sábado, 24 de abril de 2010

VALENTES E VISIBLES


Máis de 300 mulleres participaron no I Encuentro Nacional de Mujeres,
Lesbianas, Transexuales y Bisexuales Progresistas que se celebrou en
Torremolinos (Málaga), organizado pola Secretaría de Movementos
Sociais do PSOE, canda o PSOE-Andalucía.

300 mulleres valentes, mulleres que loitan contra unha dobre discriminación:
seren mulleres e seren lesbianas ou transexuais ou bisexuais, e é por isto que
traballan, por facérense visibles ante a sociedade, unha sociedade onde
temos que coller todos e TODAS, sen importar a orientación sexual de
cada cal. Neste encontro abordáronse moitas cuestións: a
integración sociolaboral das persoas transexuais, o proceso
transexualizador no sistema público de saúde, políticas
antidiscriminatorias e, sobre todo, de educación, que é a mellor maneira
de avanzar para conseguirmos unha cidadanía plural, diversa e igualitaria
baseada no respecto e a liberdade.

Desde Andalucía deuse un pulo enorme á construción desa
sociedade plural e diversa. Andalucía é valente como o está a ser
España co Goberno Zapatero. España é un referente de igualdade en
todo o mundo; é o primeiro país do mundo que conseguiu recoñecer a
dignidade de mulleres e homes, homosexuais, transexuais e bisexuais, e
iso di moito da nosa cidadanía. E non fica aquí o compromiso do
Goberno español con toda a cidadanía, e por iso imos ser o primeiro
país da Unión Europea que teña unha Lei de Igualdade de Trato e contra
a Discriminación, unha lei que pretende, nin máis nin menos, garantir
a igualdade de trato, de consideración e de oportunidades para todas as
mulleres e homes que viven en España, e desenvolverá todos os mecanismos
necesarios e suficientes para combater calquera tipo de discriminación.

sábado, 17 de abril de 2010

Xa temos Servizo de medicación e información homosexual e transexual do concello da Coruña






O Concello inaugurou onte a primeira oficina municipal dedicada en exclusiva a atender á poboación homosexual e transexual da cidade. A Coruña adopta así unha decisión pioneira no que se refire aos servizos que presta aos seus cidadáns.

As oficinas que foron inaguradas polo alcalde da cidade, Javier Losada, e a concelleira de Servizos sociais, Silvia Longueria encóntranse na praza de Millán Astray, fronte ao Cuartel de Atocha. Tamén asistio ao acto a concelleira de transportes Yoya Neira, así como membros dos colectivos de homosexuais e transexuais "A.L.A.S" Coruña, MILHOMES e "7 CORES".

O alcalde, Javier Losada, colocou esta nova oficina dentro do compromiso adoptado polo Goberno local de dotar de "visibilidade" a todos os colectivos representados na cidadanía coruñesa. Ademáis esta oficina axudara a traballar contra a homofobia e pola igualdade real das persoas homosexuais e transexuais.

O mediador informará a todo aquel que decida achegarse ata esta oficina sobre orientación sexual ou posibles actos de acoso. Estes servizos prestaranse os martes e os xoves entre as 17 e as 20.30, aínda que Nelson Rodríguez, o encargado desta oficina, tamén atenderá as peticións de todas aquelas asociacións ou particulares interesados en solicitar información no teléfono 881 872 740. Tamén podedes obter máis informacion na web do concello o no 010.

viernes, 16 de abril de 2010

HOXE E UN DIA DE FESTA

E non porque comece a fin de semana, senóno porque toca celebrar. Un motivo de celebración, ese é ao fin e ao cabo o que temos hoxe entre mans, entre pernas, entre cabezas… Inagúrase un servicio que non pode máis que facernos felices contar con el como forma de visibilizar, deixando a parte o resto, os posibles casos que se poidan dar, as posibles formas de tratalo, o importante, o Servizo Municipal de Información LGTB inagúrase hoxe no Concello da Coruña.

Para tod@s @s que temos deixado sangue, suor e lágrimas nos colectivos, este é un referente á hora de auna resforzos, sumar apoios e críticas, e, por encima de todo, un foro de acordos común no que prestar un servicio á comunidade, non só LGTB, senón ao resto das persoas que queiran achegarse ás realidades invisibles por antonomasia do século pasado.

O servicio inagúrase hoxe, ás 19 horas no seu local (Millán Astray, baixo, 9) E comeza a súa andadura en activo a partir da semana que ven, contamos co voso apoio, a vosa colaboración e, sobre todo, a vosa participación como parte esencial de todo esto, a vosa axuda para pulir e matizar calquera aspecto que poida ser susceptible de ser corrixido.

E quen o desexe, vémonos hoxe ás 19 horas no local para falar un rato, coñecernos, e empezar a traballar xunt@s.

Felicitémonos, este é un logro común!

Nelson G. Rodríguez Avilez

jueves, 15 de abril de 2010

INAGURACIÓN DO SERVICIO DE MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB DO CONCELLO DE A CORUÑA


As xentes homosexuais y transexuais de A Coruña e comarca contaran a partir de mañá do servizo de mediación e información LGTB, un servizo que dá un paso mais en favor dos dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

O acto sera maña venres 16 de Abril as 19:00 horas. O local atopase na (ex) plaza de Millan Astray, pegado a farmacia. Os esperamos a tod@s alí.

O servizo de MEDIACIÓN E INFORMACIÓN LGTB créase coa finalidade de asesorar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación ou denuncia de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten ó seu “ser” LGTB. A xente poderá contactar por telefono, mediante e-mail ou en persoa. Tamén está dirixido a familiares, amigos, colectivos, etc. Xa que cremos que hai momentos onde OS PAIS E NAIS son as persoas que máis desorientadas se atopan, por elo é interesante poder chegar ata eles.

Tamén se levarán a cabo charlas en institutos e colexios de forma que se combatan as diferentes actitudes homófobas manifestas nos centros de educación por parte do alumnado, ademais de tratar de sensibilizar ó profesorado con respecto a posibles alusións ou comentarios que poidan confundir a seu alumnado. Estas charlas poderanse realizar tamén en calquera tipo de asociación que o solicite, así como sindicatos, facultades, etc. Este servizo porá ademais en marcha campañas sobre “a diversidade afectivo sexual”, “contra a homofobia”…
Cremos que con este SERVIZO, creado polo CONCELLO DE A CORUÑA e A CONCELLERÍA DE SERVICIOS SOCIAIS, dáse un paso pola igualdade real das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e a loita contra a homfobia.

miércoles, 14 de abril de 2010

Pedro Zerolo: “Debemos seguir traballando pola igualdade do Pobo Xitano”

8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano



Salienta o II Cumio Europeo do Pobo Xitano, que comeza mañá en Córdoba, como unha oportunidade para potenciar as políticas de inclusión.

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, subliñou, con motivo da celebración mañá do Día Internacional do Pobo Xitano, “o compromiso do Partido Socialista de seguir traballando pola igualdade de trato e de consideración de todas as xitanas e xitanos”.

O dirixente socialista destacou a “inminente” aprobación polo Goberno de Zapatero do Plan de Acción para o Desenvolvemento da Poboación Xitana 2010-2012, “que inclúe medidas no eido educativo, así como no acceso á vivenda e ao emprego”. Zerolo sinalou que os socialistas “estamos comprometidos en combater calquera tipo de discriminación porque só así lograremos a inclusión social efectiva desta poboación”.

Segundo explicou o responsable socialista de Movementos Sociais, a celebración mañá do II Cumio Europeo do Pobo Xitano, no marco da Presidencia Española da UE, “servirá, entre outras cousas, para debater e tratar de potenciar as políticas de inclusión postas en marcha polos diferentes Estados membros, e coñecer as demandas e necesidades desta poboación, a través das organizacións xitanas de toda Europa que estarán presentes”. Calcúlase que en Europa forman parte da etnia xitana entre 10 e 12 millóns de persoas, “o que pon de manifesto que é a minoría étnica máis importante do Continente”, ha explicado.

“Non podemos entender unha parte da historia de España e de Europa sen recoñecer e pór en valor a achega realizada polo Pobo Xitano”, salientou o dirixente socialista, quien invitou a toda a cidadanía a sumarse á celebración do Día Internacional del Pobo Xitano.

lunes, 12 de abril de 2010

"DEREITOS DO SÉCULO XXI, REALIDADES DO SÉCULO XX"


O grupo de homosexuais, bisexuais e transexuais dos socialistas de A Coruña invítavos a unha charla coloquio para falar dos dereitos conseguidos e a realidade actual da vida LGTB. Unha charla aberta a tod@s os militantes, simpatizantes e amigos e non so para as xentes LGTB.

Jacinto Parga - Secretario de Organización do PSdeG-PSOE de A Coruña

Fito Ferreiro Seoane - Coordinador do grupo LGTB dos Socialistas de A Coruña
Nelson Gabriel Rodriguez de Avilez, responsable do Servizo de Mediación e Información do Concello de A Coruña.

Martes 13 as 20:00 na sede da Agrupación Socialista de A Coruña.

viernes, 9 de abril de 2010

"Hoy acepto mi homosexualidad como un regalo que me da la vida".


"Hoy acepto mi homosexualidad como un regalo que me da la vida. ¡Me siento
bendecido de ser quien soy!", escribiu Martin nunha carta dirixida ós seus admiradores.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE cree importante que personaxes públicos
saian do armario, xa que axuda a visibilizar e normalizar o feito homosexual e transexual. Agora pediriamos á xente do fútbol que sexan valentes e den o mesmo paso.

A declaración publicada na páxina de internet do cantante xurde despois de anos de rumores sobre a súa orientación sexual e cando o artista boricua atópase en proceso de escribir as súas memorias, segundo compartiu el mesmo.

"Mucha gente me dijo que no era importante hacerlo, que no valía la pena, que todo lo que trabajé y todo lo que había logrado se colapsaría. Que muchos en este mundo no estarían preparados para aceptar mi verdad, mi naturaleza. Y como estos consejos venían de personas que amo con locura, decidí seguir adelante con mi ‘casi verdad’. Muy mal. Dejarme seducir por el miedo fue un verdadero sabotaje a mi vida. Hoy me responsabilizo por completo de todas mis decisiones, y de todas mis acciones", declarou o cantante de 38 anos no documento, do cal avisou ós seus seguidores por Twitter.

A pesar de comentar que se sinte liberado, admitiu que o decidir facelo público foi "muy intenso, angustiante y doloroso". Non obstante, dixo achegarse á súa paz interna e que este era o momento xusto para facelo, non cinco nin dez anos atrás.

Felicidades por este paso, Ricky. Agora tocalle a algun xogador de futbol.

lunes, 5 de abril de 2010

"DERECHOS DEL SIGLO XXI, REALIDADES DEL SIGLO XX"



CHARLA COLOQUIO DEL GRUPO LGTB DO PSOE DE CORUÑA

"DERECHOS DEL SIGLO XXI, REALIDADES DEL SIGLO XX"

MARTES 13 DE ABRIL A LAS 20:00
EN LA SEDE DE LA AGRUPACIÓN SOCIALISTA

Interviene, Nelson Gabriel Rodríguez Avilez, responsable del servicio de medicación e información de homosexuales y transexuales do concello de A Coruña.

Coordina, Fito Ferreiro Seoane, Coordenador del grupo LGTB de los Socialistas de Coruña.