domingo, 24 de mayo de 2009

Constitución do grupo Sectorial de Gays, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais do PSdeG



Seara cre que coa constitución deste grupo "o PSdeG dá un paso máis na loita polos dereitos, a democracia, a pluralidade e a igualdade"


A Secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais, Laura Seara, presentou hoxe en rolda de prensa a constitución do Grupo Sectorial de Gays, Lebianas, Transexuais e Bisexuais do PSdeG, co que “este partido dá un paso máis na loita polos dereitos, a democracia, a pluralidade e a igualdade”. Seara salientou que “coa constitución formal deste grupo colocámonos unha vez á cabeza dos países máis avanzados do mundo”, e avanzou que traballarán intensamente na nova Lei que está preparando o Goberno central, a Lei de Igualdade de Trato e Contra a Discriminación, e para que as insticións educativas aumenten o esforzo para combater a homofobia”. Neste sentido instou ao PP a que “cese o boicot a Educación para a cidadanía, tanto en España como en Galicia”, e “que o goberno da Xunta non siga por esa senda, porque nin a cidadanía nin as xeneracións futuras llelo perdonarían”.

Ademais lembrou que o pasado 17 de maio celebrouse o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, e que espera que no Parlamento de Galicia sexa aprobaba unha iniciativa parlamentaria presentada polo Grupo Socialista para darlle un pulo máis a esta declaración”. Por último, Seara afirmou ter “enormes esperanzas” neste grupo e estar convencida de que “hoxe o PSdeG é un pouco máis valiente, máis igualitario e máis xusto”.

O coordinador deste grupo, Fito Ferreiro destacou a importancia de seguir traballando duramente, porque despois da aprobación da Lei dos Matrimonios Homosexuais parece que hai certo relaxo, “pero a dereita sempre está ahí e intenta quitarnos os dereitos poñendo trabas na adopción de nenos ou boicoteando a asignatura Educación para a Cidadanía”.

O grupo, dixo Ferreiro, “debe servir de correa de transmisión entre a sociedade e o partido”, e os seus obxectivos serán “aumentar a visibilidade deste colectivo social e fomentar a educación na tolerancia”.Ademais Ferreiro explicou que queren poñer en marcha un servizo de mediación social formado por educadores sociais e psicólogos , e crear u novo punto de atención centrado nos pais, que moitas veces non saben onde obter información.

“Queda moito por facer, pero estamos contentos poque temos políticas a nivel estatal que son a envexa do resto dos países”, conluiu.

No hay comentarios: