martes, 26 de octubre de 2010

O GRUPO LGTB 7 CORES MANTÉN VARIAS REUNIONS NA CIUDADE DE SANTIAGO

O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE REÚNESE COA CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL DE SANTIAGO E OS COMPAÑEIROS DA EXECUTIVA DESTA CIDADE.
TAMÉN SE REUNIERON CON LUCIA VAZQUEZ, PRESIDENTA DA FEDERACIÓN LGTB DE GALICIA “ATURUXO”





Membros do grupo LGTB 7 Cores reuníronse con Mar Martín, Concelleira de Benestar Social de Santiago. Á xuntanza asistiu o compañeiro Nelson Rodríguez de Avilez, mediador do servizo LGTB de A Coruña e o coordinador do grupo Fito Ferreiro Seoane.

Na cita falouse da importancia de comezar o servizo na cidade de Compostela. De traballar en especial a educación para loitar contra a homofobia e a normalización das persoas LGTB. Tras un intercambio de ideas, acordouse por en marcha unha campaña sobre os dereitos dos homosexuais e transexuais e de como loitar contra a homofobia. Será unha campaña sinxela e básica pero intensiva que se fará a través dos centros cívicos, colectivos, a casa das asociacións, centros de saúde... Esta campaña servirá tamén para dar a coñecer a próxima posta en marcha do “Servizo de Mediación Municipal de Mediación e Información LGTB” de Compostela.

Este servizo comezará a funcionar o próximo mes de xaneiro de 2011 realizando accións, obradoiros, charlas nos colexios, institutos, centros cívicos e outros puntos de interese. Traballando especialmente na normalización e loitando contra a homofobia, o bullying e o mobbing que poidan sufrir as persoas homosexuais e transexuais. A través dun e-mail poderase contactar co servizo para recoller información ou o apoio que necesiten as persoas LGTB, así como os seus familiares, amigos, educadores...

Tamén acordouse que se realizara unha reunión de traballo cos colectivos LGTB da cidade antes de por en marcha a campaña e o servizo para que aporten ideas ó proxecto no que esta traballando a Concellería de Benestar Social de Santiago.

Na reunión coa presidenta da Federación Aturuxo e o colectivo de Lesbianas de Santiago “BOGA”, 7 CORES expuxéronselle os proxectos que temos na nosa folla de ruta, como o servizo municipal de mediación e información LGTB, a PNL que se presentou no Parlamento de Galicia instando á Xunta a por este servizo en marcha nos concellos de máis de 50.000 habitantes e tamén nas cabeceiras de comarca. Tamén falamos da situación do activismo LGTB en Galicia e en especial en Santiago. 7 CORES avogou pola revitalización dos colectivos e mostrou a súa predisposición a colaborar con estes xa que é importante que o tecido social homosexual e transexual siga traballando na visibilización e a normalización da nosa realidade.

Nestes momentos os colectivos LGTB da cidade están pasado un momento crítico e levan case dous anos cunha actividade moi baixa. Recordamos que fai dous anos que se deixou de facer a manifestación do Día do Orgullo LGTB en Compostela. Cremos que é necesario mobilizarse para que ATURUXO volva ser o referente LGTB de Galicia.

Terminamos a tarde cunha xuntanza na agrupación local de Santiago, reunidos coas Secretarias de Organización, María Bugallo, a de Igualdade, Sonia Fernández e a de Cultura, Montse Santos. Nesta reunión falamos da próxima posta en marcha do grupo de homosexuais e transexuais do PSdeG-PSOE de Santiago, así como de diferentes accións a realizar na agrupación local. Charlas, xornadas e colaboración coa executiva local de Santiago para traballar nos temas LGBT para o programa electoral das próximas eleccións municipais. Foi unha reunión frutífera e onde os membros da executiva de Santiago mostraron o seu total apoio e colaboración co grupo LGTB e coa súa causa.

No hay comentarios: