viernes, 18 de febrero de 2011

O GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS DE GALICIA XÚNTASE COS COLECTIVOS DE GALICIA, COA ASISTENCIA DE LAURA SEARA E SILVIA FRAGA.

PRESENTOUSE A LEI DE IGUALDADE DE TRATO E O BORRADOR DA LEI DE VISIBILIDADE
GALEGA E PARA A NON DISCRIMINACION DAS PERSOAS LGTB.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE invitou a xuntanza en Santiago ós colectivos LGTB de
Galicia. A.L.A.S Lugo, A.L.A.S Coruña, NÓS MESMAS de Vigo e MILHOMES de A Coruña
reuníronse cos membros de 7 CORES, con membros de movementos sociais dos socialistas galegos, alcaldesas, concelleiras, de Xuventudes de Galicia, a portavoz de Igualdade no Parlamento de Galicia e Laura Seara, secretaria de Movementos Sociais na executiva galega. A idea é celebrar esta reunión cada ano para falar dunha forma periódica dos avances e a problemática das persoas lesbianas, transexuais,
bisexuais e transexuais.

Outro dos acordos foi o de traballar para facer un pequeno acto conxunto galego con motivo do ORGULLO para o mes de xuño. Falouse tamén de cal é o camiño a seguir polo activismo LGTB despois da aprobación da Lei do matrimonio homosexual.

Laura Seara presentou a Lei de Igualdade de Trato que pronto será aprobada no Parlamento de Galicia. Pedíuselle ós colectivos que fagan as súas aportas para poder sumalas antes de que a lei se aprobe no Parlamento.

A Lei de Igualdade de Trato garantirá o dereito de non discriminación a todas as persoas. Para elo os seus esforzos dirixiranse en dous sentidos. Por un lado, porase énfase na mellora da protección e a asistencia as vítimas da discriminación e, por outro lado, tratarase de impulsar medidas para promover a igualdade de trato. “Os estereotipos negativos e os prexuízos están no centro da desigualdade, e so merecen o noso rexeitamento máis profundo”

Non será unha lei so específica para a xente LGTB, senón tamén para inmigrantes, outras etnias, discapacitados, enfermos, persoas maiores, por aspecto…. E crearase unha fiscalía especial contra a discriminación.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE leva traballando seis meses na lei de “ A VISIBILIDADE GALEGA E PARA A NON DISCRIMINACIÓN DAS PERSOAS LGTB”. Antes de presentalo no Parlamento, quere presentarse ós colectivos e a sociedade para que faga as súas aportas e que a lei saia máis enriquecida.

O documento será de carácter transversal, implicando a diferentes áreas dos Gobernos tanto Autonómico como Locais e incide en oito ámbitos: lexislativo e xurídico, laboral, da saúde, educativo, cultural, da comunicación do benestar e da participación e a solidariedade.

Dentro do ámbito xurídico e normativo o impulso de medidas en comisarías e penitenciarías que velen pola adecuada estancia de gais, lesbianas e transexuais que estean privados de liberdade, e a inclusión nos cursos de formación dos corpos de seguridade, de coñecementos sobre a homosexualidade e transexualidade.

No ámbito laboral, o plan contempla promover e incentivar a contratación de persoas transexuais, respectando a súa formación e as súas profesións, e propón un novo acordo marco das relacións laborais que recollan a homosexualidade e a transexualidade.

En materia de saúde, propón establecer unha unidade sanitaria específica para a atención á transexualidade, desde determinadas especialidades médicas como a xinecoloxía, a uroloxía, a endocrinoloxía, a psiquiatría e a psicoloxía; e o impulso, entre outras, de campañas específicas de prevención do VIH entre as persoas xordas e cegas gais e lesbianas.

No terreo educativo, o plan propón incluír o feito homosexual e transexual nos currículos e itinerarios de formación de todo o alumnado de Galicia naquelas materias onde corresponda e impulsar actividades centradas na homosexualidade e a transexualidade nos centros educativos.

Con respecto á área cultural, proponse impulsar a produción cultural de espectáculos infantís e xuvenís (contos, teatro, monicreques, xogos, obradoiros, etc...) que incorporen o feito homosexual e transexual e ofrezan ós nenos e adolescentes rexistros positivos sobre a diversidade afectiva e sentimental.

De igual modo, a iniciativa da Xunta planea solicitar ó órgano competente a creación dunha Comisión de Seguimento, conxuntamente co Goberno, que vele polo respecto e a presenza adecuada das diversas expresión afectivas e de xénero ós medios de comunicación.

Con respecto ó ámbito do benestar, o plan contempla impulsar un apoio específico para aqueles mozos e adolescentes gais, lesbianas e transexuais que fosen expulsados dos seus fogares ou ben marcharan voluntariamente por causa de situacións de maltrato e acoso.

martes, 8 de febrero de 2011

O GRUPO LGTB DO PSdeG CELEBRA A DECISIÓN DO CONCELLO DA CORUÑA DE RENDIR HOMENAXE AO ACTIVISTA E DEFENSOR DOS DEREITOS DE PERSOAS CON VIH, TOMÁS FÁBRE






A Coruña, 8 de febreiro de 2011.- O grupo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais do PSdeG de A Coruña expresou hoxe a súa satisfacción despois de que o pleno do concello da Coruña aprobase a proposta para dedicar o nome dunha rúa ao activista LGTB e defensor dos dereitos das persoas con VIH-SIDA, Tomás Fábregas.

O grupo LGTB do PSdeG considera que “con esta decisión os socialistas da Coruña e o goberno municipal demostran o compromiso coa loita polos dereitos das persoas LGTB e as persoas que sofren discriminación por ser portadores do VIH”.

O grupo LGTB celebra que se faga deste xeito un merecido recoñecemento ao coruñés Tomás Fábregas, activista gay que destacou pola súa loita polos dereitos dos seropositivos nos primeiros momentos da aparición do VIH. Ao ser español residente nos Estados Unidos aplicábaselle a lei de Bush pai sobre a prohibición de entrada nese país destas persoas, ao que el respondeu: "depórtame si te atreves". O alcalde de San Francisco declarou festivo na súa honra o 25 de Xullo de 1992 día do seu regreso a cidade.Tomás Fábregas naceu na Coruña en 1958.




 
Fito Ferreiro Seoane
Coordinador do Grupo LGTB dos Socialistas de A Coruña

jueves, 3 de febrero de 2011

Pleno para a aprobación da rua co nome de Tomás Fábregas.


O Grupo LGTB dos Socialistas de A Coruña "7 CORES" congratúlase que a cidade da Coruña renda homenaxe a Tomás Fábregas, un dos activistas mais importantes no mundo na loita contra a discriminacion das persoas enfermas co VIH-SIDA

O Concello de A Coruña rinde homenaxe ó activista gay Tomás Fábregas que loitou polos dereitos dos seropositivos nos primeiros momentos da aparición do VIH.Ó ser español residente nos Estados Unidos aplicábaselle a lei de Bush pai sobre a prohibición de entrada nese país destas persoas ó que él respondeu "Depórtame si te atreves". Á sua chegada dunha viaxe a este país Elizabeth Taylor foi a agardarlle ó aeroporto co seu pasaporte británico e dixo "Yo también soy inmigrante. ¿Bush me denegaría la entrada si yo tuviese el VIH? (…) No creo ni siquiera que sepa que significa la palabra sida".O Alcalde de San Francisco declarou festivo na sua honra o 25 de Xullo de 1992 día do seu regreso a cidade.Tomás Fábregas naceu na Coruña en 1958.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Zapatero pon o matrimonio gai como exemplo do mellor que fixo, e do peor, non poder dar resposta a parados.


O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, puxo este luns como exemplo do mellor de ser presidente do Gobierno ter feito a Lei de matrimonio homosexual e como exemplo do peor, o non poder dar resposta ás persoas que están no paro.

Ao lle preguntaren, durante unha entrevista en RTVE, que é o mellor e o peor de ser presidente do Goberno, Zapatero dixo que o mellor é que "podes cambiar cousas e a vida á xente". E puxo como exemplo a Lei de Matrimonio Gai. "Sempre lembro, por exemplo, a cidadáns que coa lei de matrimonio gai houbo moitos homosexuais que me deron as grazas", apuntou.

No extremo contrario, explicou que o peor de ser presidente é "non poder dar unha resposta minimamente satisfactoria a quen está no paro con angustia e a quen mira lexitimamente é ao presidente do Goberno".

Non obstante, precisou que isto é "o peor agora", porque "o peor con carácter xeral é cando miras aos ollos á nai dun soldado, policía ou un garda civil que foi asasinado nun atentado terrorista".

"A súa mirada --dixo-- está chea de dor e ás veces de compaixón ao presidente, pero descobres que te miran como dicindo que xa sei que nin ti podes devolver a vida ao meu fillo". "Eses son momentos moi difíciles", remachou.

Ao lle preguntaren polo peor de ser ex presidente do Goberno, Zapatero dixo non ter pensado moito neste asunto, pero imaxinou que "haberá un cúmulo de sentimentos".
 
Por una banda, dixo que si ten pensado algunha vez "como poderá ser útil envorcando" todo o que aprendeu. Aínda que imaxina tamén que terá unha "certa sensación de máis tranquilidade cando non te sintas responsable das cousas graves que suceden" que, explicou, "inevitablemente" sendo presidente "sénteste responsable" aínda que de moitas delas non se teña a responsabilidade.

"Cando deixe de ser presidente, imaxino que baixará moito o grao de sentimento de responsabilidade ou se se quere de culpa das cousas que pasan", concluíu.

martes, 1 de febrero de 2011

PARALIZACION DA LEI HOMOFOBA LITUANA


Conseguimos paralizar a modificación dunha lei en Lituania que pretendía castigar con multas de ata 2.900 euros calquera expresión pública da homosexualidade.
Grazas á sinatura de 19.852 persoas, logramos que o Parlamento lituano suspendese temporalmente a votación sobre esa modificación de lei. Pero ademais, o Parlamento Europeo aprobou agora unha resolución na que solicita ó Parlamento lituano que rexeite definitivamente esa enmenda homófoba.