lunes, 26 de octubre de 2009

A NOSA MEMORIA HISTÓRICA


Estamos a escoltar estos días de novo falar do tema do futuro cambio do nome das rúas na nosa cidade a consecuencia a lei de memoria histórica aprobada polo goberno de J.L. Rodríguez Zapatero.
Para o noso grupo, sete cores, a lei de memoria histórica, foi acollida con inmensa alegría porque é unha lei que vai rematar de golpe con dúas inxustizas históricas na nosa cidades e en moitas cidades de España. Dita lei vai quitar da nosa vista carteis, estatuas e diversas homenaxes que a nós, revolvíamos as entrañas con só miralas; pero ademáis permitíanos aproveitala ocasión para reivindicar ó noso concello que rematara con outra inxustiza histórica que era a ausencia nas nosas rúas de nomes dalgún referente do mundo lgtb, e non sería porque non houbera xente merecedora dunha rúa, creo que case poderíamos facer un barrio enteiro con nomes de persoeiros do mundo lgtb sen que ningún deles desmerecera o seu nomeamento.
Pois ben, no noso grupo, solicitamos no rexistro do concello; que é como hai que facelas cousas, e non nos micrófonos das radios ou nas cartas ó director dos xornais, unha rúa adicada a Tomás Fábregas. Unha persoa que loitou toda a súa vida a prol dos dereitos da xente seropositiva á que as leis americanas marxinaban. Tomás gañou; por incrible que pareza; o pulso á todo poderosa administración norteamericana e conseguiu que a lei que prohibía á entrada ó país de xente seropositiva non se aplicase.
Desde o grupo sete cores, cremos que é o momento; que non pode pasar nin un minuto máis sen que se corrixa esta inxustiza. A pelota está agora no tellado no noso concello e é momento para que o noso alcalde, que está amosando que o noso goberno municipal apoia sen fisuras ó colectivo lgtb, firme o decreto no que o nome de Tomás Fábregas figure nunha das nosas rúas, rematando así con esa inxustiza e ó mesmo tempo dando visibilidade a un colectivo que necesita estos referentes para conquerir a normalización da súa vida.
Sabemos que probablemente a rúa para Tomás terá xente en contra, e que seguramente non recibirá a misma unanimidade que a rúa para o Deportivo, pero creo que para eso estamos en política. A política non é para escoltar aplausos, a política é para aplicar uns ideais, para aplicar todo o noso corazón no goberno do lugar no que fomos elexidos. A negativa de algunha xente a que un persoeiro do mundo lgtb reciba a homenaxe dunha rúa só debe incentibarnos a explicarlle a razón dos seus merecementos, e a sentir o orgullo de ter a razón do noso lado. O contrario só é populismo e sabemos que Javier Losada non é ese tipo de político, sabemos que cré nos nosos dereitos, sabemos que coñece todos os nosos problemas e sabemos que vai por todo o seu corazón en correxir esta inxustiza.
As leis acátanse, pero hai algunhas que no momento de acatalas sintes como se quitaras das túas costas un peso que non te deixaba respirar, e esta é unha delas. Esta lei é desas cousas que te recordan o orgullo de ser e sentirte Socialista. Gracias presidente.

No hay comentarios: