sábado, 30 de mayo de 2009

CEA 7 CORES CO ESCRITOR MANUEL RIVAS

APRAZADA APRAZADA APRAZADA APRAZADA APRAZADA APRAZADA APRAZADA

Por motivos de axenda de Manuel Rivas temos que aprazar a cea ata Setiembre. Avisarémosvos proximanete da nova data. Desculpar as molestias. Saudos.




Volvemos coas ceas 7 cores. Esta vez co escritor Manuel Rivas. Con él charlaremos e compartiremos nosas vivencias dunha forma moi humana e amena. Estaremos coa persoa non co escritor.


Sera o venres 12 de Xuño ás 22:00 no restaurante GORENCIA na Rúa Cordelería, 63, xunto á igrexa Castrense en San Andres. O menu é pechado e seran 20 euros. Por favor apuntarvos e poder facer a reserva escribir ao mail lgtb@psoecoruna.org.

GRACIAS

Me viene a la mente una conversación que tuve con Laura en una de las dos ocasiones en las que coincidimos en alguna reunión por temas LGTB. Hablando de la situación actual del movimiento LGTB, los dos reconocíamos que la parte que todavía está más desprotegida y vulnerable es la T, los y las Transexuales. Ella me contaba la experiencia que había tenido una compañera que llevaba más de un año ejerciendo de trabajadora del hogar en una vivienda. Ella realizaba muy bien su trabajo, hasta el punto que la dueña de la vivienda, y su jefa al fin y al cabo, le pidió que le trajera sus datos porque quería hacerle un contrato y así poderle ayudar a regular su situación en el país. Ella, completamente emocionada se los trajo al día siguiente, y su jefa la puso de patitas en la calle tras comprobar que en el carnet ponía “Jose” y ella era “María”. Ella no podía denunciar, solo podía tragarse sus lágrimas y empezar a buscar otra cosa que en la mayoría de las ocasiones termina siendo la prostitución porque es de los pocos oficios en los que nunca tienen contrato de trabajo y nadie les amargará la vida por eso… ella no puede acudir a la policía y servirse de nuestro estado de derecho para que esa “persona” para la que había trabajado con cariño y la que; no solo no había hecho falsedad documental, no, simplemente no había hecho un documento indispensable en una relación laboral como es un contrato de trabajo, diese cuentas a la policía. Ella no lo puede hacer porque en ese mismo momento será detenida y devuelta a su país, sin importar si en ese país puede ser encarcelada, apedreada o asesinada impunemente por el simple hecho de su transexualidad. Sí señores, de este tipo de cosas estamos hablando. Estas son las cosas con las que Laura se encontraba cada mañana en su trabajo en la CIG. Con este tipo de injusticias tenía que lidiar, con esta costumbre de la sociedad de mirar hacia otra parte cuando no nos conviene… todos conocemos a gente jubilada que está trabajando, a gente que tiene a su cargo personas sin el debido contrato, gente que utiliza a amigos para que les cuelen en las listas del Sergas, ¿y yo se supone que debo rasgarme las vestiduras y cargar contra la compañera Laura Bugallo, por haber cometido algunas faltas en la tramitación de documentos? No señores no, no voy yo a defender las ilegalidades pero hasta que esta sociedad cambie, hasta que nuestro gobierno se de cuenta de que la situación de estos inmigrantes es sumamente especial y delicada y que no se les puede tratar con la misma vara de medir; hasta que esta sociedad en la que vivimos deje de jactarse de cometer cientos de irregularidades y conseguir que no les pillen no voy a ser yo el que criminalice a Laura; es más, todo lo contrario.
Gracias Laura, gracias por poner en peligro tu seguridad, gracias por arriesgar la normalidad de tu vida por que otras compañeras puedan llegar algún día a tener su “normalidad”. Gracias por hacer algo, aunque pueda no ser demasiado ortodoxo; porque a esas compañeras y compañeros indefensos puedan llegar a ser ciudadados de primera. Gracias por no mirar hacia otro lado y hacer algo para que todo cambie…
Cada segundo que Laura ha pasado en comisaría, el movimiento LGTB en Galicia ha estado indefenso. Cada segundo que ella ha tenido que estar explicando papeleos en vez de explicar la situación increíble e indigna a la que se ven sometidas nuestr@s compañer@s ha sido un segundo malgastado y no amigos, en el movimiento LGTB, no estamos en condiciones de malgastar segundos, los necesitamos todos para ayudar a esas personas que por la “disforia” de nuestra sociedad se ven abocadas a terminar en un mundo marginal si no es porque gente como Laura hace algo para evitarlo. Una vez más, y no me cansaré de repetiro, GRACIAS LAURA.

Isaac Gonzalez
Grupo LGTB del PSdG-PSOE 7 Colores

viernes, 29 de mayo de 2009

LAURA BUGALLO... E TODAS AS DEMÁIS



Laura Bugallo, activista, transexual, migrante nun mundo feito de opostos home e muller, leva anos axudando a outras migrantes de países diferentes, de xéneros diferentes aos aprendidos dende nen@s e que marca as vidas de tad@s nós por inclusión, lesbianas, gays, e desviad@s en xeral, que temos sido perseguidos e marxinad@s durante décadas e seguimos a selo (para mostra a marcha en Rusia do 16 de maio en Moscú) forzad@s a migrar das nosas casas e familias, das nosas cidades, dos nosos países... É aí onde entra en xogo a labor de Laura, como parte do sindicato CIG leva axudando a migrantes transexuais dende hai máis de 13 anos para conseguir unha vida, negada en moitos dos casos na súa propia terra.
Laura foi detida o martes en Compostela, acusada de falsificación de documentos séndolle requisados parte deles do seu posto de traballo no sindicato. As mostras de apoio non se fixeron esperar na rede, por sms, boca a boca. O mércores manifestáronse uns centos de persoas nesa cidade pedindo a liberdade desta traballadora polos dereitos de persoas que sofren o acoso de autoridades e leis que globalizan a crise e centralizan o dereito á vida. Finalmente foi liberada o Xoves a primeira hora da tarde, acusada de “falsificación documental continuada”.
Dende o colectivo LGTB 7Cores queremos amosar o noso apoio cunha colaboradora dos colectivos dobremente discriminados por motivos de sexualidade e xénero, como integrante e fundadora do grupo Transgaliza. A actividade que Laura levaba a cabo servía de moito a moit@s que, coma ela, tiveron que loitar por poder adquirir algo tan sinxelo como unha identidade coa que recoñecerse por dentro e fora. Temos que por sobre a mesa a situación que están a sufrir e levan sufrindo miles de transexuais en países con lexislacións moi severas e ríxidas que non facilitan os cambios de sexo, que non axudan a conseguir un estatus que por nacemento debía ser de tod@s, o de persoa. Entre moitos de exemplos están a autohormonación, o tráfico de sustancias que cambian o corpo, e como medio, o negocio da prostitución, o xeito máis fácil de manter controlado un sector de poboación que doutra maneira sería perigoso por mal visto, por cambiar conceptos morais arraigados nunha sociedade na que aínda hai que estar enfermo para poder escoller o sexo ao que pertencer. A disforia de xénero sigue sendo unha arma en manos do poder médico, que fai migrantes a quen non se quere quedar no seu corpo, e obriga a conseguir de xeito ilegal sustancias, operacións e formas de vida que poidan levar a unha persoa a vivir a gusto consigo mesma.
Afortunadamente Laura xa está libre, pero con ela están tod@s @s trasnsexuais que acabaron na cárcere froito de intentar conseguir diñeiro para as súas operacións, para as súas vidas precarias. Tras ser detida no seu posto de traballo, retida 48 horas na comisaría, interrogada e inspeccionada a súa casa, Laura foi absolta, falta por saber onde rematará a historia tras a revisión xudicial. Dende o colectivo LGTB do PsdG-PSOE manifestamos o noso apoio unánime a Laura, igual que a todas as persoas que ten axudado a conseguir papeis e traballo, porque como migrantes dentro das nosas propias vidas, sentímonos atacad@s na nosa dignidade.
Nelson G. Rodríguez Avilez
Grupo LGTB do PsdG-PSOE 7Cores

miércoles, 27 de mayo de 2009

Zerolo define a Mayor Oreja como un "perigo para a diversidade" de Europa



O secretario de Movementos Sociais do PSOE, Pedro Zerolo, animou a toda a cidadanía a votar nas próximas eleccións europeas do 7 de xuño pola nova Europa social, tendo ademais en conta que o candidato popular a estes comicios, Jaime Mayor Oreja, "é un perigo para a diversidade". Zerolo, que visitou esta tarde Palma para acompañar á candidata socialista de Baleares ao Parlamento Europeo, Teresa Riera, nun acto electoral, asegurou que a defensa dunha Europa social e da diversidade "só pode vir" do PSOE. Neste sentido, lembrou que o propio Mayor Oreja, cabeza de lista do PP ás europeas, votou sistematicamente nos últimos anos en contra de todas as propostas relacionadas coa ampliación de dereitos, co amparo de calquera minoría, co progreso social e coa igualdade entre homes e mulleres. "O candidato (do PP) pertence á á dereita da dereita europea", salientou Zerolo, quen acusou aos populares de non crer na Europa social, política e economicamente sostible, "onde seguen estando os euroescépticos e mais os eurófobos". A xuízo do político socialista, estas eleccións europeas son "máis importantes que nunca" porque Europa "necesita un impulso" que, segundo Zerolo, "só pode vir de España, país que nos últimos anos se converteu en referente na aposta polo benestar público e pola perspectiva de xénero". Non obstante, malia a importancia que na súa opinión teñen as vindeiras eleccións "nelas non se decide o goberno de España, senón o futuro de Europa", aclarou. Os socialistas defenderán en Europa a igualdade, as políticas públicas (en educación, en sanidade, no sistema de dependencia), a cobertura social dos traballadores e levarán ao Parlamento Europeo un modelo económico "sostible, verde e social", asegurou. Unha aposta que, segundo lembrou Zerolo, o Goberno reforzou onte coa aprobación dun informe que será a base da próxima convocatoria das subvencións provenientes da recadación do 0,7 por cento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Isto, aclarou, supón subir a aposta polas políticas sociais do 0,52 por cento ao 0,7: "De 130 millóns pasou a 190", concretou o socialista. Zerolo engadiu que o novo modelo de crecemento que formula o Goberno está baseado en boa medida no terceiro sector, na economía social. De feito, o 12,5 por cento do emprego en España está dentro dese sector e o 10 por cento do PIB provén desta economía, detallou. "Isto é o que os socialistas trasladaremos a Europa",

domingo, 24 de mayo de 2009

Constitución do grupo Sectorial de Gays, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais do PSdeG



Seara cre que coa constitución deste grupo "o PSdeG dá un paso máis na loita polos dereitos, a democracia, a pluralidade e a igualdade"


A Secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais, Laura Seara, presentou hoxe en rolda de prensa a constitución do Grupo Sectorial de Gays, Lebianas, Transexuais e Bisexuais do PSdeG, co que “este partido dá un paso máis na loita polos dereitos, a democracia, a pluralidade e a igualdade”. Seara salientou que “coa constitución formal deste grupo colocámonos unha vez á cabeza dos países máis avanzados do mundo”, e avanzou que traballarán intensamente na nova Lei que está preparando o Goberno central, a Lei de Igualdade de Trato e Contra a Discriminación, e para que as insticións educativas aumenten o esforzo para combater a homofobia”. Neste sentido instou ao PP a que “cese o boicot a Educación para a cidadanía, tanto en España como en Galicia”, e “que o goberno da Xunta non siga por esa senda, porque nin a cidadanía nin as xeneracións futuras llelo perdonarían”.

Ademais lembrou que o pasado 17 de maio celebrouse o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, e que espera que no Parlamento de Galicia sexa aprobaba unha iniciativa parlamentaria presentada polo Grupo Socialista para darlle un pulo máis a esta declaración”. Por último, Seara afirmou ter “enormes esperanzas” neste grupo e estar convencida de que “hoxe o PSdeG é un pouco máis valiente, máis igualitario e máis xusto”.

O coordinador deste grupo, Fito Ferreiro destacou a importancia de seguir traballando duramente, porque despois da aprobación da Lei dos Matrimonios Homosexuais parece que hai certo relaxo, “pero a dereita sempre está ahí e intenta quitarnos os dereitos poñendo trabas na adopción de nenos ou boicoteando a asignatura Educación para a Cidadanía”.

O grupo, dixo Ferreiro, “debe servir de correa de transmisión entre a sociedade e o partido”, e os seus obxectivos serán “aumentar a visibilidade deste colectivo social e fomentar a educación na tolerancia”.Ademais Ferreiro explicou que queren poñer en marcha un servizo de mediación social formado por educadores sociais e psicólogos , e crear u novo punto de atención centrado nos pais, que moitas veces non saben onde obter información.

“Queda moito por facer, pero estamos contentos poque temos políticas a nivel estatal que son a envexa do resto dos países”, conluiu.

miércoles, 20 de mayo de 2009

FISCAIS CONTRA A DISCRIMINACIÓN DE TIPO SEXUAL

O Executivo que preside José Luís Rodríguez Zapatero está estudando a posibilidade de crear grupos de fiscais especializados contra a discriminación por orientación sexual, identidade de xénero, raza e contra outras formas de exclusión.
Esta medida tomaríase como parte da futura Lei de Igualdade de Trato, na que traballa o Ministerio de Igualdade, e cuxo borrador farase público en poucos meses.

AGRESION EN MADRID O DÍA CONTRA A HOMOFOBIA


"Eu non teño por que consentir que ninguén me chame pola rúa maricón, pero menos aínda ese día". Todo ocorreu o pasado domingo, cando se celebrou en todo o mundo o Día Internacional contra a Homofobia. Como en moitas outras cidades, o colectivo de activistas universitarios polos dereitos dos homosexuais Arcópoli convocara un acto reivindicativo no centro de Madrid, en plena Praza Maior. Envolvidos en bandeiras arcoiris, medio centenar de moz@s realizaron unha bicada, e mostraron públicamente o seu afecto.


Pero este xesto non gustou a todos os presentes. Cando un dos activistas que participou no acto abandonaba o lugar, un trío de rapazes comezou a seguirlle rúa abaixo mentres lle agredían verbalmente. "Nun día de reivindicación como o do domingo non ía tolerar nin unha risita, nin un mal xesto; menos aínda eses insultos", recordou onte a vítima desta agresión. "Así que me virei e díxenlles que me respectasen e deixasen de seguirme", engadiu. Segun o activista, os insultos se agravaron e pasaron de chamarlle "doente" a ameazarlle con que ía ser un "maricón morto" e que lle ían "a cortar a polla e meterlla polo cu".


"En el pueblo español no cabe gente como tú", le gritaron al joven activista, justo antes de que uno de los agresores le obligara a apartarse para evitar ser golpeado. La víctima se dirigió entonces a uno de sus atacantes. Le recordó la fuerte presencia policial que hay en la zona, frecuentada por multitud de turistas, y le anunció que pensaba denunciarles, con lo que logró intimidar a los provocadores.

Denuncia reivindicativa

Dicho y hecho. Minutos más tarde, y acompañado por la Policía Nacional, logró identificar de nuevo a sus agresores, contra quienes interpuso una denuncia. El trío de alborotadores se defendió ante la autoridad asegurando que el joven gay le había tocado el culo a uno de ellos, un "topicazo insultante", según H. R.
"El policía que me acompañaba era reacio a que les denunciara; me dijo que con el tirón de orejas era suficiente", critica H. R., que aun así cumplimentó su acusación en comisaría. Acompañado, eso sí, por una veintena de activistas a los que convocó para evitar posibles represalias. "Pensé: hoy más que nunca, toca dar la cara y denunciar hechos como los que me acababan de suceder", asegura el joven.
El Día contra la Homofobia y la Transfobia celebra que, hace 19 años, la Asamblea General de la Organización Mundial de la Salud (OMS) decidió sacar de su catálogo de enfermedades mentales la homosexualidad. "A mí me llamaron, precisamente, enfermo, lo que demuestra que todavía falta mucho camino por andar", se lamenta H.R.
"La gente disfruta mucho con el desfile del Orgullo Gay, todos se felicitan y sale gente disfrazada en todas las televisiones. Pero es bastante común encontrarte con alguien que se gira cuando te besas con tu pareja, que cuchichea, que te señala", reprocha H. R. Y agrega: "Es muy fácil apuntarse a la fiesta del Orgullo, pero no es tan fácil dar la cara contra la homofobia real, la de todos los días".
El manifiesto leído el domingo por los colectivos de gays, lesbianas y transexuales recuerda que la "igualdad legal" no puede hacer olvidar a los españoles que todavía existe una discriminación en forma de "odio o desprecio" que debe denunciarse.

Nova sacada do periodico "EL PUBLICO"

lunes, 18 de mayo de 2009

AUTOBUS AO ORGULLO 09 DE MADRID

Este ano queremos volver ao ORGULLO de Madrid. Seria marchar a noite do venres 3 de Xullo ao sabado, e volver como o ano pasado. Os interesado podeis ir escribiendonos para reservar praza. Necesitamos ser un minimo de persoas para poder alugar o autobus. Asi que animarvos.
A manifestación e o sabado 4 de Xullo. Escribir a lgtb@psoecoruna.org.

VIDEOFORUM “ADOLESCENCIA E HOMOSEXUALIDADE” coa pelicula “BEAUTIFUL THING”


Este sabado 23 de maio na sala de televison do FORUM METROPOLITANO a partir dás seis dá tarde.
Despois de ver a pelicula charlaremos sobre a problemática dos mais xovenes no seu entorno, familia, colexios, amigos.... Contaremos coa presenza de Izam, rapaz coruñes que tivo que cambiar de instituto pola homofobia que sufriu.
Recomendamos a asistencia non só as xentes homosexuais e transexuais, senón a familiares, amigos e aquelas persoas que queran achegarse a problemática dos xovenes homosexuais.




A Pelicula

Reino Unido. 1996. 97 min. Director: Hettie McDonald. Intérpretes: Glen Barry, Scott Neal, Linda Henry, Tameka Empson.

Dous adoslescentes, Jamie e Steve que viven en Thamesmead, un dos barrios máis humildes de Londres, descobren que se namoraron o un do outro. Van xuntos ao instituto, un lugar onde Jamie é rexeitado polos demais, mentres que Steve está perfectamente integrado no equipo de fútbol. Con todo, as súas vidas non son fáciles. Jamie vive coa súa nai, que traballa como camareira nun pub, e que non ten parella estable. Doutra banda, Steve ten que aguantar as malleiras e humillacións ás que lle someten o seu pai e o seu irmán maior. Precisamente unha noite Steve debe refuxiarse en casa de Jamie porque o seu pai pegoulle e teñen que compartir habitación e... cama. A partir de aí danse conta de que o que senten é amor. A este vecindario de tolos hai que engadir a Leah (Tameka Empson), unha moza negra que vive na porta de á beira, que vive con Mamma Cass e pásase todo o día escoitando discos antigos.

7CORES CELEBROU O DIA CONTRA HOMOFOBIA NO BOSQUE DAS MULLERES








































O grupo LGTB do PSOE 7cores realizou un acto para celebrar o dia contra a "HOMOFOBIA e TRANSFOBIA". Foi no bosque das mulleres xunto a arbore de Marcela e Elisa. Neste acto falaron Fito Ferreiro cordinador do grupo que falou de que " a homofobia non permiteu que Elisa e Marcela poderan vivir seu amor" ademas de recordarnos de que "facia 19 anos de que a homosexualidade deixara de ser unha enfermidade, moi pocos anos para a historia da humanidade", Jacinto Parga secretario de organización do PSOE deCoruña falou do compromiso do PSOE de A Coruña con las gentes LGTB, Obdulia Taboadela, concelleira de Urbanismo do concello de Coruña ademai de reafirmar o compromiso do concello cas politicas LGTB, falou da complicidade do colectivo das mulleres progresistas co noso colectivo. Nelson Gabriel Rodríguez, membro de 7Cores, se encargou de leer o manifesto. Despois actuaron o grupo SUTRA SOUND mentras se depositaba un ramo de frores como ofrenda.

domingo, 17 de mayo de 2009

MANIFESTO DO GRUPO LGTB DO PSOE DE A CORUÑA 7 CORES POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA

Cada 17 de maio lembramos a fin da falacia científica que convertía as persoas homosexuais en enfermos mentais; desde aquel día de 1990, a comunidade médica deu o paso –no mundo do saber-, do escurantismo supersticioso á madurez humanista. Hoxe a ciencia procura coñecer máis sobre o ser humano para incrementar a súa felicidade, sen cualificar moralmente as súas circunstancias persoais, malia que aínda hoxe sexamos testemuñas de teorías pseudo-científicas coas que a homofobia e a transfobia tratan de enmascararse. Aínda hoxe seguimos a demandar a despatoloxización da transexualidade, que algúns tratan de manter.
Do mesmo xeito, no mundo do dereito pasouse da discriminación e a persecución legal xeneralizada (detencións arbitrarias, fustigamento, torturas, cárcere, desprotección fronte ás agresións de particulares e autoridades, aniquilamento en campos de concentración e pena de morte, situacións que aínda se dan en moitos países) á neutralidade da despenalización ou ao enfoque progresista e transformador da realidade que a lexislación sobre igualdade no acceso ao matrimonio ou o dereito á identidade de xénero procurou.
Queda aínda pendente na maioría das nosas sociedades o gran salto adiante na igualdade real, social e integral das persoas homosexuais, bisexuais e transexuais en todos os ámbitos:la educación, o mundo do traballo, o acceso igualitario aos bens e servizos, os medios de comunicación, a realidade rural, etc.
Reivindicamos a iniciativa do noso Partido neste sentido coa Lei de Igualdade de Trato e contra a Discriminación que o Goberno remitirá ás Cortes nos vindeiros meses, así como os Plans de Igualdade que leven adiante estas políticas en todos os ámbitos sinalados.
É o noso compromiso coa xustiza e coa continuidade do proxecto de dignificación da nosa sociedade levado a cabo polo Goberno e o Partido Socialista. Será tamén unha homenaxe a todas e todos os que nos precederon na loita pola igualdade, e a todas e todos quen, aínda hoxe, sofren violencia física ou moral, medo ou limitación imposta polas súas opcións de vida por causa do odio ignorante de quen perseguen ao amor e á liberdade.
Queremos especialmente denunciar o acoso homofóbico e transfóbico que se produce na escola, causa de un de cada tres intentos de suicidio en mozos e adolescentes.
Apostamos por unha educación que promova a diversidade sexual, e que impida a violencia e a discriminación cara os mozos lgtb, e facemos un chamamento a todas as institucións educativas a que impulsen con maior ahínco as medidas necesarias para facer dos centros educativos espazos seguros para a diversidade, así como o cese do boicot cara os contidos de Educación para a Cidadanía e cara a propia materia que veñen realizando, neste eido, os sectores conservadores.
Pero esta reclamación, tan próxima aos conceptos fundamentais de dignidade e igualdade esencial de todas as persoas, non debe verse limitado polas fronteiras. Debe ser universal e en nome de toda a Humanidade, así o cremos as mulleres e homes socialistas. Queremos respecto e liberdade para todas as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais en todo o mundo, para que se globalicen os dereitos, a civilidade e mais o progreso, e non só os intereses privados ou os riscos globais. O papel de España na comunidade internacional e a súa acción en cooperación son claves para iso.
Por iso saudamos o inicio do proceso de recoñecemento público deste día mediante a aprobación por unanimidade do Congreso dos Deputados da proposición non de lei socialista que insta ao Goberno á súa proclamación oficial e a promover a súa celebración a nivel internacional, para concienciar a todos os pobos e mais aos seus gobernos do perigo do odio ao diferente, e do dano que se inflixe a un importante sector das súas poboacións cuxa felicidade, integridade e vida vense ameazadas acotío.
España, coa chegada do Goberno socialista, lidera este proceso, xa que gañou un estendido prestixio internacional como exemplo da loita contra a discriminación e pola igualdade, e sen dúbida contará para esta causa co apoio doutros gobernos progresistas de Europa, e de institucións europeas como a Axencia de Dereitos Fundamentais, que nun recente informe indicou a España como exemplo nesta materia.
Este impulso europeo só será posible se a correlación de maiorías no Parlamento Europeo se decanta cara a esquerda e consegue contrarrestar as continuas resistencias, votos en contra, cuestionamentos e críticas públicas, contra as francas e abertas campañas homofóbicas da ultradereita europea e dos seus compañeiros de viaxe do Grupo do Partido Popular Europeo, dentro do cal algúns eurodeputados populares españois significáronse tristemente como cabecillas das teses máis duras, homófobas e contrarias á igualdade. Un PP que a día de hoxe aínda segue a manter o recurso de inconstitucionalidade presentado á Lei que recoñeceu a igualdade e dignidade de gais e lesbianas, un partido que se opuxo ao recoñecemento do dereito á identidade de xénero das persoas transexuais. Por iso, neste día, novamente pedímoslle ao PP que retire o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei que recoñece o dereito ao matrimonio para toda a cidadanía.
Caer na trampa do discurso que desdeña as institucións e a utilidade do voto, que desalenta a participación e sementa a apatía, é renderse ao cinismo de quen buscan interesadamente o desentendemento político da cidadanía. A resposta cívica contundente está no mesmo acto que fixo posibles cousas inimaxinables ata hai moi pouco; está en exercer un dereito coa mesma alegría coa que exercemos outros que recentemente non podiamos gozar. A homofobia e a transfobia combátense militantemente, democraticamente, con activismo e con votos. Chamamos a toda a cidadanía e aos e ás militantes socialistas a celebrar con orgullo e lembranza este día contra a homofobia, e a transfobia e a erradicalas actuando en consecuencia en cada ocasión, en cada momento, todos os días.
A Coruña, a 17 de maio de 2009.

viernes, 15 de mayo de 2009

7Cores e o Consello da Xuventude de Galicia conmemorou na Coruña o Día Internacional contra a homofobia


































No acto, levado a cabo en colaboración co CJE, participaron membros de dita entidade, diferentes asociacións xuvenís e representantes do Concello da Coruña. Asi como representantes do colectivo LGTB socilaista 7CORES e tamén os compañeir@s de "MARIBOLHERAS PRECARIAS.
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), en colaboración co Consejo de la Juventud de España (CJE), conmemorou hoxe o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. O acto, que tivo lugar xunto ao Obelisco da Coruña, durou toda a xornada. Durante a mesma, proxectáronse vídeos e repartiuse numeroso material. Posteriormente, ás 18.00 h, procedeuse á lectura dun manifesto na cal participaron Azucena Rodríguez, presidenta do CXG; Inmaculada Reverte, vicepresidenta do CJE e responsable de Dereitos e Igualdade de Oportunidades; Obdulia Taboadela, tenente alcalde do Concello da Coruña e Jose Santoro, membro da executiva nacional das XSG, Fito Ferreiro de 7CORES e Rubem Centeno de Maribolheras precarias.

Así mesmo, tamén participou na antedita lectura Daniel Méndez, deputado nacional e promotor da iniciativa presentada pola Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados. Nesta proposición non de lei solicitábase ao Goberno que promovese ante Nacións Unidas o recoñecemento do día 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.Méndez destacou a importancia desta proposición non de lei porque "a homofobia é unha das formas de odio máis estendidas, atopando reflexo, aínda na actualidade, na lexislación de numerosos países do mundo".
MANIFESTO DO CONXELLO GALEGO DA XUVENTUDE
17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA

O 17 de maio de 1990 a Organización Mundial da Saúde desclasificou a homosexualidade como enfermidade mental. Desde fai anos, os colectivos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais veñen demandando que esta data sexa declarada como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. O Consejo de la Juventud de España sumouse, ano tras ano, a esta petición, e este ano, todos e todas temos un motivo de celebración: o Congreso dos Deputados pediulle por unanimidade ao Goberno que promova ante Nacións Unidas esta declaración. Non cabe dúbida de que se trata dunha gran noticia que fai que o noso país sexa unha vez máis, referente na loita pola igualdade. Ao mesmo tempo débenos animar a seguir traballando por garantir que todas as persoas, con independencia da súa raza, orixe, xénero, orientación e identidade sexual, gocen dos mesmos dereitos, nacesen onde nacesen, e vivan onde vivan.
O 17 de maio ten que ser un día para denunciar a vulneración dos Dereitos Humanos que sofren estes colectivos que se traduce na discriminación e a marxinación que padecen millóns de persoas en máis de 85 países do mundo, en 8 dos cales se aplica a pena de morte por cuestións de orientación sexual e identidade de xénero.
Un día para reivindicar liberdade, xustiza, respecto e dignidade.
Un día para sensibilizar a sociedade, mediante a crítica e a educación, destacando valores como a democracia, a participación, a cidadanía, a convivencia pacífica, o diálogo e o entendemento.
Un día para erradicar o medo, a aversión, o odio e os prexuízos, o rexeitamento social e o autorrexeitamento, a hipocrisía e o fanatismo.
O recoñecemento internacional do 17 de maio como Día contra a Homofobia e a Transfobia suporá un gran paso cara a unha sociedade en diversidade, onde se respecten as opcións libres dos cidadáns e cidadás e o desenvolvemento máis absoluto da súa personalidade.
Queremos que o 17 de maio sexa un día para que todas as persoas recordemos que podemos conseguir un mundo mellor, máis libre e máis xusto.

jueves, 14 de mayo de 2009

A vueltas con las casillas del IRPF

Llevo ya varios días dándole vueltas al tema de las casillas famosas del IRPF. La verdad es que hasta hace nada lo tendría clarísimo para hacer este artículo ya que os pediría a todos; como he hecho siempre, que marcarais en vuestra declaración la casillade "a otros fines sociales" tal y como yo he hecho siempre. Ahora bien, en estos días he escuchado una campaña nueva que han apoyado diversos colectivos laicos en la que piden que no se marque ninguna de las dos casillas, y claro, yo me he interesado por ese tema. Dichos colectivos, afirman, y creo que con cierta verdad, que el marcar la casilla "a otros fines sociales" está financiando de igual manera a la iglesia ya que muchas de las organizaciones que se benefician del dinero que proviene de esa casilla, son católicas (cáritas por ej...). Después de todo esto me han quedado pocas ganas de pediros que marquéis esa casilla, pero la verdad, por otra parte también veo injusto castigar a otras organizaciones sin ánimo de lucro porque el estado supuestamente aconfesional en el que vivimos, las meta en el mismo saco que a las organizaciones católicas, con lo cual lo dejo a vuestra libre elección porque hasta yo tendría mis dudas hoy en si no marcar ninguna casilla o marcar sólo la de fines sociales.
La verdad es que este tema sólo viene una vez más a confirmar lo intrincada que está en nuestra sociedad esa empresa que se llama Iglesia Católica y que creo que nos va a costar más trabajo apartarla de nuestras vidas que a Obama luchar contra las aseguradoras médicas. Me parece increible que a día de hoy, el estado español tenga que depender de organizaciones católicas para atender a la gente con problemas, sobre todo cuando todos sabemos que en muchas de ellas, una persona divorciada, homosexual, o de cualquier otra condición que a esa gente no le parezca adecuada, no va a ser tratada con ecuanimidad y probablemente tenga que escuchar palabras aleccionadoras que son desde todo punto de vista inadecuadas en un país aconfesional. Por todo esto, desde este blog socialista le pido al gobierno que avancemos con paso firme hacia el objetivo de un estado laico, en el que queden desterrados los funerales de estado, los crucifijos y la biblia en las tomas de posesión y en el que el estado de soporte a sus ciudadanos sea cual sea su condición religiosa. Ya sé que es un tanto ingenua la petición, pero espero que algún día podamos conseguirlo...

miércoles, 13 de mayo de 2009

SETE CORES REÚNESE CO ALCALDE DA NOSA CIUDADE, JAVIER LOSADA.


Este foi o primeiro encontro oficial entre o colectivo e o alcalde coruñés, o pasado vernes 8 de Maio. As nosas miras estaban postas no intercamio de opinións sobre pasado, presente e futuro do colectivo LGTB no ámbito coruñés, así como nos posibles proxectos comúns que se están a planear pola nosa parte, buscando o apoio institucional necesario para poder acadar o éxito previsto. Ao mesmo tempo a intención principal era deixar claro que este é o momento de impulsar actividades, fomentar servicios e favorecer encontros sociais que consigan consolidar as políticas institucionales de igualdade que foron e son pouco a pouco introducidas no discurso social.

Tras 40 anos de loita pola non discriminación en termos de xénero e sexualidade, sigue a facerse patente e necesaria unha reforma real no ámbito social, unha reforma nas bases nas que somos educad@s comos modo de avanzar en puntos de vista que non deixan de ser lastres para tod@s @s que temos que “sair de armarios” (a patadas ou petando na porta pola noite coma monstruos), modificar os nosos corpos porque non son os que nos gustan, criar a(o)s nos@s fill@s sen medo a que o resto de pais e nais comente e xuzgue a súa familia de dúas nais, de dous pais ou de tres transexuais... A finalidade, en definitiva e plantar unha semente de cambios que, como noutros países, dará os sus frutos en varias xeracións, como neste mesmo país que avanza a marchas forzadas para adaptarse a realidades sociais estigmatizadas de xeito casi obligatorio hai ben pouco e que agora loitan por cohabitar dentro (aínda que teñas que entrar pola marxe) dos círculos da normalidade.

Con todo, e despois dos usos e costumes de calquera reunión formal (vaian por diante os agradecementos a persoal do concello, concellerías de Festas, de Infraestructuras e Servicios Sociais pola súa colaboraión en diversos actos) a nosa conversa pasou a detallar proxectos e traballos que estamos a preparar dentro do colectivo, para conseguir o apoio do Concello como respaldo ante a cidadanía coruñesa, que sigue a ser o obxectivo fundamental das accións diseñadas para unha mellor conciencia social e educación en realidades plurais. A idea principal que o colectivo quería presentar ao alcalde era a de situar a Coruña como referente en termos de políticas sociais de vangarda para o colectivo LGTB e os tres eixos que vertebran as nosas propostas: a Visibilidade, a Educación e a Transversalidade. Así que aí fumos coas nosas propostas, e para mostra, o botón:

Nomear unha rúa con nome de Tomás Fábregas.
Petición especial ao Concello para que apoie o plan da ONU de establecer o 17 de Maio como día internacional contra a homofobia.
Poñer en marcha medidas por parte do Concello enfocadas a nais, pais, titores e resto do colectivo LGTB como atención telefónica, correo electrónico, etc, así como preparar e divulgar información contra a homofobia.
Promover charlas informativas en colexios e institutos para evitar o mobbing homófobo dentro das aulas., iniciativa apoiada e promovida pola Asociación Galega de Nias e Pais de Alumn@s.
Organizar congresos e xornadas de debate abertas ao diálogo social como forma de trasmisión e reelaboración de información.
Acceder ao servicio de bibliotecas municipais para promover a adquisición de fondos necesarios dentro do servicio público.
Participar da promoción e elaboración de eventos culturais e artísticos dentro das programacións locais nos diversos teatros e edificios destinados a tal.

Como conclusión, o colectivo 7Cores comprometeuse co alcalde ao desarrollo activo destas e outras actividades relacionadas coa educación social e o benestar en termos de visibilidade e convivencia do colectivo LGTB na cidade, contando sempre co apoio do concello.

martes, 12 de mayo de 2009

17 DE MAIO DIA CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA


SETE CORES CELEBRARÁ CUN ACTO NA ÁRBORE DE ELISA E MARCELA O DIA CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA.


O grupo LGTB de A Coruña SETE CORES realizará un acto o vindeiro domingo 17 de Maio ás 13:00 no bosque das mulleres no Parque de San Diego de A coruña. Neste acto farase unha ofrenda floral, leerase un manifesto contra a homofobia e transfobia e pechará o acto a música de SUTRA
SOUND.

Recordar que foi o 17 de Maio de 1990 cando a Organización Mundial da Saude suprimia a Homosexualidade da sua lista de enfermidades mentais. Desde enton esta data ten un valor moi significativo para o colectivo LGBT, e na actualidad, as organizacións LGBT de todo o mundo loitamos para que o
Alto Comisionado e a Comisión de Dereitos Humans das Naciones Unidas sinalen esta data como a xornada mundial contra a homofobia e a transfobia, en cualquera das súas expresións (políticas, sociais, culturais, etc.).

O Partido Socialista presentou unha iniciativa na comisión de Igualdade do Congreso dos Diputados que se insta ó Goberno a promover ante Nacións Unidas o recoñecemento internacional do día 17 de Maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Dita proposición foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos.



Esperamosvos a todos e todas diante da árbore de Elisa e Marcela.

domingo, 10 de mayo de 2009

El Parlamento aprueba el día internacional contra la homofobia y la transfobia


La Comisión de Igualdad del Congreso aprueba una iniciativa del Grupo Socialista en la que se insta al Gobierno a promover ante Naciones Unidas el reconocimiento del día 17 de mayo como Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia

La Comisión de Igualdad del Congreso de los Diputados aprobó hoy por unanimidad una iniciativa del Grupo Socialista en la que se insta al Gobierno a promover ante Naciones Unidas el reconocimiento internacional del día 17 de mayo como Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia.

El diputado socialista Daniel Méndez destacó en su intervención que los avances logrados en legislación durante la pasada legislatura, en la que "se consiguió por fin la igualdad legal de las personas homosexuales y transexuales", han situado a España como referente internacional de la lucha por la igualdad y no discriminación de este colectivo, según informa el PSOE en una nota de prensa.

No obstante, el diputado socialista señaló la necesidad de continuar "profundizando para conseguir la igualdad real e introducir en lo cotidiano los grandes avances sociales conquistados con el apoyo de la ciudadanía organizada". Méndez puso de manifiesto que "la homofobia es una de las formas de odio más extendidas, encontrando reflejo aún en la actualidad en la legislación de numerosos países del mundo" y subrayó que España como referente de la lucha por la igualdad y la no discriminación, tiene la obligación moral de liderar esta batalla también en el plano internacional.

El 17 de mayo de 1990 la Organización Mudial de la Salud desclasificó a la homosexualidad como enfermedad mental, por éso los colectivos homosexuales creen que es el día más adecuado para que se celebre el Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia.

Un elefante gay causa polémica en Polonia


'Niño', del zoo de Poznan, se convierte en mascota de los homosexuales y "lastre" del gobierno conservador

Se llama Niño y, a juzgar por sus tendencias y actitudes, es un elefante homosexual. Esta sensación del zoológico de la ciudad polaca de Poznan, en el oeste del país, se ha convertido en las últimas semanas en la mascota de los gays locales y, al mismo tiempo, en objeto de críticas de políticos conservadores por sus aparentes amoríos con otros elefantes machos.

Pero lo cierto es que Niño ya es la estrella indiscutible de su zoo, donde provoca la sorpresa y el rubor de muchos de sus visitantes por sus arrumacos con los machos y una especie de agresividad misógina hacia las hembras.

Esta actitud ha resultado intolerable para Michal Grzes, concejal del conservador partido Ley y Justicia (PiS), la formación de los gemelos Kaczynski, ya que convierte al animal en "un lastre" porque le impide procrear. "No hemos pagado para mantener aquí a un elefante gay", ha afirmado recientemente el concejal conservador, que insistió en que la orientación sexual de "Niño" y su rechazo a las elefantas es un problema para que aumente el número de paquidermos del zoo.

Sus palabras, como era de esperar, han herido la sensibilidad de la comunidad homosexual de Poznan, que inmediatamente ha comenzado a organizarse para defender al elefante de la incomprensión del político conservador. "Queremos que ''Niño'' sea aceptado como es y se quede en Poznan", ha dicho el responsable de esta iniciativa, Kuba Wilczynski, que rechaza a los que menosprecian el valor de este animal simplemente por el hecho de su presunta homosexualidad. "Estamos ultimando los detalles para un festival donde habrá música, teatro, baile y pintura en defensa de la libertad sexual", ha añadido.

A pesar de que el concejal conservador ya ha rectificado sus palabras, asegurando que "estaba de broma", los colectivos homosexuales de esta ciudad siguen adelante y mantienen el festival en defensa de Niño, que tendrá lugar entre el 8 y el 16 de mayo para conseguir que el animal no sea vendido a otro zoo y pueda hacer arrumacos con quien le apetezca.

jueves, 7 de mayo de 2009

EL CONGRESO PIDE LA GOBIERNO QUE PROMUEVA ANTE LA ONU EL DIA CONTRA LA HOMOFOBIA

La iniciativa elige el 17 de mayo, fecha en la que en 1990 la OMS desclasificó la homosexualidad como enfermedad mental

Una iniciativa mas de la clase politica progresita en reconocimento de nuestros derechos. Y a la que se ha apuntado hipocritamente el PP. ¿No se han manifestado contra nosotros?, ¿No tienen un recurso en el tribunal constitucional contra la reforma de la ley de matrimonio? Entonces a que viene recriminar al gobierno Socialista para que haga mas por el colectivo LGBT.
Pero si no han apoyado ninguna medida en nuestro favor, y si ellos gobernaran seguiriamos en el armario, y no comento lo que pienso que harian ellos con nuestros armarios. Por favor seamos seamos serios. Y si cambian de opinion, reconozcanlo y empiezen retirando el recurso del tribunal constitucional.

Tambien comentaros que el 17 de Mayo a la 13 horas realizaremos un acto en el arbol de Marcela y Elisa en A Coruña. Ya os comentaremos los detalles. Sera un acto intimo pero muy bonito.

Los parlamentarios que forman la Comisión de Igualdad en el Congreso de los Diputados acordaron ayer aprobar una iniciativa que insta al Gobierno a pedir ante Naciones Unidas que declare el 17 de mayo Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia. Ni siquiera el Partido Popular que mantiene ante el Tribunal Constitucional su recurso contra el matrimonio entre homosexuales votó en contra.

La fecha elegida no es casual, ya que fue el 17 de mayo de 1990 cuando la Organización Mundial de la Salud dejó de considerar la homosexualidad como una enfermedad mental. No ocurre así con la transexualidad, que todavía se considera una enfermedad. El encargado de defender la iniciativa, el socialista Daniel Méndez, señaló que la homofobia "es una de las formas de odio más extendidas" y recordó que aún hoy en día, en muchos países, la homosexualidad está perseguida. Por eso insistió en que "es obligación de las instituciones" luchar contra el odio hacia las personas por su condición sexual. "No debemos dar un paso atrás a pesar de los derechos sociales conseguidos y ahora somos nosotros lo que debemos lograr esa normalización", dijo.

El Partido Popular no quiso quedarse al margen, aunque primero arremetió duramente contra el Gobierno. La diputada conservadora Enriqueta Seller acusó a los socialistas de "falta de compromiso y de denuncia" ante la persecución que sufren los homosexuales en Cuba y el mundo árabe. "Votamos a favor pero les queda mucho trabajo por hacer", apostilló.

La Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales aplaudió la medida y felicitó al PP por sumarse a ella, aunque reclamó a los conservadores que retiren el recurso del Constitucional.