de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais; o primeiro de Galicia, con actividades e charlas en colexios, institutos, colectivos e asociacións, para normalizar a realidade LGTB.

Ademais, traballarase na prevención e orientación en casos de homofobia, mobbing, etc. E realizaranse todo tipo de actividades para o fomento da tolerancia á afectivo-sexualidade e loita contra a homofobia.

Tamén se propón traballar desde o Centro Municipal de Emprego coas persoas LGTB, especialmente cos transexuais, para atender todas as problemáticas e favorecer a contratación; e establecer coas administracións plans de formación para erradicar actitudes homófobas latentes e acabar coa linguaxe heterosexual; visibilización do feito homosexual e transexual pondo nome LGTB a rúas, praza; e programación de actos que fomenten o respecto cara á diversidade afectivo-sexual das persoas.

"Queremos que a Gran Coruña sexa un punto de referencia para a poboación LGTB de Galicia", afirma Fito Ferreiro, que tamén sinala o obxectivo de potenciar o Festival de Arte LGTB "Coruña Visible" e "Coruña Cinema".

miércoles, 11 de mayo de 2011

7 CORES FELICITA AO CONCELLO DE VILAGARCÍA POLA POSTA EN MARCHA DO PUNTO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL LGTB

- Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coruña

-O Punto de Información LGTB trata de axudar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación, e denunciar de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten á súa “ser” LGTB

-Desde o Partido Socialista cremos que a loita pola igualdade se pode facer desde todas as administracións como estamos a demostrar no noso concellos

Santiago, 10 de maio de 2011. O grupo LGTB 7 CORES felicita ao concello de Vilagarcia pola posta en marcha do punto de información municipal LGTB. Sinalan que deste xeito o PSdeG fai realidade o compromiso coas políticas de igualdade para as persoas LGTB. Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coruña.

O Punto de Información Municipal LGTB de Vilagarcía funciona os xoves de 9:00 a 13:30 na concellaría da Muller. Lembran que poderá pedirse información sobre este servizo a través do correo pim.lgtb@vilagarcia.es, e tamén no teléfono 986 099 200 ext.107 ou 109. Existen folletos informativos que serán repartidos polos centros educativos da cidade, centros de Xuventudes, centros culturais, asociacións, etc.

O Punto de Información LGTB trata de axudar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación, e denunciar de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten á súa “ser” LGTB. Ademais presta servizo aos familiares de poboación LGTB que busquen recursos, expor dificultades ou inseguridades en relación ás súas fill@s ou familiares.

O Punto de Información tamén realiza actividades de divulgación de valores non homófobos e actitudes non discriminatorias a persoas LGTB.

Futura Lei de visibilidade de Galicia

O Partido Socialista reforza así o seu traballo pola loita pola igualdade real das persoas LGTB, unhas das políticas que día a día imos facendo realidade nas institucións onde gobernamos. A maiores explican que a Lei de Igualdade de trato que será aprobada no Parlamento garantirá o dereito de non discriminación a tódalas persoas. E lembra que dende o PSOE tamén se esta traballando na futura lei de Visibilidade de Galicia para a non discriminación das persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. Será unha lei de carácter transversal que implique a diferentes áreas do Goberno tanto autonómico como locais e incide en oito ámbitos: lexislativo e xurídico, laboral, da saúde, educativo, cultural, da comunicación, do benestar e da participación e a solidariedade.

Desde o Partido Socialista cremos que a loita pola igualdade se pode facer desde todas as administracións como estamos a demostrar no noso concellos.

martes, 10 de mayo de 2011

FESTA DE ANIVERSARIO DE A.L.A.S. CORUÑA

O colectivo LGTB A.L.A.S de Coruña celebra o seu primeiro aniversario.
Queremos felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras por este primeiro ano de marravilloso traballo e invitámosvos a todos á festa que se celebrase o dia 16 en OLA GREEN. FELICIDADES CHICAS Y CHICOS.



A.L.A.S Coruña (Asociación pola liberdade Afectiva e Sexual da Coruña) cumple un ano, y vamolo celebrar cun FEEESTÓN, incluindo un espectaculo de variedades, "venta de gando"..puja po- l@s chic@s mas wap@s y moitas outras sorpresas!!!

sábado, 7 de mayo de 2011

COLECTIVOS LGTB E INTELECTUAIS ANALIZAN EN VILAGARCIA A PROBLEMARTICA DAS PERSOAS LGTB NAS VILAS GALEGAS



Os Colectivos A.L.A.S Coruña, TRANSGALIZA, O GRUPO LGTB 7 CORES e a catedratica Viguesa Beatriz Suarez Briones falaron dos problemas que afectan directamente ao colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais nunha xornada de sensibilización e información celebrada en Vilagarcía. A sesión tratou de pór sobre a mesa a realidade que viven estas persoas e de elaborar unhas conclusións que sirvan de guía ao deseño de futuras políticas e iniciativas municipais.

A profesora de literatura da Universidade de Vigo e experta en teorías feministas Beatriz Suárez Briones abrio as xornadas cunha conferencia. Tratouse dunha disertación na que se abordola teoría queer, centrada na afirmación de que a orientación sexual e a identidade de xénero son o resultado dunha construción social.

A xornada continuo cunha mesa redonda sobre a realidade actual do colectivo LGTB na que participaron José María Lorenzo Villaverde, avogado e investigador da Universidade de Copenhague especializado en Dereito de Familia en parellas do mesmo sexo; Laura Bugallo, pedagoga social e coordinadora do colectivo Transgaliza; Oscar Beceiro Hermida, do Colectivo A.L.A.S Coruña e Fito Ferreiro, coordinador do grupo 7 Cores.

Ese foro servirá para de elaborar un documento a modo de conclusións que o Concello utilizará como guía nas súas futuras actuación e que servirá como documento de traballo do Punto de Información LGBT que puxo en funcionamento o concello de Vilagarcía.

Fito Ferreiro falou "da realidade do colectivo LGTB nas vilas medianas e pequenas de galicia, o difícil que é vivir a túa vida nunha poboación pequena e aínda que non o queiramos ver, exite unha emigracion de pequenas vilas a cabezeras de comarcas e destas a cidades como Vigo, Santiago e Coruña, e ata a Madrid ou Barcelona" Por iso o representante do grupo LGTB 7 CORES "ve imprecindible o pór en marcha politicas que axuden a conseguir ao igualdade real dos mozos e mozas homosexuais, lesbianas, transexuais e bisexuais e poidan vivir libremente no teu pobo" , "Educacion, Normalización e Visibilización son as tres claves nas que teñen que basearse estas politicas".

Fito Ferreiro valora positivamenteo Punto de Información LGTB que puxo en marcha a concejalia da muller do concello de Vilagarcía "é un paso importante na loita da igualdade real das persoas LGTB".


A concelleira de Muller, Vitoria Hierro, considerou importante organizar iniciativas que visibilicen a un colectivo que aínda continúa sendo obxecto de discriminación. A edil anima a pais, docentes e mozos a implicarse nestas politicas, pois está convencida de que a comunidade escolar ten moito que facer para facilitar o camiño da igualdade e evitar situacións de rexeitamento cara aos que empezan a saír do armario.

jueves, 5 de mayo de 2011

O colectivo LGTB Milhomes premia á Concellaría de Servizos Sociais



O colectivo de lesbianas, homosexual, transexuais e bisexuais "Milhomes" entregou á Concellaría de Servizos Sociais a décima edición do premio Marcela e Elisa. A asociación considera que as actividades de "sensibilización cidadá" emprendidas polo departamento municipal durante os últimos anos fano merecedor do galardón. Entre as iniciativas citadas por Milhomes atópanse o festival Coruña Visible, a celebración do Día do Orgullo Gai, o certame Cinema Visible, a rúa dedicada a Tomás Fábregas e a apertura da oficina de mediación para gais, lesbianas e transexuais.

"Estes e máis temas puntuais son motivos suficientes para ter claro que estamos ante un compromiso destacado", indicou o colectivo por medio dun comunicado. Milhomes defende que o premio á Concellaría de Servizos Sociais non debe levantar sospeitas debido ao seu espírito combativo durante os últimos anos

miércoles, 4 de mayo de 2011

SOCIALCINE CORUÑA2011

BASES DEL CONCURSO DE CORTOS CINEMATOGRÁFICOS
SOCIALCINE CORUÑA2011
Dentro del proyecto Socialcine Coruña2011 la Concejalía de Servicios Sociales del
Ayuntamiento de A Coruña convoca un concurso de cortos cinematográficos.
La participación en el concurso estará abierta a todas las personas mayores de 18
años, tanto de forma individual como colectiva, sin distinción de nacionalidad, ni
residencia.
Formato: se presentarán dos copias de las obras audiovisuales en formato final de
proyección DVD.
Duración: la duración máxima de las obras no excederá los 10 min.
Número de obras: cada autor podrá presentar cuantas obras desee pero sólo podrá
haber un premio por autor.
Idioma: Las obras deberán presentarse en castellano o gallego. De no ser en esas
lenguas, deberán estar subtituladas en alguna de ellas. Los cortos también podrán ser
mudos.
Música: Ha de ser original o libre de derechos
Propiedad de la obra: Todas las obras inscritas y una copia de cada obra ganadora,
quedarán en propiedad de la organización, que podrá proceder a su exhibición o
difusión en los lugares y horarios que considere oportunos, así como en los medios de
comunicación (incluido Internet) siempre con carácter socio cultural no lucrativo.
Premios: Se establecen las siguientes categorias:
- Primer premio …………. 1000 €
- Segundo premio.………... 600 €
-Tercer premio…………..... 300 €
-Accésit................................100 €
Jurado: estará compuesto por un mínimo de 5 personas:
-Concejala de Servicios Sociales o persona en quien delegue
-Director del Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) o persona en quien delegue
-Una persona relacionada con el mundo del cine o el audiovisual
-Dos técnicos/as de Servicios Sociales
Una vez hecho público el fallo del jurado, éste será definitivo, sin perjuicio de la posible
subsanación de cualquier defecto de trámite.
Los premiados se comprometen para las proyecciones posteriores a este certámen, a
hacer constar en los títulos de crédito que el corto ha obtenido el premio que
corresponda, del certámen Socialcine Coruña2011, organizado por la concejalía de
Servicios Sociales del Ayuntamiento de A Coruña.
Presentación de las obras:
Con las dos copias de cada obra debe adjuntarse:
- Fotocopia del DNI
- Ficha de inscripción cubierta. Según el modelo que consta como anexo a estas
bases.
En el exterior de cada una de las dos copias figurará el título, autor y duración de la
obra.
Plazo de presentación:
Hasta el 30 de junio de 2011.
Tanto las copias como la ficha de inscripción, cuyo modelo se adjunta, deberán
estar en poder de la organización antes del día 30 de junio de 2011 para ser admitidas
en el concurso. No se admitirá ninguna obra que se reciba con matasellos posterior a
esa fecha.
La organización agradece, aunque no es obligatorio, que además se adjunten una
fotografía del director/a-realizador/a y algún fotograma del corto para posibles
publicaciones de difusión.
Las obras se enviarán a la siguiente dirección:
Concurso de cortos “Socialcine Coruña2011”
Concejalía de Servicios Sociales
Calle Fernández Latorre, 64-66, Entreplanta
15006 A Coruña
NORMAS GENERALES:
- La organización no se hace responsable de los accidentes e imprevistos que puedan
sufrir las obras, sin embargo, se tomarán las precauciones necesarias para su manejo.
- La organización se reserva el derecho de admisión a concurso de las obras
presentadas.
- Los/as participantes, por el hecho de serlo, aceptan íntegramente las presentes
bases, así como la resolución por parte de la organización de cualquier problema no
recogido en éstas.
-La organización no se responsabiliza de los contenidos de las obras proyectadas.
- La ausencia de presentación del DVD, así como de la documentación necesaria para
la participación en el plazo establecido, podrá implicar la inadmisión en este concurso.
-Para cualquier información o aclaración adicional pueden ponerse en contacto con el
servicio 010 del Ayuntamiento de A Coruña.
-Los/as concursantes se responsabilizan de que las obras presentadas no estén
sujetas a ninguna reclamación legal.
-La organización declina toda responsabilidad legal en caso de que el/los cortos
contengan sonido e imágenes de otros autores. Los concursantes serán los
responsables
absolutos del contenido del corto.
-La organización se reserva el derecho de dejar desierta alguna y/o todas las
categorias de premios establecidos en estas bases.
-No podrán participar en el concurso trabajadores/as de Servicios Sociales del
Ayuntamiento de A Coruña.

lunes, 2 de mayo de 2011

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS DE A CORUÑA RECIBE PRÉMIO "MARCELA E ELISA" DO COLECTIVO LGTB MILHOMES



A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O MÉRCORES 4 DE MAIO NO CAFÉ DE MACONDO NA RÚA SAN ANDRÉS ÁS 20:30 HORAS.

COMUNICADO DE PRENSA. A Coruña 2 DE MAIO 2011
COLECTIVO LGTB DA CORUÑA "MILHOMES"

FALLO DO 10º PREMIO MARCELA E ELISA

Se algún colectivo lgtb de Galicia pode acreditar non someterse a ordenanzas políticas de ningún partido nin esperar deles prebendas persoais, ese é "Milhomes". Por ese motivo, logo de criticar a "destro e sinistro" o deixamento das nosas institucións en materia de dereitos lgtb considerámonos cualificados para emitir o seguinte fallo:

No colectivo LGTB da Coruña "Milhomes", vistas os distintos labores realizados en favor dos homosexuais en Galicia, concluímos que no último ano a Concellaría de Servizos Sociais da Coruña destacou polo seu, cada vez máis completo, programa de visibilización e sensibilización cidadá nunha materia de dereitos lgtb: lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

Festival Coruña Visible,

Celebración do Orgullo Gai,

Festival Cinema Visible en abril,

Aprobación da rúa Tomás Fábregas,

Apertura da Oficina de Mediación LGTB,

Estas e outras accións puntuais son motivos suficientes para ter claro que estamos ante un compromiso destacado. Por todo isto outorgamos á concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira, o Premio Marcela e Elisa na súa décima edición.



O acto de entrega celebrarase o próximo día 4 de maio (mércores) no Café de Macondo (A Coruña, Rúa San Andres) ás 20:30 horas.