martes, 28 de junio de 2011

MANIFESTO DO PSdeG-PSOE NO DIA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB 2011




O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall
no Greenwich Village de Nova York en 1969, acontecemento que supuxo o
nacemento do movemento de liberación gai, lésbica, transexual e bisexual
(lgtb), e que se celebra en todo o mundo como o Día do Orgullo LGTB. Un
ano máis as mulleres e homes socialistas sumámonos a esta celebración
da dignidade, a igualdade e a diversidade.

As mulleres e homes socialistas sentímonos orgullosos de ter liderado
e impulsado de forma decidida as profundas transformacións que en
materia de dereitos civís para a poboación lgtb se produciron no noso
país nos últimos sete anos. Unhas iniciativas lexislativas que colocaron
ao noso país na vangarda dos estados que recoñecen a igualdade legal
e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Malia estes
importantes avances, aínda quedan cousas por conseguir e realidades
que cambiar para garantir que a liberdade e a igualdade, que a nosa
Constitución proclama, sexan reais e efectivas para toda a poboación lgtb.

Na maioría das nosas sociedades aínda queda moito camiño para acadar
a igualdade real, social e integral das persoas homosexuais, bisexuais
e transexuais en todos os ámbitos: a educación, o mundo do traballo,
o acceso igualitario aos bens e servizos, os medios de comunicación, o
deporte, a realidade rural... Reivindicamos a iniciativa do noso Partido coa
proposta de Lei Integral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación
que o Goberno remitiu ás Cortes para o seu debate e aprobación. É unha
iniciativa lexislativa que incluirá, entre outros ámbitos de acción, a loita
contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de
xénero, e que colocará ao noso país na vangarda dos países que promoven
políticas antidiscriminatorias integrais e efectivas. É o noso compromiso
coa xustiza e coa continuidade do proxecto de dignificación da nosa
sociedade levado a cabo polo Goberno e o Partido Socialista. Será tamén
unha homenaxe a todas e todos os que nos precederon na loita pola
igualdade, e a todas e todos quen, aínda hoxe, sofren violencia física ou
moral, medo ou limitacións impostas polas súas opcións de vida a causa
do odio ignorante de quen perseguen o amor, a liberdade e a igualdade.

Non podemos deixar de denunciar que 76 países penalizan as relacións
sexuais entre persoas do mesmo sexo, e que sete (Mauritania, Sudán,
Arabia Saudita, Irán, Iemen, 12 estados do norte de Nixeria e partes
meridionais de Somalia) fano coa pena de morte. Unha vez máis,
repudiamos esta insostible situación e chamamos a estes países a que
modifiquen as súas lexislacións e respecten os dereitos humanos dos seus
cidadás e cidadáns lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Celebramos a
Resolución A/HRC/17/L.9/Rev.1 sobre “Dereitos Humanos, orientación
sexual e identidade de xénero”, copatrocinada por España, que o Consello
de Dereitos Humanos de Nacións Unidas aprobou o pasado 17 de xuño
en Xenebra. Esperamos que este novo instrumento internacional acabe
coa persecución legal de que son obxecto lesbianas, gais, transexuais e
bisexuais no mundo polo simple feito de selo.

Aquí no noso país, non debemos esquecer que o PP mantén o seu
vergonzoso recurso no Tribunal Constitucional á Lei de matrimonio
entre persoas do mesmo sexo, un recurso que, como xa teñen posto
de manifesto os seus dirixentes, non ten unha finalidade xurídica senón
ideolóxica: a obstinación do PP de impedir a toda costa a igualdade
legal de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Unha Lei que, como
xa deixou claro Mariano Rajoy, sería derrogada se o PP gobernase en
España, aínda que conte co aval do propio Tribunal Constitucional. Esta
é unha manifestación máis da deriva ultraconservadora do PP, que pon
de manifesto a necesidade de defender de forma rotunda a igualdade
conquistada fronte a quen desde o PP pretenden unha involución nos
dereitos conquistados e as liberdades alcanzadas.

Este ano, ademais cúmprense 30 anos dos primeiros casos diagnosticados
de SIDA no mundo. Tres décadas despois do recoñecemento da epidemia
seguen a producirse violacións dos dereitos humanos que impiden
abordar o VIH, desalentan ás persoas afectadas a acudir aos servizos
sanitarios e de apoio, e aumentan enormemente a vulnerabilidade fronte
ao VIH. O estigma e a discriminación son os meirandes impedimentos para
lograr un progreso acelerado na resposta ao VIH. Non debemos esquecer
que o machismo, o racismo, a xenofobia, a homofobia e a transfobia son
graves violacións dos dereitos humanos, que ademais, impiden e dificultan

gravemente o dereito á saúde. Apostamos por seguir impulsando as
políticas de prevención e promoción do uso do preservativo nas relacións
sexuais como o instrumento máis eficaz para previr a transmisión do VIH.

Un ano máis queremos reiterar o noso agradecemento á labor que
desempeñan as organizacións de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais,
sen cuxo traballo, esforzo e compromiso, os cambios que se produciron no
noso país non serían posibles, e a quen animamos a seguir defendendo as
conquistas alcanzadas nestes sete anos.

Finalmente, o PSdeG-PSOE fai un chamamento a todos os seus militantes e
simpatizantes e a toda a cidadanía a participar activamente nos actos
que con motivo do Orgullo se celebrarán en todos as vilas e cidades do
noso país e, especialmente, a acudir a la Manifestación Estatal do Orgullo,
que co lema “Saúde e Igualdade por dereito” se celebrará en Madrid o
vindeiro sábado 2 de xullo.

Madrid, a 28 de xuño de 2011.

lunes, 27 de junio de 2011

O ALFAIATE CELEBRA O ORGULLO 2011

Os esperamos nestes dias no Alfaiate.

NÓS MESMAS: ORGULLO LGTB '11 NIN UN PASO ATRÁS!

Os informamos dos actos das nosas compañeiras de NOS MESMAS de VIGO.

MANIFESTACIÓN "NIN UN PASO ATRÁS!"

LECTURA MANIFESTO E ENTREGA PREMIOS
MARTES 28, SAÍDA ÁS 18.30H DA FAROLA DE URZAIZ ATA A PRAZA DA CONSTITUCIÓN


DOCUMENTAL "HOMO BABY BOOM" (familias homoparentales)
MARTES 28 ÁS 20H NO CENTRO CÍVICO CASCO VELLO

lunes, 20 de junio de 2011

SHOW MUST GO ON


Como din os rockeiros, "show must go on". Despóis do gran batacazo que levamos nas elecciós locais, non toca outra cosa que mirar cara adiante. Somos conscientes que de temos emprendido un camiño importante na atención as persoas do colectibo LGTB e agora quédanos seguir pelexando dende o lugar onde nos situaron os cidadáns da nosa cidade; na oposición.
Todos sabedes do que fumos acadando nestes catro anos... Celebración do Orgullo, Festival Visible, Servicio de mediación municipal, Festival Visible cinema, árbore conmemorativa para Marcela e Elisa, aprobación dunha rúan para o activista Tomás Fábregas... Pois eso, que é moito o andado e non imos permitir un so paso atrás, polo menos non sen que se nos escoite.
Por todo esto temos celebrado a nosa primeira reunión co noso grupo municipal no concello. Concretamente charlamos durante un bo rato coa portavoz municipal Mar Barcón e con Nieves Vázquez que nos trasmitiron todo o seu apoio e sobor de todo, Mar Barcón ,como portavoz, prometeunos que a nosa voz oirase alta e clara no pazo municipal de María Pita nesta nova etapa.
Temos solicitada unha reunión co novo alcalde, O Sr. Carlos Negreira para que nos diga cales son as súas ideas no referente as políticas LGTB para a nosa cidade.
O dito; empezamos de novo dende outro sitio pero cas mesmas forzas. Aproveitamos a ocasión para animarvos a participar nas actividades que xa deixaramos organizadas para o Orgullo'11. Vai ser unha festa incrible, haberá de novo o tranvía da diversidade, unha charla de Íñigo Lamarca, a gran festa na praza de Azcárraga... Non o perdades porque a parte de divertirnos amosaremos que queremos que todo esto que temos conseguido permaneza e que lles deixaremos ben claro que non renunciaremos a elo.

O CONSELLO DE DEREITOS HUMANOS DA ONU CONDEA TODA DISCRIMINACIÓN BASEADA EN CUESTIÓNS DE ORIENTACIÓN SEXUAL


O Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas recoñeceu este venres a igualdade de dereitos para persoas lesbianas, gais, bisexuais e transexuais a través dunha resolución na que condenou calquera tipo de acto violento ou discriminatorio contra unha persoa pola súa orientación sexual.

O texto, presentado por Sudáfrica, contou con 23 votos a favor, 19 en contra, tres abstencións e unha ausencia, a de Libia, que foi suspendido deste organismo o pasado mes de marzo. A resolución contou co apoio maioritario dos países occidentais, que cualificaron de histórica a votación, e coa oposición dos países musulmáns.

Para a embaixadora estadounidense, Eileen Chamberlain Donahoe, "hoxe deuse un importante paso para recoñecer que os Dereitos Humanos son verdadeiramente universais". "Condenamos a violencia contra unha persoa simplemente por ser quen é", sinalou, en alusión a unha "simple pero histórica" resolución.

"O dereito de elixir a quen amamos, a compartir a vida con as persoas ás que queremos é sacro", asegurou a representantes norteamericana, quen destacou, ademais, que "cada ser humano merécese a mesma protección ante a violencia e a discriminación".

As delegacións de países como Paquistán, Arabia Saudita, Bahréin, Qatar e Bangladesh rexeitaron a medida, e o embaixador mauritano, Cheij Ahmed Ould Zahaf, criticou que o debate mantido este venres "non ten nada que ver cos Dereitos Humanos". Ao seu xuízo, trátase de "un intento de cambiar o dereito natural dun ser humano cun dereito antinatural".

Pola súa banda, o embaixador mexicano, Juan José Gómez Camacho, fixo fincapé en que o debate non ten que ver con valores occidentais, senón coa defensa da non discriminación, ao igual que xa se fai con temas de raza, relixión ou xero. Para el, "a non discriminación por motivos de orientación sexual é exactamente o mesmo".

sábado, 18 de junio de 2011

ORGULLO 2011 CORUÑA


XOVES 23

LUMERADA DA VISIBILIDADE

na zona dos salesianos a partir das 22:00. Leva a túa comida, bebida, etc.

Porse en contacto con ás para concretar sitio aínda que beiras unha bandeira LGTB.

SABADO 25

TRANVIA DA VISIBILIDADE


Saida das esclavas as 20:00


CONCENTRACION "POLA VISIBILIDADE LESBICA"


21:00 en MARIA PITA,
convocatoria do Colectivo A.L.A.S Coruña, Grupo LGTB "7 CORES" e o blog "CANTÖN OSCURO".


FESTA NA PLAZA DE AZCARRAGA


A partir de las 22:00

Con

DJ MANRI (GAY-SHA OLA GREEN)

AFRODITA DRAG

MARYAN DIVINE

DJ*LICHO (BACKSTAGE)


Con la colabaracion de la asociaon de Comercientes de la Ciudad Antigua, IMCE, Concello de A Coruña, Diputación.

MERCORES 29

CHARLA DE IÑIGO LAMARKA, activista LGTB y defensor del pueblo Vasco (Ararteko).

en el circulo de Artesanos a las 20:00 en la calle San Andres.

ANULADA LA ENTREGA DOS PREMIOS "TRASGRAFRIAS. VIDA EN SETE CORES"

Este sabado dia 25 de Xunio, celebrárase a entrega dos premios do concurso literario "TRASGRAFIAS. VIDA EN SETE CORES" do grupo LGTB do partido Socialista de Galicia "7 CORES"

Contaremos coa presenza de Laura Seara, directora del Instituto de la Mujer y Silvia Fraga portavoz de mocidade e igualdade no parlamento de Galicia.

Sera ás 12:00 da mañá na sede do PSdeG-PSOE na rua do PINO en Santiago.

ORGULLO LGTB '11 NIN UN PASO ATRÁS!

NIN UN PASO ATRÁS!




As nosas compañeiras de "NOS MESMAS" de VIGO nos mandan a información dos actos do ORGULLO 2011 na sua Ciudade. Contamos coa vosa presencia nos variados actos.

Unha vez máis chega a celebración da loita diaria e da que xa foi, e das reivindicacións que como persoas de pleno dereito queremos. Por iso este ano non daremos NIN UN PASO ATRÁS! nin un paso atrás nos dereitos das nosas familias, nin un paso atrás no matrimonio nin na adopción, nin nos dereitos de reproducción asistida nin na saúde. Sempre cara diante.

PROGRAMACIÓN:

20-24/06
Exposición das fotografías do concurso fotográfico "A miña visión do Orgullo" (+ info) na Casa da Muller (ver mapa)
Poderás votar a foto/s que prefiras.

25/06
Dende ás 11h ata ás 18h participaremos nas actividades preparadas polo Centro Social Lume! no que xogaremos unha liguña de fútbol sala, haberá un xantar popular (9€) e un debate aberto sobre o movemento LGTB.
Ás 00h Festa Stonewall no local "La Fiesta de los Maniquíes"

Onde disfrutaremos dunha festa divertida coa música de DJ Almagato
xogos, regalos, e máis sorpresas!!

26/06
Dende as 18h ata ás 21 estaremos na Praza da Constitución con:

obradoiro de títeres para cativas/os
mesa informativa
improvisación teatral do Grupo Municipal de Teatro (por confirmar)
exposición das fotos do concurso (tamén poderás votar)
...e máis sorpresiñas!

28/06
Ás 12h, na Praza do Rei, Acto político-institucional, no que celebraremos o izado da bandeira LGTB no Concello e inundaremos a Praza cunha bandeira xigante.

Ás 18.30h Marcha-manifestación Orgullo LGTB '11 Nin un paso atrás! sairemos da farola de Úrzaiz (ver mapa) atravesaremos Principe coa bandeira xigante ata chegar a Praza da Cosntitución, onde farase a lectura do manifiesto e a entrega de premios do concurso de fotografía "A miña visión do Orgullo"

Leva a túa bandeira ou pancarta, é aberta a todas as organizacións afins.

Ás 20h no Centro Cívico Casco Vello visionado Documental "Homobabyboom" sobre a maternidade e paternidade de parellas de lesbianas e gais, cómo foi o seu proceso persoal, social e institucional, como o viven na actualidade...(27 min de duración) O finalizar haberá un pequeno debate.

E con isto daremos por concluído os actos do Orgullo LGTB

miércoles, 8 de junio de 2011

Zerolo asegura que a Lei de Igualdade de Trato será unha realidade a pesar do PP

"O PP segue traballando contra a igualdade", afirma




O Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo, asegurou hoxe que "haberá Lei de Igualdade de Trato nesta lexislatura a pesar das trabas que poña o PP na súa tramitación parlamentaria". Zerolo fixo estas declaracións tras coñecerse que a mesa do Congreso rexeitou tramitar con urxencia a Lei Integral para a Igualdade de Trato e Non Discriminación -cos votos do PP, CIU, PNV e Coalición Canaria-, tal e como solicitara o Goberno e demandado diversas organizacións sociais.

O responsable socialista de Movementos Sociais asegurou que estes intentos por parte dos sectores máis conservadores por tratar de impedir que o Congreso aprobe unha norma avanzada de protección contra a discriminación non terán ningún efecto, porque "a realidade terminará impóndose aos desexos de involución en dereitos".
Finalmente, Zerolo lamentou as declaracións realizadas por distintos dirixentes do PP respecto deste proxecto de Lei, porque nos mostran unha vez máis que o PP "segue traballando contra a igualdade".

viernes, 3 de junio de 2011

FORO FEDERAL IGUALDADE DE TRATO E NON DISCRIMINACIÓN


FORO FEDERAL IGUALDADE DE TRATO E NON DISCRIMINACIÓN
18 DE XUÑO - MADRID

O Foro Federal de Igualdade de trato e Non Discriminación do PSOE terá lugar o vindeiro sábado 18 de xuño de 10 a 14 horas no Ateneo de Madrid (C/ Prado, 21). Neste Foro abordaremos distintos aspectos do Proxecto de Lei Integral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación, e contará coa participación da ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade Leire Pajín, a secretaria de Estado de Igualdade Bibiana Aído, representantes de organizacións sociais e expertos na materia.

É un Foro aberto e participativo dirixido ás organizacións sociais, responsables políticos e orgánicos, militantes e simpatizantes do noso partido.

Dado que o aforamento é limitado, é necesario que o máis axiña posible as persoas interesadas en participar confirmen a súa inscrición nos teléfonos ou ao correo-e que vos indicamos. Nos próximos días farémosvos chegar o contido definitivo do Foro. As persoas que se inscriban tamén recibirán a información sobre o desenvolvemento do foro nos seus correos electrónicos.

CONFIRMACIÓNS E INSCRIPCIÓN:
mosorio@psoe.es

miércoles, 1 de junio de 2011

X Bacanal Romana. Concurso de Variedades.

X Bacanal Romana. Concurso de Variedades

Venres, 17 de Xuño ás 23:30 - 18 Xuño ás 3:30
Lugar Plaza Santa Maria, Lugo

Organiza o Colectivo A.L.A.S. Lugo





Convocatoria:
1) Convócase un único concurso, no que se admitirán todo tipo de números de espectáculo e variedades.
2) A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.
3) Os artistas deberán ser maiores de 16 anos.
4) O concurso celebrarase como certame aberto, actuando os artistas ante o público da cidade de Lugo e ante un xurado. O Espectáculo “BACANAL ROMANA” realizarase nun escenario sito na Praza de Sant...a María, a noite do sabado 17 de xuño de 2011.
5) Por ser parte do programa festivo “ARDE LVCVS”, é obligatorio o uso de estilismo crásico, penalizando a os que non o leven. o xurado valorará que a estética dos participantes suxira un ambente romano ou clásico, admitíndose estéticas grega, exipcia, bárbara celta ou semellantes, sempre que sexan acordes coa ocasión.
6) Entrarán en concurso únicamente aqueles números propostos e aprobados ata o mércores 15 de xuño de 2011.
7)Os gañadores da presente edición do concurso non podrán participàr o ano seguinte, pero poderán participar se asi o desexan abrindo o concurso, e con un posto reservaso dentro do Xurado.

Preparación dos números:
1) Preferentemente os números deberán ilustrar a diversidade afectivo-sexual, ademais de ser desenfadados e vistosos.
2) Admitiranse números de variedades en xeral, tipo transformismo, humor, play-back, canción en directo, música instrumental, baile, maxia, números visuais, etc.
3) Admitiranse números en solitario, dúos, tríos ou grupos maiores.
4) Cada participante ou grupo deberá preparar dous números, outorgándolle preferencia a un deles.
5) A duración de cada número deberá oscilar entre 3 e 6 minutos aproximadamente.
6) O material de instrumentación, caracterización e atrezzo corre a conta dos participantes.
Organización do espectáculo:
1) Tódolos números e nomes artísticos estarán suxeitos á aprobación da Organización, non admitíndose aqueles que poidan ser ofensivos, ou vulnerar os principios que o colectivo ALAS de Lugo defende.
2) Os artistas deberán contactar coa Organización vía telefónica (Guille: 667967336 / Diego: 626504193 / Cristian: 667330713 / Marcos: 627113848.) ou por e-mail (colectivoalas@gmail.com) á maior brevidade posible, sendo a data límite o día 15 de xuño de 2011, para dar aviso anticipado dos seus números.
3) En canto ós artistas, serán necesarios os seguintes datos:
- Nome artístico da persoa ou grupo. - Nome, apelidos e data de nacemento de tódo-los artistas. - Teléfono de contacto do artista ou grupo. - No caso dos grupos, nome do representante.
4) En canto ós números, serán necesarios os seguintes datos:
- Tipo de número (musical, humorístico, etc.).
- Título, autor e versión da canción no caso dos números musicais.
- Duración aproximada do número.
- Descrición xeral da execución e da estética do número
5) No caso de que se propoñan temas repetidos, a Organización non os poderá admitir, dando puntual aviso ós artistas, que poderán propoñer outro número. Seguirase unha estrita orde de inscrición para resolver esta cuestión.
6) A orde de representacións na gala corre a cargo da Organización, que a notificará con antelación suficiente ós artistas.
7) Segundo o tempo dispoñible e o número de participantes, é posible que soamente teña que representarse o número preferente.

Xurado e valoración:
1) O Xurado do concurso estará composto por expertos e afeccionados nos eidos da interpretación, a estética e o espectáculo, e por, alomenos, un membro do colectivo ALAS de Lugo, que terá dereito de veto en casos concretos de vulneración das normas ou dos principios de liberdade e igualdade que ALAS defende.
2) O dictame do Xurado será inapelable.
3) Os premios poderanse declarar desertos no caso de considerar o Xurado que ningún dos números presentados reúne a calidade necesaria.
Premios:
1) A valoración do Xurado e o anuncio dos premiados celebraranse ó final da gala.
2) O primeiro galardón do concurso consistirá nun premio en metálico de 400€ (no caso dos menores de idade, en cheques regalo en establecementos apropiados). Haberá un segundo premio de 200€ e un terceiro premio de 100€.
3) Pode haber outras sorpresas ou premios adicionais por categorías.
4) Estas bases poderán ser modificadas, publicándose as novas e notificándose o cambio a tódolos participantes xa inscritos.


ANIMAROS A PARTICIPAR!!!!!