miércoles, 30 de junio de 2010

Vista atrás

ORGULLO LGTB CORUÑA 2010

Pasou outra semana do orgullo e creo que máis que nunca deixounos a todos cun regusto doce, moi doce.
Este ano houbo xente que se empeñou en distraer a nosa atención, en facernos mirar para outro lado e sobre todo a tentar que as árbores non nos deixasen ver o bosque; teño que recoñecer que por momentos conseguírono.
Foi un orgullo, longo; unha semana, e con actos variados entre o festivo, o reivindicativo e o cultural. Está claro que non todos saíron ben, non todos foron perfectos, pero o resumo é ó fin inmellorable. Creo incluso que eses pequenos borróns fixeron ó final brillar moito máis ó resto.
Empezamos co despregue da bandeira, algo que a moitos vos parecerá unha parvada pero que a min fíxome que cada vez que paseei estes días polo paseo marítimo e vía a bandeira puxéranseme os pelos de punta… isto era impensable fai uns anos… O dito, empezamos co despregue, un grupiño dunhas corenta ou cincuenta persoas que acudimos a escoitar as verbas do concelleiro de deportes Xoán Caxigal e ó posterior concerto de Manu Clavijo e Silvia Penide. Tivemos ese día o gran borrón de non ser capaces de reunir a suficiente xente para xogar ese partido de voleibol que nos propuxéramos…
Logo viu a festa Abba, unha gran idea que quedou un pouco lastrada polo lugar e a hora, e sobre todo pola incapacidade de ter bebidas alcohólicas dentro do centro cívico. Creo que é unha boa idea a repensar e reubicar…
A festa Abba serviunos para ver a exposición de cadros do noso amigo Monbear que a verdade sorprendeume moi gratamente.
Tanto a mesa redonda como a charla de Generelo cumpriron o seu obxectivo xa que non son actos para multitudes, pero si actos necesarios para completar todo o abanico de actividades ó que queremos chegar.
O prato forte foi o sábado. O tranvía da diversidade foi unha idea divertida, lucida, colorista e sobre todo moi alegre. Foi bonito ver como logo toda esa xente que se apuntou ó viaxe e abarrotou o tranvía acompañounos a María Pita a dicirlle ós nosos conveciños iso de “Ola, estamos aquí”. Toda a xente estivo receptiva e aplaudiu ó final da lectura do manifesto, foi unha gozada…
A festa en Azcárraga demostrou unha cosa, xa está asentada, xa é un acontecemento do verán que a xente agarda e cada vez terá menos peso o grupo invitado e máis o ambiente agradable xerado nela. Os Dj’s estiveron xeniais, as Drag-queens tamén, e para o meu gusto o punto débil, inda que non malo, foi o grupo principal que estivo un tanto “eslamiado” e o cantante un pouquiño pasado de voltas. O final de festa foi apoteósico con toda a praza cantando ó unísono o “como una ola” da gran Rocío Jurado, un fin de festa un tanto “friki” pero incrible.

Despois disto pódenvos contar o que queiran, pódenvos dicir que o importante é a confrontación, o gasto innecesario, o que queiran, isto é o que pasou e no hai máis… Que había outros compañeiros do movemento LGTB con outra festa alternativa, por suposto, e agardo que lles fora tan ben como a nós e cumpriran todos os seus obxectivos. Oxalá esta festa do Orgullo fose como San Xoán e toda a cidade estivese salpicada de pequenas festas ás que todo o mundo acudise. Non vamos nunca a dedicarnos a loitar contra outros grupos LGTB, a nosa loita é outra moi distinta, a nosa loita é tentar que todos e cada un dos cidadáns deste país poidan desenrolar a súa vida en normalidade e sacar todo o partido ós dereitos que tanto nos levou alcanzar.
Dinnos dende outro colectivo que esta festa non fai falta, que iso hai que dedicalo a realizar actividades sociais, a eles dígolles que non hai nada máis social que xuntar a familias con nenos, xente maior, parellas de gais, parellas de lesbianas, transexuais... todos xuntos, gozando e facendo que o único importante nese momento sexan os lazos que os unen e non as diferenzas que os fan especiais a cada un deles. De todas formas, teño que dicir que isto cada vez recórdame máis ó señor Benedicto XVI, que dende o luxo do Vaticano predícanos austeridade, xenerosidade… probablemente haxa grupos que co que costa o aluguer da súa sede gasten ó ano bastante máis do que costa a “unión do orgullo”; pero ese é o seu problema, cada un decide como gasta o seu diñeiro e o seu tempo. Nós témolo claro, o noso tempo, que non é moito, dedicámolo a intentar apoiar en todo o que podamos ó movemento LGTB, a todos, da igual a súa cor política, e como diñeiro non temos, seguiremos sendo o “Pepito Grilo” que lle pida ás administracións máis e mellores políticas de igualdade que melloren a nosa vida e consigan que a tan ansiada NORMALIZACIÓN chegue algún día.

FELIZ DÍA DEL ORGULLO 2010.

Isaac Gonzalez.

lunes, 28 de junio de 2010

MANIFIESTO DEL PSdeG-PSOE EN EL DÍA DEL ORGULLO LGTB 2010

POLÍTICAS PARA TRANSFORMAR

O 28 de xuño afianzouse internacionalmente como a ocasión para a reivindicación global do orgullo e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. É unha boa ocasión para rexeitar a discriminación por xénero, por identidade e por orientación sexual, así como a violencia física e simbólica e mais a opresión a que esta conduce. Un bo momento para denunciar asemade calquera outra situación de discriminación e falta de respecto pola dignidade e os dereitos humanos. É un día de solidariedade e de demandas, expresadas alto e claro.

Este ano queremos recoñecer ás persoas transexuais, que saltaron á vangarda do movemento LGTB para reclamar atención, dereitos e a fin de situacións que lles afectan. As persoas transexuais son un dos colectivos máis excluídos socialmente, como poñen de manifesto os informes elaborados pola Comisión Europea, sendo obxecto dunha importante discriminación nos eidos laboral e educativo. Aínda hoxe se mantén a transexualidade no catálogo de enfermidades mentais da OMS, o que xerou un importante movemento de activistas e profesionais da saúde solicitando a súa eliminación como patoloxía.

Neste sentido, convén sinalar o Acordo do Consello de Ministros do pasado 14 de maio no que solicita á Organización Mundial da Saúde a
eliminación da transexualidade do catálogo de enfermidades mentais durante o proceso de revisión que está a realizar actualmente este organismo, en consonancia cos estudos e a evidencia científica. Así mesmo, convén lembrar que a iniciativa do Ministerio de Sanidade, o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde deu luz verde á inclusión da atención á transexualidade na carteira de servizos comúns a través de hospitais de referencia.

É momento de celebrarmos tamén as políticas emprendidas polo Goberno socialista durante os últimos seis anos para transformar a realidade española cara a unha sociedade máis aberta e plural, que valore a diversidade e dea a cada cal o trato e recoñecemento que merece. Nas dúas últimas lexislaturas, as mulleres e homes socialistas impulsamos cambios lexislativos de grande impacto social e xurídico, como o dereito a contraer matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o dereito de adopción conxunta, ou a Lei que recoñece o dereito á identidade de xénero das persoas transexuais.

Estas medidas viñeron acompañadas doutras de menor calado social,
pero de igual importancia, como a reparación moral e económica ás vítimas de persecución por orientación sexual e identidade de xénero na ditadura franquista, o respecto á diversidade sexual e familiar mediante a materia de Educación para a Cidadanía, a incorporación da poboación LGTB nos plans estatais de inclusión social, a loita internacional contra a homofobia e polos dereitos das persoas LGTB no mundo, co recoñecemento do 17 de maio como Día contra a Homofobia e Transfobia, a inclusión entre os obxectivos do Plan Director da Cooperación Española 2009-2012 do fortalecemento daquelas organizacións que traballan polo recoñecemento dos dereitos de persoas excluídas por razón da súa orientación sexual, a garantía do dereito á maternidade conxunta das parellas de mulleres lesbianas e bisexuais casadas mediante a modificación da Lei sobre Técnicas de Reprodución Humana Asistida, así como os esforzos en prevención, atención e tratamento do VIH-SIDA, ou a erradicación dos comportamentos homófobos no ámbito deportivo mediante a Lei contra o racismo, a xenofobia e a homofobia no deporte. Medidas que, unha a unha e en conxunto, foron creando un novo marco de dereitos e convivencia que fixeron de España un dos países máis avanzados na garantía de dereitos ás persoas LGTB.

Ao cumprirse o quinto aniversario da entrada en vigor da Lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o dereito á adopción conxunta, non debemos esquecer que esta Lei, que tanta felicidade e igualdade trouxo ao noso país, segue recorrida ante o Tribunal Constitucional polo Partido Popular. Un partido que se opuxo a todas e cada unha das iniciativas que durante estes anos fixeron avanzar ao noso país en igualdade, dignidade e xustiza.

Valorando os logros teremos máis forza para seguir avanzando cara a unha meirande igualdade real das persoas transexuais, homosexuais e bisexuais na nosa sociedade. Un esforzo de progreso e transformación que terá o seu reflexo na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación que prepara o Goberno para combater a discriminación de calquera tipo e fomentar a diversidade como un valor primordial que merece protección.

Recoñecendo o traballo e a labor das organizacións de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que protagonizaron esta loita, e desexando que o PSOE siga a ser o seu mellor aliado para seguir impulsando políticas para transformar, convocamos a todas as mulleres e homes militantes e simpatizantes do Partido Socialista e a toda a sociedade aos actos conmemorativos e reivindicativos do Día do Orgullo LGTB que se convocaron en todo o territorio español e especialmente á manifestación estatal que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de xullo, en Madrid.

Santiago, 28 de xuño de 2010.

domingo, 27 de junio de 2010

HOLA, ESTAMOS AQUÍ

Manifiesto del dia del Orgullo LGTB en la ciudad de A Coruña. Este manifiesto esta apoyado por A.L.A.S Coruña, MILHOMES y 7 CORES.

Además se han adherido el BLOG Canton Oscuro, la Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, CCOO de Galicia, PSdeG-PSOE, UGT coruña, Mulleres Progresistas de Galicia, ONGD ECODESARROLLO GAIA.

HOLA, ESTAMOS AQUÍ

El lema que hemos elegido este año parece muy simple y muy evidente, pero también creemos que es muy necesario. Durante los últimos años, hemos sacado a relucir temas, sin duda muy importantes y trascendentes, como la doble discriminación lésbica, la memoria histórica, o la problemática transexual. Pero hoy creemos que se hacía necesario volver a los inicios de nuestro movimiento, volver a una proclama tan sencilla como que “estamos aquí”.
Las personas Homosexuales, Transexuales y Bisexuales Estamos Aquí: vivimos aquí, trabajamos aquí, estudiamos aquí, compramos aquí, criamos a nuestros hijos aquí, reímos y lloramos aquí, rezamos aquí, amamos aquí, morimos aquí… No somos un fenómeno televisivo, ni vivimos solamente en grandes capitales; no somos algo ajeno, extraño o lejano. Las personas Homosexuales, Transexuales y Bisexuales somos parte de esta, nuestra sociedad, la de todas y todos; somos vuestros vecinos y vecinas, y compartimos vuestras vidas. Algo tan evidente, y que sin embargo se ha pasado por alto en numerosas ocasiones.
A día de hoy, la Ley dice que somos iguales. Sobre el papel, tenemos los mismos derechos y las mismas obligaciones que cualquier otro ciudadano. Pero la realidad de nuestras vidas es muy diferente, ya que no tenemos la libertad para ejercer esos derechos. Falta mucho por hacer en muchos terrenos, pero la principal batalla la estamos librando en nuestro día a día.
Y el día a día demuestra que hace falta retomar un argumento tan simple como que “Estamos Aquí”: Todavía hay mucha gente en esta sociedad que no se ha dado cuenta de que Estamos Aquí. Todavía vemos miradas de extrañeza, gestos de sorpresa o incluso ademanes de rechazo y de odio cuando hacemos cosas que para la mayoría de la gente son naturales, como hablar de nuestra pareja, besarnos, o pasear con nuestr@s hij@s. Todavía sentimos temor o reparos para hacerlo. Todavía se nos prejuzga, se nos coarta, y en muchas ocasiones incluso se nos agrede.
Y por esto tiene sentido un día como hoy, por que pese a todo, estamos orgullos@s. Orgullos@s de ser galleg@s, orgullos@s de nuestros trabajos, orgullos@s de nuestr@s hij@s, y también, cómo no, orgullos@s de ser Homosexuales, Transexuales y Bisexuales, de formar parte de esta sociedad y de seguir contribuyendo a que el mundo sea un poco mejor para tod@s.
Hoy os invitamos a uniros a nosotr@s. FELIZ DÍA DEL ORGULLO.

JESUS PEDREIRA E EVA MOREIRA GANADOR@S DO CONCURSO LITERARIO TRASGRAFIAS. VIDA EN 7 CORES 2010

Reunido o xurado do concurso literario do grupo LGTB dos socialistas galegos "TRASGRAFIAS, VIDA EN SETE CORES", composto por Tamara Canosa, Yolanda Castaño, Mar Barcon, Xose Anton García Ferreiro, Jonathan Da Silva, Pablo García, Fito Ferreiro e Laura Seara,
resolve dar os seguintes premios,

ACCÉSIT con 50 euros y un regalo a obra
RAUL de Eva Moreira Fontán

1º PREMIO con 150 euros y un regalo a obra
TOUT LES GARCONS TE LES… de Jesús Enrique Pedreira Quintela


Santiago, 25 de Xunio d0 2010

viernes, 25 de junio de 2010

16 de Xuño, dia Grande do Orgullo na Coruña

Mañá sábado, día 26 de xuño, terán lugar os actos centrais da
celebración do Día do Orgullo en A Coruña, uns actos centrados nesta
ocasión na visibilidade e que se recolle o seu espíritu no lema "Ola,
estamos aquí" facendo ver a todos que os gais, lesbianas, transexuais
e bisexuais tamén forman parte da cidadanía.

As 20:00 horas, dende a Praza das Escravas, sairá o Tranvía da
Diversidade. Posteriormente ás 21:00 horas e na Praza de María Pita
terá lugar unha concentración, para posteriormente, as 22:00 horas e
na Praza de Azcárraga o concerto que correrá a cargo dos DJ's Guille
e Mr. Bagalú e coa actuación do grupo "Ellos". A mestra de cerimonias
será a travesti Afrodita e acompañada de varias amigas.

Son convocantes destes actos os grupos LGTB MILHOMES, A.L.A.S. Coruña
e 7Cores, contando tamén coa colaboración do blog de La Opinión
Cantón Oscuro e co apoio da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda,
CC.OO. de Galicia, UGT de Coruña, PSdeG-PSOE, Mulleres Progresistas de Galicia e a ONG ECODESARROLLO GAIA.

jueves, 24 de junio de 2010

A OIT aproba a primeira norma internacional para combater a discriminación dos enfermos de VIH/SIDA no traballo


XENEBRA, 17 de xuño
   A Organización Internacional do Traballo (OIT) aprobou este xoves por maioría a primeira norma internacional para combater a discriminación dos enfermos de VIH/SIDA no lugar de traballo. A recomendación, non vinculante, insta aos países a crear programas de prevención da SIDA nas empresas e a axudar aos traballadores infectados a seren produtivos durante o maior tempo posible.
   Funcionarios gobernamentais, grupos empresariais e sindicatos aprobaron por ampla maioría esta medida na conferencia anual da OIT, tras dous anos de discusións. O acordo tamén cobre as Forzas Armadas e os servizos uniformados, informou hoxe a axencia da ONU.
   "Coa recomendación podemos garantir a confianza na seguridade laboral e no acceso ao tratamento --dixo Sophia Kisting, directora do programa da OIT para o VIH e a SIDA no mundo do traballo--. Queremos eliminar o silencio e a vergonza en torno a isto e facerlle saber á xente que non perderá o seu traballo e non será marxinada", asegurou aos periodistas.
   Agora, os 183 estados membros da axencia da ONU deberán decidir como integran o principio internacional ás súas políticas e lexislacións nacionais.
   Nacións Unidas estima que 33 millóns de persoas en todo o mundo están infectadas co virus que causa a SIDA e di que as persoas están vivindo máis tempo grazas á dispoñibilidade de fármacos.
   A recomendación é menos poderosa ca unha convención da OIT que require ratificación, pero busca harmonizar os programas.
   "Deica o día de hoxe, o estigma e a discriminación seguen significando perda de empregos, falta de acceso a postos de traballo e que a través do medo e a tardanza en realizarse o test de VIH pódese perder unha vida", dixo Kisting.
   Os empregadores deben acomodar aos traballadores infectados e formalos para que adquiran novas capacidades. O apoio psicolóxico dos colegas cando un está enfermo (...) é moi importante para impulsar as ganas de vivir", concluíu.

miércoles, 23 de junio de 2010

CHARLA EDUCACIÓN e LGTB



Continúan na cidade da Coruña os diferentes actos que se encadran dentro das actividades previstas para a celebración do Orgullo LGTB. Mañá xoves 24, o protagonismo recaerá no escritor Jesús Generelo, especialista en educación e que xa ten varios libros acerca da problemática LGTB. Generelo será o encargado de conducir o taller "Educación Afectivo Sexual" destinado a educadores e que comezará ás 17:00 horas no Centro Cívico de Labañou. Os interesados en participar neste taller deberán formalizar a súa inscrición chamando ao 696927069. Posteriormente, ás 19:00 horas e no mesmo escenario, o Centro Cívico de Labañou, terá lugar unha charla aberta co título "Educación e o Mundo LGTB".

ÍMONOS O ORGULLO DE MADRID EN BUS



Sairemos o venres 2 ás 2:30 da mañá.
Chegaremos sobre as 10:00 a Madrid.

Pasaremos o sabado 3 de Xullo en Madrid para asistir á manifestación do orgullo 2010 que sae ás 18:00

Despues de cenar e unha copa volverémonos para Galicia, a saída sera a iso das 2:30 da noite.

Para anotarte, chama o 69 69 270 69 (Fito) o manda un mail a lgtb@psdeg-psoe.org

O GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS DE GALICIA VISITA O CONCELLO DE PONTEVEDRA


A tenente de Alcalde do Concello de Pontevedra, Teresa Casal e a concelleira de Benestar Social, Margarita Castejón reuníronse con representantes do grupo de homosexuais e transexuais dos socialistas de Galicia 7 Cores.

Esta visita enmárcase dentro das xuntanzas que o grupo LGTB 7COREs esta realizando nos diferentes concellos galegos para explicar os plans de traballo que está a desenrolar e presentar varias propostas de traballo en prol de seguir traballando pola igualdade real das persoas transexuais e homosexuais.

Fito Ferreiro, coordinador do grupo, destacou que "débese traballar na educación, na visibilidade e na normalización. Quédanos moito traballo que realizar ata chegar á igualdade real, como ben saben as mulleres."

Teresa Casal fixo fincapé en que "a igualdade real debe ser unha loita onde debe implicarse toda a sociedade; os gais, lesbianas e transexuais deben ser acompañados polo resto da sociedade."

Margarita Castejón contestou á pregunta feita por unha periodista na que se cuestionaba porqué seguíamos loitando se xa tiñamos a igualdade afirmando que "non é certo que estea todo feito. A igualdade legal existe, pero como ben sabemos as mulleres, logo de trinta anos despois de conseguir os nosos dereitos legais inda seguimos traballando por conseguir a igualdade real. Unha lei soe ser un punto de partida, non o final".

Na reunión falouse do proxecto para o Servizo de Mediación e Información LGTB. Por parte de 7CORES explicouse como está funcionando en A Coruña e Lugo. Unha oficina cun técnico municipal especialista en temática LGTB que serve de apoio ás persoas que teñen dúbidas, ós seus amigos ou familiares. Tamén encargaríase de preparar e realizar campañas de visibilidade, normalización sobre o feito homosexual, transexual e bisexual. Do mesmo xeito encargaríase de realizar charlas en colexios, institutos, asociacións, sindicatos,...

A concelleira de benestar apuntou que lle agradaba a idea e que lle gustaría que se traballara transversalmente en todos os estamentos do Concello, unha achega que nos pareceu moi interesante e coa que estivemos de acordo os membros de 7CORES alí presentes.

Pola nosa parte, presentóuselle a posibilidade de realizar cinefórums, exposicións, charlas, teatro… tanto dándolles un empaque especial "visibilizando" como dentro da programación habitual cultural que axude a normalizar a realidade LGTB.

Margarita Castejón comprometeuse a que o proxecto pasará a ser estudado polos técnicos municipais para logo estudalo nos órganos correspondentes e poñelo a traballar o mías pronto posible.

Este sería o terceiro Servizo Municipal de Mediación e Formación LGTB que se poría en marcha en Galicia, co que se empezaría a cumprir os obxectivos do grupo LGTB dos socialistas de Galicia de crear unha rede de técnicos que axude a normalizar, educar e normalizar a nosa situación. Unha rede que abarcaría a poboación das principais cidades galegas e as súas comarcas. Despois empezaríamos a traballar en extender o servizo ás cabeceiras de comarca, para poder traballar no rural galego, onde tal vez necesiten máis este servizo, inda que polas mesmas circunstancias é máis difícil de implantar.

PONTEVEDRA ORGULLO 2010 EN EL PLAFF

ORGULLO 2010 EN EL PLAFF

CINE DE AMBIENTE:

- Martes 22: "Lazos
ardientes" (Bound, 1996) de los hermanos
Wachowsk.
Mas info:
http://www.labutaca.net/films/1/lazosard.htm

- Jueves 24: "Entiendes"
(Pourquoi pas moi?, 1999) de Stéphane Giusti.
Más
info: http://es.unifrance.org/pelicula/15647/pourquoi-pas-moi


- Semana del 28 de junio
al 4 de julio: 2 pelis más (fechas por confirmar)


FIESTA DEL
ORGULLO: viernes 25 de junio de 00:00 a 4:00 (con regalos y alguna sorpresa)

NOS VEMOS ALLÍ!!!

Café-Bar PLAFF
Oliva 8, Casco Vello
Vigo (Pontevedra)

Web: www.bar-plaff.tk
Facebook:
http://es-es.facebook.com/pages/Vigo-Spain/PLAFF/46019102766
Windows
Live: http://bar-plaff.spaces.live.com/
Myspace:
http://www.myspace.com/barplaff

lunes, 14 de junio de 2010

O Parlamento islandés aproba por unanimidade o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

O Parlamento de Islandia aprobou o pasado venres por decisión unánime a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Deste xeito os 49 membros do Althingi—ou Asemblea Xeral-- acceden a modificar o termo "matrimonio" na lexislación para que pase a definir tamén ás unións entre "home e home", así como "muller e muller".
A Igrexa protestante de Islandia aínda ten que decidir se permite os matrimonios de persoas do mesmo sexo, aínda que a lei nacional establece que "os ministros serán sempre libres para celebrar cerimonias matrimoniais (gais), pero nunca estarán obrigados".
O país escandinavo, cuns 320.000 habitantes, converteuse o ano pasado no primeiro estado do mundo en elixir democraticamente a unha persoa gai declarada como xefa do Goberno, a socialdemócratata Johanna Sigurdadottir.

viernes, 11 de junio de 2010

ACTOS DO ORGULLO LGTB 2010 NA CORUÑA


ACTOS

- DO 17 AO 29 DE XUÑO
Centro Cívico de Labañou

EXPOSICIÓN DO PINTOR CORUÑÉS MONBEAR  “UN OSO, DOS OSOS, TRES OSOS...”

- XOVES 17 DE XUÑO
Explanada do Pavillón de Deportes
20:00 PARTIDO DE VOLEIBOL, “I TORNEO DA DIVERSIDADE”.
20:45 DESPREGUE DA BANDEIRA DO ORGULLO LGTB
21:00 ACTUACIÓN DE SILVIA PENIDE E MANU CLAVIJO

- VENRES 18 DE XUÑO
Centro Cívico de Labañou
FESTA ABBA CON IVÁN FLASHBACK E LOS DANCING QUEEN (grupo de versións de ABBA)
Trae a túas mellores galas dos anos 70 e 80.

- MARTES 22 DE XUÑO
Centro Cívico de Labañou

20:00 MESA REDONDA “Estereoptipos, de representaciones Diversas”
Co pintor MONBEAR e representantes dos colectivos LGTB da cidade.

- XOVES 24 DE XUÑO
Centro Cívico de Labañou
17:00 TALLER “EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL”
con JESÚS GENERELO (Coordinador de educación da FELGTB)
19:00 CHARLA DE JESÚS GENERELO
"EDUCACIÓN Y EL MUNDO LGTB"

- SÁBADO 26 DE XUÑO

20:00  TRANVÍA DA DIVERSIDADE
SAÍDA DESDE AS ESCRAVAS.
21:00  CONCENTRACIÓN DIA DO ORGULLO NA PRAZA DE MARÍA PITA.
Lema “OLA, ESTAMOS AQUÍ”
Convocan  “MILHOMES”, A.L.A.S Coruña” e “7 CORES”
FESTA DO ORGULLO NA PRAZA DE AZCÁRRAGA.
presenta "AFRODITA"
22:00  DJ GUILLE
23:30   ELLOS
01:00   DJ MR BAGALÚ

ORGANIZACIÓN
CONCELLO DA CORUÑA
CONCELLARÍA DE DEPORTES
CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL
CONCELLARÍA DE FESTAS
CONCELLARÍA DE MOBILIDADE
COLECTIVO LGTB “MILHOMES”
COLECTIVO LGTB “A.L.A.S.” CORUÑA
BLOG CANTÓN OSCURO
GRUPO LGTB DA CORUÑA “7CORES”
ASOCIACIÓN COMERCIAL E EMPRESARIAL CIUDAD ANTIGUA (A.C.E.C.A.)
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

PROGRAMACIÓN ORGULLO 2010

miércoles, 9 de junio de 2010

SE NON CREN NOS TEUS DEREITOS, NON FINANCIES A INTOLERANCIA


O grupo de gais, lesbianas e transexuais dos socialistas de Galicia está realizando unha campaña para que marques a casilla de fins sociais na túa declaración da renda.

SE NON CREN NOS TEUS DEREITOS, NON FINANCIES A INTOLERANCIA é o lema desta campaña que se está levando a cabo a través das redes sociais de internet e os diferentes blogs.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE di que todos debemos ser responsables co que facemos e cada ano temos unha oportunidade de mostrar o noso rexeitamento ós que empregan o seu esforzo e diñeiro en fomentar o odio cara nós.

Por iso solicitan que cando fagas a túa declaración da Renda marques a casilla de fins sociais, axuda ás ONG’s, axuda á xente que o necesita. Recorda que os outros tamén o fan, pero só cunha parte do teu diñeiro, co resto pagan as súas emisoras e prensa dende onde tentan, oxalá soubésemos o porqué, facernos todo o dano que poidan.

Ten isto en conta, a todos cústanos moito gañar o noso diñeiro e obrigatoriamente unha parte do teu irá destinada a estes fins.

Sé solidario contigo mesmo e cos demais. Por iso, marca o X dos fins sociais.