viernes, 15 de mayo de 2009

7Cores e o Consello da Xuventude de Galicia conmemorou na Coruña o Día Internacional contra a homofobia


































No acto, levado a cabo en colaboración co CJE, participaron membros de dita entidade, diferentes asociacións xuvenís e representantes do Concello da Coruña. Asi como representantes do colectivo LGTB socilaista 7CORES e tamén os compañeir@s de "MARIBOLHERAS PRECARIAS.
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), en colaboración co Consejo de la Juventud de España (CJE), conmemorou hoxe o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. O acto, que tivo lugar xunto ao Obelisco da Coruña, durou toda a xornada. Durante a mesma, proxectáronse vídeos e repartiuse numeroso material. Posteriormente, ás 18.00 h, procedeuse á lectura dun manifesto na cal participaron Azucena Rodríguez, presidenta do CXG; Inmaculada Reverte, vicepresidenta do CJE e responsable de Dereitos e Igualdade de Oportunidades; Obdulia Taboadela, tenente alcalde do Concello da Coruña e Jose Santoro, membro da executiva nacional das XSG, Fito Ferreiro de 7CORES e Rubem Centeno de Maribolheras precarias.

Así mesmo, tamén participou na antedita lectura Daniel Méndez, deputado nacional e promotor da iniciativa presentada pola Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados. Nesta proposición non de lei solicitábase ao Goberno que promovese ante Nacións Unidas o recoñecemento do día 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.Méndez destacou a importancia desta proposición non de lei porque "a homofobia é unha das formas de odio máis estendidas, atopando reflexo, aínda na actualidade, na lexislación de numerosos países do mundo".
MANIFESTO DO CONXELLO GALEGO DA XUVENTUDE
17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA

O 17 de maio de 1990 a Organización Mundial da Saúde desclasificou a homosexualidade como enfermidade mental. Desde fai anos, os colectivos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais veñen demandando que esta data sexa declarada como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. O Consejo de la Juventud de España sumouse, ano tras ano, a esta petición, e este ano, todos e todas temos un motivo de celebración: o Congreso dos Deputados pediulle por unanimidade ao Goberno que promova ante Nacións Unidas esta declaración. Non cabe dúbida de que se trata dunha gran noticia que fai que o noso país sexa unha vez máis, referente na loita pola igualdade. Ao mesmo tempo débenos animar a seguir traballando por garantir que todas as persoas, con independencia da súa raza, orixe, xénero, orientación e identidade sexual, gocen dos mesmos dereitos, nacesen onde nacesen, e vivan onde vivan.
O 17 de maio ten que ser un día para denunciar a vulneración dos Dereitos Humanos que sofren estes colectivos que se traduce na discriminación e a marxinación que padecen millóns de persoas en máis de 85 países do mundo, en 8 dos cales se aplica a pena de morte por cuestións de orientación sexual e identidade de xénero.
Un día para reivindicar liberdade, xustiza, respecto e dignidade.
Un día para sensibilizar a sociedade, mediante a crítica e a educación, destacando valores como a democracia, a participación, a cidadanía, a convivencia pacífica, o diálogo e o entendemento.
Un día para erradicar o medo, a aversión, o odio e os prexuízos, o rexeitamento social e o autorrexeitamento, a hipocrisía e o fanatismo.
O recoñecemento internacional do 17 de maio como Día contra a Homofobia e a Transfobia suporá un gran paso cara a unha sociedade en diversidade, onde se respecten as opcións libres dos cidadáns e cidadás e o desenvolvemento máis absoluto da súa personalidade.
Queremos que o 17 de maio sexa un día para que todas as persoas recordemos que podemos conseguir un mundo mellor, máis libre e máis xusto.

4 comentarios:

Isa dijo...

hola! non coñecía o voso blog, pero está guai! Agora a actualizalo constantemente. Que ninguén vos acomplexe! Se, como dixéchedes onte, hoxe é un orgullo vivir no país que vivimos, é grazas a que xente coma vos se implicou e traballa dende dentro do PSOE para cambiar as cousas. É posible. É preciso. DEBEMOS!

Los Pilares de la Tierra dijo...

Hola, soy Inma, vicepresidenta del CJE. ¿Podríais enviarme las fotos que hicisteis a ireverte@cje.org?

Muchas gracias por vuestra participación en esta actividad del CJE-CXG.

Saludos,

Inma R

Grupo lgtb "Siete Colores" dijo...

Grcias Isa polo teu apoyo. Todos e todas xuntas podemos traballar por un mundo mellor.

Grupo lgtb "Siete Colores" dijo...

Hola Inma te acabo de enviar las fotos a la direccion de mail que dejaste. Gracias por el acto, aunque la proxima vez avisar ocn un pelin mas de antelación. Bicos y ya tenias nuestro mail. bicos.