miércoles, 31 de marzo de 2010

NOTA DE PRENSA DO GRUPO LGTB "7CORES" DO PSdeG-PSOE: DIA INTERNACIONAL POLA VISIBILIDADE DE TRANSXÉNERO.


Hoxe celébrase o segundo Día Internacional pola Visibilidade Transxénero. O segundo día dunha visibilidade que debía ter existido dende hai máis de dous anos e que inclúe non só transexuais senón todas esas persoas que se moven en medio dos xéneros, intentando nadar en medio da forte
corrente do binomio masculino-feminino no que somos educad@s.

Hai unhas semanas a sociedade internacional víase impresionada e sobretodo desorientada pola admisión en Australia do primeiro caso de xénero neutro, ¿cal é o problema desa conmoción? Curiosamente a crenza anquilosada durante séculos do deber de tod@s nós de admitir
que pertencemos a un xénero, a unha categoría inventada e abstracta
que nos condiciona como persoas dende que nacemos, asumindo roles de
comporamento, obrigas e deberes para “parecer”, que non “ser”,
homes e mulleres estandarizados por reglas que tradicionalmente teñen
promovido comportaments machistas, actitudes homófobas e por último,
unha recua de crimes transfóbbicos coa morte de milleiros de persoas
en todo o mundo polo simple feito de non actuar e parecer como unha
persona dentro dun xénero.

Por todo eso, por todas as inxustizas sofridas por todas esas persoas que como crime tiñan o de non caer dentro das categorías que poda establecel@s como home e muller, hoxe é un día especial. Por todo eso para o resto é tamén un día especial, un día no que poñer en cuestión todas as crenzas aprendidas por repetición durante as nosas vidas e cuestionar aqueles comportamentos que nos fan ser menos persoas e máis inventos autómatas dentro dun xénero. Por todo eso, é momento de celebrar a visibilidade de quen estivo invisibilizad@ durante séculos, ameazad@ e maltratad@. Por todo eso, temos o deber de abrir as miras dunha sociedade na que se esixe a liberdade individual, pero non permite
sair das categorías de vida normal e normalizada que poida ameazar a
orde tradicional.

Hora é de devolver a visibilidade d@s que quedaron sen voz por tanto tempo.

Nelson G. Rodríguez Avilez
GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS "7CORES" DO PSdeG-PSOE

lunes, 22 de marzo de 2010

Manifesto do PSdeG-PSOE polo Día Internacional da eliminación da Discriminación Racial

21 de marzo de 2010

A discriminación racial é unha negación dos dereitos humanos. Por este motivo os Socialistas de galicia celebran, un ano máis, o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial desde o desexo de lograr unha sociedade máis igualitaria, xusta, libre e plural.

Hoxe hai 40 anos que a policía matou en Sudáfrica a 69 persoas que
de forma pacífica se manifestaban contra as leis de pases do apartheid. Seis anos despois, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas dedicou ese día a que a comunidade internacional redobre os seus esforzos ante calquera forma de discriminación. Dende entón, 177 países, entre os que está España, subscribiron a Convención Internacional de Eliminación de todas formas de discriminación racial. No noso esforzo por lograr un país cada vez máis avanzado, máis igualitario, no que ningunha persoa se sinta discriminada, os socialistas tratamos de facer posible ese novo Mundo que queremos.

Nos últimos anos, grazas ao Goberno de Zapatero, eses esforzos vanse facendo realidade, tal e como se reclamou na Conferencia de Durban en 2001. A Lei de Igualdade de Trato e contra a Discriminación, cuxo anteproxecto elabora o Goberno, colocará ao noso país en primeira liña da garantía do dereito a igual consideración, trato e oportunidades. Ademais reforzará os instrumentos para combater a discriminación racial, dotará de maiores e mellores recursos ás vítimas de discriminación, e reforzará o papel da Fiscalía na persecución dos actos discriminatorios.

Debemos ademais congratularnos por que este ano o Congreso dos Deputados aprobase por unanimidade unha Proposición Non de Lei de Recoñecemento da Comunidade Negra, Africana e Afrodescendente do noso país. Impulsada desde o Grupo Federal Afrosocialista do PSOE, a resolución rende homenaxe aos millóns de persoas que tiveron a coraxe de loitar contra a escravitude no mundo enteiro.

Os tres anos de funcionamento do Instituto de Cultura Xitana, ou a inminente aprobación polo Goberno do Plan de Acción para o Desenvolvemento do Pobo Xitano 2010-2012, co obxectivo de impulsar novas accións que corrixan os desequilibrios existentes entre a poboación xitana e o conxunto da poboación española, así como promover diversas formas de participación e desenvolvemento social que favorezan o pleno exercicio de dereitos e o acceso aos bens e servizos da poboación xitana, son boa proba do compromiso que os socialistas temos coa eliminación de calquera forma de discriminación racial.
Neste día pedimos a toda a cidadanía española, e a todas as institucións públicas e privadas, que sumen os seus esforzos para lograr un mundo igualitario no que non teña cabida ningún tipo de discriminación.

sábado, 20 de marzo de 2010

O GRUPO LGTB DO PSdeG CONVOCA UN CONCURSO LITERARIO SOBRE A REALIDADE HOMOSEXUAL GALEGA


Laura Seara anuciou que dende o Ministerio de Igualdade se está pondo un marcha a Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación, cuxo primeiro texto, que xa está listo, e que será aprobado en breve polo Consello de Ministros.

Fito Ferreiro apuntou que mediante este concurso preténdese “sacar á luz esas historias que narran realidades individuais, a fin de amosar os diferentes xeitos de sentir e interpretar a vida dos que foron apartados á forza da normalidade pero viven, cando poden, con normalidade a súa vida.



http://trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com/

Ourense, 20 de marzo de 2010.- O Grupo de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais (LGTB) do PSdeG ven de convocar o concurso literario “Trasgrafías. Vidas en 7 cores” co fin de dar un paso máis na normalización da realidade homosexual galega a nivel social, tanto no eido urbano como no rural, reflectíndoa mediante as vivencias cotiás. O certame foi presentado hoxe en Ourense polo responsable do LGTB en Galicia, Fito Ferreiro e en Ourense, José Manuel Montero e a secretaria de Igualdade Movementos Sociais e Emigración do Psdeg Laura Seara

Laura Seara sinalou que despois dun traballo intenso a favor da visibilidade a Igualdade ea dignidade, hoxe o grupo do PSdeG PSOE da un paso mais con este proxecto no que se mixtura Dereitos con Creación e Igualdade con Cultura. Neste senso lembrou
que este grupo de puxo en marcha en maio do ano pasado con unha continuidade potente no noso territorio.

Seara anunciou que por parte do Ministerio de Igualdade se porá en marcha unha nova lei A Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación, que xa ten listo o primeiro texto que en breve, adiantou a socialista, será aprobado polo Consello de Ministros.

Seara apuntou que esta lei será ampliará os umbrais de dereitos a varios colectivos que sofren discriminación por orientación sexual, idade, discapacidade e etnia ou raza. Ademais, engadiu que será unha lei pactada e debatida, como facemos sempre, recalcou a responsable socialista.

Laura Seara sinalou que “ o goberno fixo toda unha arquitectura, grazas a cal hoxe somos un referente ao ter a lexislación de igualdade mais potente de Europa”. “agora, nos dotaremos dunha importantísima ferramenta para convater a discriminación.




Por la súa banda, José Manuel Montero sinalou que este concurso é unha oportunidade para que a xente conte as súas experiencias e sentires, e lograr a normalidade social. Montero recalcou que “Temos a Igualdade legal e a xurídica pero falta a igualdade social”.
Montero anunciou que se está traballando para lograr a creación por parte dos concellos de Ourense dun servizo de Mediación, creado xa en cidades como a Coruña ou Lugo.

O responsable Fito Ferreiro do LGTB apuntou que este certame ten carácter interxeneracional, e está aberto á participación de militantes e simpatizantes do PSdeG, así como a calquera persoa interesada en expresar “que tras as letras hai vidas que existen, senten e interpretan a realidade de maneiras e cores diferentes, con sensibilidades diferentes”.

Así, apuntou que mediante este concurso preténdese “sacar á luz esas historias que narran realidades individuais, a fin de amosar os diferentes xeitos de sentir e interpretar a vida dos que foron apartados á forza da normalidade pero viven, cando poden, con normalidade a súa vida”.

Ferreiro lamentou que o señor Feijoo desmantelase o servizo Quérote, así como, o Programa Entendo, dirixido a persoas homosexuais e xóvenes a que so se adique a repartir condones. Así mesmo esixiulle que retire o recurso de inconstitucionalidade a lei de matrimonios homosexuais, e que se aclare xa que dentro de seu partido, en Ourense concretamente fixo uso deste lei un concelleiro popular, e a voda asistiron todos.

Ferreiro adiantou que o próximo xantar rural galego terá lugar en Ourense. Un xanta que o ano pasado fíxose en Monterroso, lugares rurais onde hai que facer un maior esforzo en a visibilidade e a normalización


Bases do concurso

O único requisito para participar neste certame literario é ter un mínimo de dezaseis anos. Os textos deberán ter unha extensión mínima de 5 e máxima de 10 páxinas e deberán estar escritos en galego.

Así, os interesados en participar deberán enviar o texto, en formato pdf, á conta de correo electrónico: lgtb@psdeg-psoe.org, especificando nome, apelidos, dni e enderezo de correo postal a efectos de notificación, ou ben mediante correo ordinario á sede do PSdeG na rúa do Pino, 1-9 baixos, CP. 15.704 en Santiago de Compostela, poñendo no sobre “Trasgrafías. Vidas en 7 cores”.

O prazo para a presentación de traballos será do 30 de marzo ao 25 de maio e o fallo do xurado darase a coñecer o 28 de xuño, coincidindo co Día do Orgullo Gay. Haberá un primeiro premio de 150 euros e un accésit de 50 euros. Tanto as bases, como o fallo do xurado, publicaranse ademais no seguinte blog:
http://trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com/.

jueves, 18 de marzo de 2010

Pedro Zerolo: “O sistema de subvencións ten o respaldo das ONG e do Congreso dos Deputados”

Recomenda ao PP “maior prudencia porque a única ONG investigada pola oficina antifraude da Unión Europea é afín ao partido que dirixe Mariano Rajoy”
O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, sinalou que o sistema actual de subvencións “ten o respaldo das ONG e do Congreso dos Deputados que o avalou de forma unánime”. O dirixente socialista pediulle ao PP que “respecte ás grandes organizacións sociais e humanitarias do noso país e deixe de falar no seu nome, sen coñecer a opinión destas”, o que ao seu xuízo pon de manifesto  “a falla de interese dos dirixentes do PP polo tecido asociativo do noso país, falando en nome de ONG ás que non piden opinión ningunha”, sinalou.
Zerolo recomendoulle ao PP, neste sentido, “maior prudencia”, porque “a única ONG investigada pola oficina antifraude da Unión Europea e pola Intervención Xeral do Estado é CIPIE, que dirixe Pablo Izquierdo, antigo responsable de prensa do partido que dirixe Mariano Rajoy”. A este respecto, indicou que esta ONG segue a recibir diñeiro público da Comunidad de Madrid. “O Partido Popular quere estender a dúbida sobre todas as ONG  e os procesos de adxudicación para intentar salvar á única que neste momento está sendo investigada”, subliñou.
“As críticas do PP son tremendamente irresponsábeis, pois apuntan a unha grave acusación que pon en dúbida unhas convocatorias da AECID que responden a un rigoroso proceso de valoración técnica”, explicou o responsable socialista. Neste sentido, aclarou que a ONG Solidaridad Internacional non é a que máis fondos recibiu. No período 2010-2013, o convenio máis amplo adxudicouse a Entreculturas-Fe y Alegría e ascende a 16 millóns de euros. Cruz Vermella foi a entidade máis financiada no período 2004-2010 con 72,4 millóns de euros, indicou Zerolo.
“O PP non pode darnos leccións respecto a transparencia e eficiencia no repartimento de subvencións” sinalou Zerolo, ao tempo que puxo de manifesto “que nunca como agora co Goberno Zapatero teñen recibido as ONG tantos recursos”. De feito, puxo como exemplo que dúas das grandes ONG, Cáritas e Cruz Vermella,  ás que o PP sinala como supostas prexudicadas, son as entidades que meirandes subvencións recibiron do Ministerio de Sanidad y Política Social a través da asignación tributaria do IRPF: entre as dúas recibiron 51.970.966 euros, “o que supón un 27,4% do total do importe concedido”, afirmou o responsable socialista de Movementos Sociais.
Finalmente, Zerolo sinalou que os dirixentes do PP propoñen medidas fiscais que se encontran recollidas no programa electoral dos socialistas do ano 2008, e que o PSOE vén traballando hai máis de dous anos coas grandes plataformas asociativas do noso país, a fin de concretar o alcance das medidas e os ámbitos de aplicación, “polo que recomenda ao PP que deixe de propor medidas que nin levaba no seu programa electoral nin se molestou en consensuar coas organizacións sociais do noso país”.

viernes, 12 de marzo de 2010

MEMBROS DO GRUPO LGTB DOS SOCIALISTA DE GALICIA ACODEN A UNHAS XORNADAS SOBRE LIDERAZGOS SOCIAIS NO INSTITUTO JAIME VERA DE MADRID.



O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, inaugurou un curso de Formación de Novos Liderazgos Sociais organizado pola Secretaría de Movementos Sociais e a Fundación Ideas. A este curso asistimos varios membros do grupo LGTB do PSdeG-PSOE, e o resto asistirá ós seguintes.
O PSOE pretende con este curso formar e mobilizar a militantes e simpatizantes que traballan en diversos movementos e organizacións sociais de todo o Estado. Todos forman parte ademais dos Grupos Federais do PSOE, como son Punto Latino, Árabes Socialistas, Afrosocialistas, Pobo Xitano, Romanés, Búlgaro, Movemento Veciñal, de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais ou Laicidade, Liberdade de Conciencia e Relixión.
Durante a primeira xornada de traballo, o responsable socialista animou ós participantes a "non eludir debates e responder sen complexos a unha dereita que minte sen pudor algún". Neste sentido, Zerolo insistiu en que "é imprescindible transmitir á cidadanía as políticas desenroladas polo Goberno de Zapatero para loitar contra a estratexia de desafección da política que promove a dereita". "Debemos seguir participando nos movementos sociais para lograr transmitir as nosas ideas en todos os lugares", subliñou o dirixente.
Zerolo fixo especial fincapé en transmitir a importancia do Plan Extraordinario de Fomento da Inclusión Social e a Loita contra a Pobreza, "que aportará máis de 350 millóns de euros adicionais para programas de atención da poboación máis vulnerable". O plan, aprobado polo Goberno a semana pasada, "supón a maior aposta polo Terceiro Sector da Acción Social que realizou un Goberno na historia do noso país", destacou o responsable socialista de Movementos Sociais.
Estratexias de comunicación, como defender as túas teses, ademais de temas orgánicos da secretaría e do partido foron os puntos tratados. O domingo falouse sobre a Lei de Igualdade de trato que o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero aprobará en abril deste ano.
A Lei de Igualdade de Trato garantirá o dereito de non discriminación a todas as persoas. Para isto os seus esforzos dirixiranse en dous sensos. Por un lado, porase énfase na mellora da protección e a asistencia ás vítimas da discriminación e, por outro lado tratarase de impulsar medidas para promover a igualdade de trato. “Os estereotipos negativos e os prexuízos están no centro da desigualdade, e so merecen o noso rexeitamento máis profundo.”
Non será unha lei so especifica para a xente LGTB, xa que é unha lei que sae da Secretaría de Movementos Sociais do partido para toda as diversas minorías que conforman o estado español nestes momentos.
E nesta xornada tamén se debateu sobre a lei que xa se aprobou que loitará "Contra a pobreza e a exclusión social". É importante esta lei nestes tempos de crise, xa que aumenta as achegas do goberno para por en marcha programas de axuda ás persoas máis necesitadas nestes tempos tan difíciles.
Coma sempre en case todas as xornadas unha das partes máis importantes é o contacto humano que se realiza. Moi especial neste curso, xa que eramos xente de todo os grupos de participación da secretaría e ademais de todo o territorio español.
Temos que darlle as grazas ós profesores e poñentes, Rubén Turienzo, Juan Carlos Burga, Loly Osorio, Miquel Ángel Fernández e o propio Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo.

jueves, 11 de marzo de 2010

Dende o grupo LGBT do PSdeG-PSOE queremos darlle a benvida ó novo COLECTIVO de homosexuais, transexuais e bisexuais, A.L.A.S. de A CORUÑA


A Asociación para a Loita Afectivo Sexual de A Coruña (A.L.A.S. de A Coruña) nace coa idea de ocupar un oco que os homosexuais, transexuais e bisexuais da cidade demandan e que se atopaba baleiro na nosa cidade.
O núcleo fundacional xurdiu de xente que xa demostrou a súa valía no colectivo A.L.A.S. de Lugo e do activismo coruñés, ademais de contar con xente nova. Temos ademais que felicitalos porque as catorce persoas que asistiron á asemblea fundacional elixiron a Vanesa Almeida Conde coma presidente. Cremos que esta elección axudará a normalizar a situación das mulleres lesbianas, grupo que sofren unha dobre discriminación.
Esperemos abrir liñas de traballo con este grupo xa que cada un temos un papel que desenvolver diferente. O noso obxectivo é o de ser transmisores dos colectivos homosexuais, transexuais e bisexuais da cidade e de Galicia co Partido Socialista e poder levar a cabo estas políticas ás institucións onde goberna.
Agora empeza un duro traballo, o do dia a dia e máis nestes momentos onde o activismo atópase relaxado logo de aprobada a reforma do código civil que nos deu a igualdade legal, pero que só significou un punto de partida para conseguir a igualdade real do noso colectivo.

jueves, 4 de marzo de 2010

O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE CONGRATÚLASE DA POSTA EN FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE MEDIACIÓN E INFORMACIÓN DE LGTB DO CONCELLO DE LUGO

DE INMEDIATO COMEZARÁ A FUNCIONAR O DE A CORUÑA E ESTASE TRABALLANDO NOS DE OURENSE E SANTIAGO.

Na tarde de onte mércores, 3 de Marzo do 2010, empezou a funcionar o SERVIZO DE MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB do CONCELLO DE LUGO. Este servizo que atenderá ás persoas homosexuais, bisexuais e transexuais, esta no CENTRO DE CONVIVENCIA MARUJA MAYO, e atenderá ó publico os mércores de 17:00 a 21:00, ou ben chamando ó teléfono 982297505 ou a través do correo electrónico medicaionlgtb@concellodelugo.es.
Agradecerémosvos que lle désedes publicidade a estes contactos para que o servizo poida chegar a toda a poboación.
O servizo de MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB créase coa finalidade de asesorar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación ou denuncia de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten ó seu “ser” LGTB. A xente poderá contactar por telefono, mediante e-mail ou en persoa. Tamén está dirixido a familiares, amigos, colectivos, etc. Xa que cremos que hai momentos onde OS PAIS E NAIS son as persoas que máis desorientadas se atopan, por elo é interesante poder chegar ata eles.
Tamén se levarán a cabo charlas en institutos e colexios de forma que se combatan as diferentes actitudes homófobas manifestas nos centros de educación por parte do alumnado, ademais de tratar de sensibilizar ó profesorado con respecto a posibles alusións ou comentarios que poidan confundir a seu alumnado. Estas charlas poderanse realizar tamén en calquera tipo de asociación que o solicite, así como sindicatos, facultades, etc. Este servizo porá ademais en marcha campañas sobre “a diversidade afectivo sexual”, “contra a homofobia”…
Cremos que con este SERVIZO, creado polo CONCELLO DE LUGO e A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE, dáse un paso pola igualdade real das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e a loita contra a homfobia. O grupo LGTB do PSdeG-PSOE ten pensado presentar este proxecto nas cidades de VIGO, PONTEVEDRA e FERROL que se unirían a LUGO, A CORUÑA, SANTIAGO e OURENSE nesta primeira etapa, para logo ir avanzando nas cabeceiras de comarca da nosa comunidade.