O 17-O pideuse a desclasificación da transexualidade como enfermidade con actos en todo o mundo
As asociacións da FELGTB sumaronse á convocatoria da Rede Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade "Stp 2012"
A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, FELGTB, apoia a Rede Internacional Stop Trans Pathologization-2012 que traballa porque a OMS, Organización Mundial da Saúde, deixe de considerar a transexualidade como una enfermidade.
O 17 de outubro tivo lugar a primeira gran convocatoria internacional cunha xornada de concentracións en máis de 35 cidades de todo o mundo.
En España, haberá concentracións en Barcelona, Bilbao, A Coruña, Donostia, Gasteiz, Madrid, Zaragoza, Granada, As Palmas de Gran Canaria, Oviedo ou Valencia, entre outras cidades, e pediráselle ó Goberno de España que apoie cunha declaración institucional a desclasificación da transexualidade como enfermidade nos manuais internacionais da OMS, como se fixo coa homosexualidade en 1990.
En Madrid, o acto principal foi unha manifestación que partiu ás 19.30 horas da Praza de Chueca. Ese mesmo día, Magenta repartira información en Zaragoza, entre as Prazas de Aragón e o Pilar. En Sevilla, ATA organizou unha concentración ás 12 horas na Praza Nova; a esa mesma hora, na Praza Virxe, en Valencia, celebrouse unha concentración de Lambda; Xega convocou ás 19 horas unha concentración ante o Teatro Campoamor de Oviedo; e Gamá estivo na Alameda de Colón de As Palmas de Gran Canaria unha xornada completa con stands informativos, charlas, recollida de firmas e unha concentración, ás 19 horas. En Barcelona, Plataforma de Activistes Sin Vergüenza uniuse á manifestación que comenzou na Praza Universitat ás 18 horas.
Para Mar Cambrollé, coordinadora da Área de Transexualidade de la FELGTB, "esta reivindicación enmárcase no contexto da defensa dos Dereitos Humanos porque seguir considerando a transexualidade como unha enfermidade é querer perpetuar a estigmatización e discriminación cara os homes e mulleres transexuais".
O grupo LGTB do PSdeG-PSOE apoia todas estas manifestación e loitara para que a transexualidade deixe de ser considerarada como una enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario