martes, 12 de mayo de 2009
17 DE MAIO DIA CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA
SETE CORES CELEBRARÁ CUN ACTO NA ÁRBORE DE ELISA E MARCELA O DIA CONTRA A HOMOFOBIA E TRANSFOBIA.
O grupo LGTB de A Coruña SETE CORES realizará un acto o vindeiro domingo 17 de Maio ás 13:00 no bosque das mulleres no Parque de San Diego de A coruña. Neste acto farase unha ofrenda floral, leerase un manifesto contra a homofobia e transfobia e pechará o acto a música de SUTRA
SOUND.
Recordar que foi o 17 de Maio de 1990 cando a Organización Mundial da Saude suprimia a Homosexualidade da sua lista de enfermidades mentais. Desde enton esta data ten un valor moi significativo para o colectivo LGBT, e na actualidad, as organizacións LGBT de todo o mundo loitamos para que o
Alto Comisionado e a Comisión de Dereitos Humans das Naciones Unidas sinalen esta data como a xornada mundial contra a homofobia e a transfobia, en cualquera das súas expresións (políticas, sociais, culturais, etc.).
O Partido Socialista presentou unha iniciativa na comisión de Igualdade do Congreso dos Diputados que se insta ó Goberno a promover ante Nacións Unidas o recoñecemento internacional do día 17 de Maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Dita proposición foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos.
Esperamosvos a todos e todas diante da árbore de Elisa e Marcela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario