martes, 26 de octubre de 2010

O GRUPO LGTB 7 CORES MANTÉN VARIAS REUNIONS NA CIUDADE DE SANTIAGO

O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE REÚNESE COA CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL DE SANTIAGO E OS COMPAÑEIROS DA EXECUTIVA DESTA CIDADE.
TAMÉN SE REUNIERON CON LUCIA VAZQUEZ, PRESIDENTA DA FEDERACIÓN LGTB DE GALICIA “ATURUXO”





Membros do grupo LGTB 7 Cores reuníronse con Mar Martín, Concelleira de Benestar Social de Santiago. Á xuntanza asistiu o compañeiro Nelson Rodríguez de Avilez, mediador do servizo LGTB de A Coruña e o coordinador do grupo Fito Ferreiro Seoane.

Na cita falouse da importancia de comezar o servizo na cidade de Compostela. De traballar en especial a educación para loitar contra a homofobia e a normalización das persoas LGTB. Tras un intercambio de ideas, acordouse por en marcha unha campaña sobre os dereitos dos homosexuais e transexuais e de como loitar contra a homofobia. Será unha campaña sinxela e básica pero intensiva que se fará a través dos centros cívicos, colectivos, a casa das asociacións, centros de saúde... Esta campaña servirá tamén para dar a coñecer a próxima posta en marcha do “Servizo de Mediación Municipal de Mediación e Información LGTB” de Compostela.

Este servizo comezará a funcionar o próximo mes de xaneiro de 2011 realizando accións, obradoiros, charlas nos colexios, institutos, centros cívicos e outros puntos de interese. Traballando especialmente na normalización e loitando contra a homofobia, o bullying e o mobbing que poidan sufrir as persoas homosexuais e transexuais. A través dun e-mail poderase contactar co servizo para recoller información ou o apoio que necesiten as persoas LGTB, así como os seus familiares, amigos, educadores...

Tamén acordouse que se realizara unha reunión de traballo cos colectivos LGTB da cidade antes de por en marcha a campaña e o servizo para que aporten ideas ó proxecto no que esta traballando a Concellería de Benestar Social de Santiago.

Na reunión coa presidenta da Federación Aturuxo e o colectivo de Lesbianas de Santiago “BOGA”, 7 CORES expuxéronselle os proxectos que temos na nosa folla de ruta, como o servizo municipal de mediación e información LGTB, a PNL que se presentou no Parlamento de Galicia instando á Xunta a por este servizo en marcha nos concellos de máis de 50.000 habitantes e tamén nas cabeceiras de comarca. Tamén falamos da situación do activismo LGTB en Galicia e en especial en Santiago. 7 CORES avogou pola revitalización dos colectivos e mostrou a súa predisposición a colaborar con estes xa que é importante que o tecido social homosexual e transexual siga traballando na visibilización e a normalización da nosa realidade.

Nestes momentos os colectivos LGTB da cidade están pasado un momento crítico e levan case dous anos cunha actividade moi baixa. Recordamos que fai dous anos que se deixou de facer a manifestación do Día do Orgullo LGTB en Compostela. Cremos que é necesario mobilizarse para que ATURUXO volva ser o referente LGTB de Galicia.

Terminamos a tarde cunha xuntanza na agrupación local de Santiago, reunidos coas Secretarias de Organización, María Bugallo, a de Igualdade, Sonia Fernández e a de Cultura, Montse Santos. Nesta reunión falamos da próxima posta en marcha do grupo de homosexuais e transexuais do PSdeG-PSOE de Santiago, así como de diferentes accións a realizar na agrupación local. Charlas, xornadas e colaboración coa executiva local de Santiago para traballar nos temas LGBT para o programa electoral das próximas eleccións municipais. Foi unha reunión frutífera e onde os membros da executiva de Santiago mostraron o seu total apoio e colaboración co grupo LGTB e coa súa causa.

martes, 19 de octubre de 2010

O GRUPO LGTB DO PsdeG EXPRESA A SÚA SATISFACIÓN POLA SENTENCIA QUE CONDEA O ASASINO DE AL-DANI E JULIO.

Santiago, 15 de outubro do 2010. Fito Ferreiro, coordinador do grupo LGTB do PSdeG sinalou que “por fin fíxose xustiza, e foi castigado uns dos crimes homófobos mais sanguentos da nosa comunidade, onde foron asasinados dous mozos gais”.

Ferreiro apuntou que “ fíxose xustiza grazas a forza e ao tesón da mai dun dos agredidos, así como tamén o movemento social galego, e en espacial grazas aos colectivos LGTB”. “Un colectivo que leva moitos ano traballando e que dende o primeiro momento se mobilizou ente este crime homófobo”

Neste senos lembrou que “o grupo LGTB do PSdeG, 7 Cores manifestouse diante do TSXG para pedir que se repetira o xuízo, como finalmente aconteceu.

O coordinador sinalou que “sentimos unha liberación pola sentencia e esperamos que esta serva de exemplo para que no volva a acontecer nunca máis un crime motivado pola razón de orientación sexual ou de xénero”.

Ademais, denunciou que “ si o primeiro xurado tivera un coñecemento verdadeiro da realidade homosexual a súa sentencia sería outra”. “O xurado con toda probabilidade non houbera deixado libre a este asasinado por un medo insuperable a ser violado por dous chicos”, sentencia que se baseaba no suposto e que consideramos con una de las más homófobas que existen na nosa comunidade.

sábado, 9 de octubre de 2010

O PSdeG DEMANDALLE A XUNTA DA GALICIA A POSTA EN MARCHA DE SERVICIOS DE MEDIACIÓN PARA OS COLECTIVOS LGTB


Silvia Fraga denunciou que “ O Goberno Feijoo fala publicamente do seu compromiso cos colectivos LGTB, pero en realidade non existe tal compromiso, xa que non hai nin unha soa medida, nin actuacións destinada a este colectivo”

Fito Ferreiro resaltou o bo funcionamento dos centros de mediación da Coruña e de Lugo que ademais serven para educar, concienciar a cidadanía mediante campañas de sensibilización, talleres, obradoiros...

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2010.- A Portavoz de Igualdade do grupo parlamentario socialista, Silvia Fraga e o coordinador do grupo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro hoxe en rolda de prensa demandaronlle a Xunta de Galicia a posta en marcha de servicios de mediacións para os colectivos LGTB nos concellos galegos,
Silvia Fraga sinalou que “este tipo de servicios xa existen en dous concellos socialistas A Coruña e Lugo, e no concello de Vilagarcía xa se está valorando e articulando a súa creación”. “ Sen embargo, nunha época de crise e difícil que os concellos poidan por en marcha novos de servizos, cando están afogados polo mantemento de outros servizos asociados dos ca Xunta se desentende”, aseverou.
A portavoz de igualdade anunciou que “ presentamos iniciativas parlamentarias nas que ademais de instar a xunta a por en marcha os servicios de mediación, lle preguntamos polas iniciativas que dende o Goberno galego se están pondo en marcha para traballar en prol da defensa dos dereitos dos colectivos LGTB en Galicia.
Neste senso, Fraga lamentou que “aos socialistas nos conta que o Goberno Feijoo non ten posta en marcha ningunha medida”. “ falan publicamente do seu compromiso cos grupos LGTB pero a hora da verdade o compromiso é cero, non hai nin medidas nin actuacións”, denunciou
Fraga sinalou que “ os centros de mediación son unha necesidade, hoxe en día os casos de discriminación son unha realidade e moitas veces o entorno das víctimas non saben como afrontalo, por isto é necesario que teñan un punto de referencia ao que acudir para recibir asesoramento e orientación”.
Neste senso sinalou que “todos lembramos recente ataque que sufriron dous rapaces na cidade da Coruña, por isto e necesario educar e concienciar a cidadanía en valores, para evitar que se produzan este tipo de agresións homófobas, e como e difícil de erradicar a corto prazo, que polo menos teñan un centro ao que acudir”
Pola súa banda Fito Ferreiro sinalou que “ os centros de medición de A Coruña e Lugo están funcionando moi ben, traballan conxuntamente cos grupos LGTB destas cidades”. “Por isto, creemos que é necesarios que este tipos de centros cheguen a tódalas grandes cidades galegas, así como as cabeceiras de comarcas, porque desgraciadamente a discriminación pola orientación sexual non só se da nas grandes cidades, senón tamén se da nos pobos pequenos

Ferreiro sinalou que “os centros de mediación ademais de servir para orientar as persoas e o seu entorno, cumpren unha tarefa fundamental que é a de traballar pola visibilidade, a normalización e a educación”.

Nese senso apuntou que “ os servicios municipais de medicación fan campaña de sensibilización entre a poboación, talleres, obradoiros, charlas en colexios en asociacións.. a fin de normalizar unha opción de vida elixida dende a liberdade individual”

jueves, 7 de octubre de 2010

ACNUR protexerá especialmente aos homosexuais perseguidos pola súa condición

Xenebra, 1 de outubro de 2010 (EFE).
O Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) vai modificar a súa normativa interna para dar máis atención ás persoas perseguidas pola súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero. Este grupo inclúe a gais, lesbianas, bisexuais, transexuais e hermafroditas que son perseguidos no seu país pola súa condición e que foxen buscando refuxio.
"Ata agora non facíamos especial fincapé en detectar e axudar a este colectivo. A partir de agora queremos que os nosos traballadores no terreo detecten a estes individuos e os coiden especialmente, dado que son susceptibles de ser vítimas de violencia mesmo nos campos de refuxiados e nos países de acollida", sinalou en roda de prensa Melissa Fleming, portavoz do ACNUR.
A organización levou a cabo unha investigación específica ao respecto e concluíu que, "no ciclo do desprazamento dos seus fogares, este colectivo enfronta perigo, dificultades e discriminación". "O ACNUR considera que este risco é significativo e non debería ser ignorado", sinalou Fleming, quen instou aos países membros a aplicar políticas de especial protección para este colectivo.
A portavoz lembrou que en moitos países a homosexualidade e a transexualidade están criminalizadas e que, por tanto, cando os individuos deste colectivo están obrigados a fuxir e refuxiarse noutros países, ocultan a súa verdadeira identidade. "Ante esta especial vulnerabilidade, intentaremos que os nosos axentes no terreo os detecten e soliciten aos países de acollida que os protexan especialmente".
Setenta e oito países no mundo contan con lexislación que criminaliza aos seus cidadáns en función da súa identidade de xénero ou da súa orientación sexual. A Convención do Refuxiado de 1951 especifica que un refuxiado é aquela persoa que é perseguida no seu país de orixe en razón da súa raza, relixión, nacionalidade, pertenza a un grupo social particular ou opinión política.
No 2008, o ACNUR incluíu no apartado "pertenza a un grupo social particular" a toda aquela persoa perseguida pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.