martes, 29 de diciembre de 2009

OBRADOIRO DE LECTURA PARA NENAS E NENOS


O COLECTIVO "NOSMESMAS" DE VIGO, MEMBRO DA FEDERACION LGTB GALEGA ATURUXO, E DA FELGT ORGANIZA UN OBRADOIRO DE LECTURA PARA NENAS E NENOS
PARA NENAS E NENOS DE 3 A 7 ANOS.


"UNHA PARELLA DIFERENTE"
Daniela Kulot
Factoria K de libros

Crocodilo e Xirafa son unha parella:
unha parella de namorados.

Xirafa é moi alra
e Crocodilo moi baixo,
por iso viven nunha casa
feita á súa medida.

Alí, apenas se decatan do diferentes que son.

Pero, un día que foron dar unha volta....

Martes 29 de decembro de 12h a 13.30h
na Biblioteca Central (Rúa Xoaquin Yáñez, 6; Casco Vello, preto da praza Princesa)
Organiza Asociación Nós Mesmas
Colabroa Concellería de Igualdade, Biblioteca Central, Libreria Papilio

lunes, 21 de diciembre de 2009

CARTA ENVIADA POLO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A REAL ACADEMIA GALEGA.

Estimado Manuel González:

O motivo de dirixirme a vostede é porque tivemos coñecemento de que tanto a Real Academia Galega como o grupo COLEGAS deron unha rolda de prensa na que se presentaban os cambios que se ían a producir en diferentes definicións que existían no seu dicionario e que contiñan tanto elementos homófobos ou ben quedaran desfasadas por non describir a realidade actual. Nesta rolda de prensa deuse a entender que ditos cambios viñeran motivados única e exclusivamente pola labor realizada polo colectivo COLEGAS.
Cal non sería a nosa sorpresa e o profundo malestar que nos ocasionaron ditas afirmacións tendo en conta que en datas moi recentes fixemos chegarlles tanto unha carta por correo ordinario como diferentes correos electrónicos nos que como colectivo LGTB lles solicitábamos que se levasen a cabo os cambios arriba mencionados. O desprezo feito cara o noso grupo non é exclusivo, xa que sabemos que outros colectivos de Galicia que levan anos traballando na nosa terra polos dereitos LGTB levaron a cabo unha acción similar, ademais de iniciativas como a creación de grupos en diferentes redes sociais para solicitar e promover estes cambios que tan necesarios considerábamos. Un esforzo de moita xente e colectivos que nesta rolda de prensa foi obviado de forma inescusable nun afán de acaparación de protagonismo que non acadamos a comprender.
Cando no seu día lles remitimos a nosa misiva, esperamos un tempo prudencial antes de facela publica, entendendo que a RAG é unha institución que merece o noso respecto e considerando que non había mala vontade nin intención de manter unhas definicións obsoletas e homófobas nunha obra de referencia como é o dicionario da súa entidade. Pero o comportamento levado a cabo neste tema danos a entender unha falta absoluta de respecto á pluralidade da nosa sociedade, aproveitando para realizar un acto partidista que cremos non é digno dunha institución como a RAG.

Atentamente:

Fito Ferreiro Seoane
Coordenador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE

sábado, 19 de diciembre de 2009

¿A quén molesta o festival A Coruña Visible?

Fai poucas semanas que rematou a III edición do festival cultural A Coruña Visible. Este ano foi sen lugar a dúbidas o ano do seu despegue definitivo. Empezou a cumprir claramente o seu obxectivo de reunir a todo o colectivo LGTB en torno a unhas cantas manifestacións culturais e a súa vez mostrar “o noso mundo” ó resto da sociedade. Pola contra, hoxe nos levantámonos cunha noticia no xornal que nos deixou simplemente perplexos. Ó parecer o Partido Popular pediu información do gastado en dito festival, o que ata certo punto podería ser normal, pero vindo de quen ven parece xa algo persecutorio. A estas persoas non lles chega con querer perpetuarnos nun status de cidadáns de “segunda” tentando anular o noso dereito a contraer matrimonio senón que está claro que nos quere volver meter no armario. Está claro que o feito de que nos reunamos entorno a dous concertos, un monólogo, unha exposición de fotos ou a unha boísima obra de teatro revólvelle as tripas… Todos sabemos xa a súa filosofía arredor da problemática LGTB e o seu lema sempre é o mesmo “cada un que faga o que queira pero dentro da súa casa”.
Nós dende o grupo LGTB socialista “Sete Cores” queremos deixar claro o noso apoio o noso concello; co que colaboramos e colaboraremos nun futuro por moito que algúns nos queiran volver meter nas “mazmorras”. Queremos expresar o noso orgullo porque o noso alcalde deixara claro o seu apoio ó noso colectivo e que se sinta sumamente comprometido na solución de todas as problemáticas que inda no presente non nos deixan desenrolar a nosa vida en plena normalidade.
Queremos manifestar asemade a nosa decepción e a nosa sorpresa ó ver que o novo colectivo COLEGAS interiorizara esa forma de entender o movemento LGTB que leva nas súas siglas o Partido Popular. Non chegamos a entender porque un colectivo LGTB na primeira visita ó concello de A Coruña non pregunta ós responsables cales son as políticas LGTB realizadas, e sen embargo interésase unicamente polo gastado no festival A Coruña Visible. Estas persoas, saben perfectamente que esa información a teñen a súa disposición pero cumprimentando os mesmos formularios que o resto dos cidadáns. Podo asegurar que o saben porque cada día visitan un concello, algún goberno autonómico ou calquera organismo público e polo tanto estou plenamente seguro que todo ese tempo invertido en viaxes e entrevistas lles fixera aprender que en democracia todo ten o seu cauce e que un non pode entrar no despacho dun concelleiro e esixir ese tipo datos xa que sería de todo punto irregular o facilitárselles desa maneira.
Queremos aproveitar esta comunicación para reiterar a nosa petición ó Partido Popular da retirada do recurso de anticonstitucionalidade contra a Lei de Matrimonio Civil. Así mesmo queremos pedir o apoio ós compoñentes do colectivo Colegas na consecución de dito obxectivo. Estamos seguros que, como a todo o movemento LGTB, a eles tamén revólvenselle as entrañas cando ven que o principal partido da oposición quere privarnos de vivir as nosas vidas coa mesma normalidade que calquera cidadán deste país.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Zerolo pide ao Goberno de Irán a liberdade inmediata de Nemat Safavit


O Secretario de Movementos Sociais do PSOE, Pedro Zerolo, pediu ao Goberno iraniano que libere de forma inmediata a Nemat Safavit, canda polo menos outras once persoas, que foron condenadas a morte neste país islámico por seren homosexuais. “Pedimos novamente ao Goberno iraniano a suspensión das execucións e das condenas a morte en Irán como veñen denunciando diversas organizacións internacionais”.

Nemat Safavi, quen actualmente ten 19 anos foi arrestado na cidade de Ardebil, capital da provincia iraniana de Ardabil, no Acerbaixán iraniano, á idade de 16 anos, acusado de ter mantido relacións sexuais con outro home. Tras máis de dous anos de arresto no penal xuvenil de Ardabil, o Tribunal desta localidade sentenciouno a morte por forca polo delito de "lavat" (termo usado para os actos sexuais entre homes), en setembro de 2008. A súa sentenza de morte por forca está pendente de ratificación polo Tribunal Superior de Irán.

O dirixente socialista reiterou a condena do PSOE a esta fragrante violación dos dereitos humanos en Irán e salientou que esta condena a morte “supón unha violación dos compromisos internacionais subscritos por Teherán, sobre todo no referente ao Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e á Convención sobre os Dereitos do Neno que prohiben claramente a execución de menores”.

martes, 15 de diciembre de 2009

VISITA DO COORDINADOR GALEGO DO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A OURENSE





O xoves 10 de decembro tivo lugar a primeira visita de Fito Ferreiro, Coordinador Galego do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE, acompañado por Juan Carlos Beceiro a Ourense na que tiveron lugar diversos encontros con representantes institucionais e políticos para trasladarlles as nosas propostas.

O primeiro foi a maña ca Concelleira de Benestar e representante do Grupo Municipal Socialista de Ourense, Marga Martín. Nese encontro trasladouselle a necesidade de proceder a creación dos servizos de mediación e intervención lgtb (adxuntandolle informes técnicos) así como a de facer unha actividade en Ourense similar o Coruña visible entre outras cousas.

O segundo encontro foi cos medios na sede socialista as cinco da tarde na que intervimos, a Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG de Ourense, Patricia Nogueira, Fito Ferreiro e eu, como Coordinador Provincial do Grupo LGTB do PSdeG en Ourense.

A primeira (Patricia Nogueira) enmarcou os logros acadados por gobernos progresistas ca marca dos socialistas neste país.

O segundo pola contra fixo un chamamento a aqueles titeres do PP que presumen de ser tan amigos deles (dos do PP) e non lle piden que retiren o vergoñento recurso interposto perante o Tribunal Constitucional.

Por último eu resaltei as actividades feitas por o Grupo LGTB socialista galego como ó I Xantar pola Visibilidade Rural e a intención de repetilo o ano que ven en Ourense, xa que o primeiro fixose na localidade lucense de Monterroso. Así como a intención de seguir percorrendo as Agrupacións socialistas locais da provincia de Ourense en busca de apoio para o Grupo LGTB. Ademais da posibilidade de facer actividades similares o Coruña visible.

E a última reunión foi ca Agrupación de Xuventudes Socialistas de Ourense, na cual trasladamoslle o seu titular, Jonathan Da Silva, as propostas do Grupo LGTB socialista con respecto a mozidade e a intención de repetir o reparto de preservativos en vindeiras edicións do Día Mundial na Loita Contra o SIDA conxuntamente.

lunes, 14 de diciembre de 2009

O grupo LGTB do PSdeG valora a resposta da RAG ante a petición do cambio da acepción da palabra “pederasta” polas súas connotacións homófobas


O grupo LGTB do PSdeG valora a resposta da RAG ante a petición do cambio da acepción da palabra “pederasta” no diccionario polas súas connotacións homófobas

LGTB enviou tamén unha carta á RAE e iniciará unha campaña para instar ao cambio da definición do seu diccionario


Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009.- O grupo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais (LGTB) do PSdeG valorou hoxe a resposta recibida pola Real Academia Galega ante a solicitude do cambio da definición da palabra “pederasta” do diccionario polas súas connotacións homófobas.

O grupo LGTB do PSdeG enviou sendas cartas á Real Academia Galega e á Real Academia Española, solicitando o cambio da acepción da palabra “pederasta” nos diccionarios de lingua galega e española, nos que aparece entre as definicións as de “home que mantén relacións homosexuais con nenos” e sodomita. Por ext., homosexual masculino”.

O grupo LGTB solicitou o cambio inmediato desta acepción xa que “non é lóxico nin de recibo que no século XXI se manteña unha definición tan rancia e homófoba” na que se vincula a “pederastia” coas relacións homosexuais “cando na realidade prodúcense casos tanto heterosexuais como homosexuais, non tendo sentido facer esa puntualización e sendo máis correcto un texto máis neutro, referíndose a relacións sexuais con nenos sen especificar que sexan exclusivamente homosexuais como se fai agora”.

Así mesmo, a plataforma fixo unha chamada de atención aos académicos “xa que deberían ser eles os que se percatasen desta incorrección, xa que teñen o deber de velar polo uso correcto da lingua”.

A Real Academia Galega respondeu mediante unha carta ao colectivo, na que “agradece a observación” e afirma “concordar plenamente co seu contido”. Na misiva, o secretario da RAG anuncia o cambio “inmediato” desta definición, “así como dalgunha outra que non se adapta á realidade da sociedade actual”.

A RAG expresou as súas escusas “por seguir os criterios dos diccionarios mais importantes de linguas do noso contorno” e expresou o seu “mais firme compromiso” co respecto “dos dereitos humanos, dos dereitos dos pobos, dos dereitos dos grupos e colectivos sociais, e que trata de eliminar das súas obras todo aquilo que poida implicar discriminación por razón de sexo, de ideoloxía ou de relixión”.

Outras definicións
O LGTB amosou hoxe a súa satisfacción pola pronta rectificación da RAG, que non só cambiou a definición de “pederasta”, senón outras mais que tamén podían implicar connotacións discriminatorias.

A plataforma do PSdeG considerou que a “actitude progresista” amosada pola RAG debe ser a mesma que adopte a RAE, adaptando algunhas das definicións do seu diccionario á realidade social do país, como no caso da acepción de “matrimonio”.

O colectivo lembrou que tamén se dirixiu á RAE, da que polo de agora non obtivo resposta, e anunciou que recabará o apoio dos militantes e simpatizantes, e da cidadanía en xeral, solicitándolles que envíen tamén as súas misivas instando á RAE a adaptar esta definición e eliminar a súa connotación homófoba.


Un saúdo. Gabinete de Comunicación PSdeG-PSOE

CARTA ENVIADA O 4 DE DECEMBRO POLO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A ACADEMIA ESPAÑOLA DE LA LENGUA

Estimados membros da Real Academia da Lingua Galega:


O motivo do presente escrito é o de transmitirlles o noso pesar e malestar como colectivo LGTB ante o que consideramos unha definición errónea e con tintes de homofobia que se atopa no seu Diccionario da Real Academia da Lingua Galega. Tal é o caso da verba “pederastia” que segundo se pode atopar no devandito diccionario atopamos a seguinte definición da mesma:

pederastas.m. 1. Home que mantén relacións homosexuais con nenos. Foi condenado por pederasta. CF. sodomita. 2. Por ext., homosexual masculino. Reivindicacións dos pederastas.

Consideramos que dita verba tanto etimolóxicamente como polo uso que se lle está a dar na actualidade na nosa sociedade nada ten que ver co colectivo homosexual masculino como se da a entender, resultando falsa por tanto a acepción. Así mesmo queremos subliñar o feito de que en todo momento vincúlase a “pederastia” coas relacións homosexuais cando na realidade prodúcense casos tanto heterosexuais como homosexuais, non tendo sentido facer esa puntualización e sendo máis correcto un texto máis neutro, referíndose a relacions sexuais con nenos sen especificar que sexan exclusivamente homosexuais como se fai agora.

Polo anteriormente exposto solicitámoslles que teñan a ben revisar esta acepción do Diccionario da Real Academia Galega tendo en conta o incorrecta da mesma e a adapten ó seu uso cotián.

AS NOVAS DEFINICIÓNS DO DICCIONARIO DA RAG

Desde o grupo LGTB do PSdeG-PSOE queremos amosar a nosa ledicia por estos cambios que reflexan os verdadeiros significado destas palabras asi como pola sua rapidez.

homosexual [ks] adx. 1. Que sente atracción sexual polas persoas do seu mesmo sexo. Unha lesbiana é unha muller homosexual. Tamén s. Un homosexual. 2. Propio de persoas homosexuais. Relacións homosexuais. ♦ ant. heterosexual.

homosexualidade [ks] s.f. Atracción sexual polas persoas do mesmo sexo. Nas súas películas adoita saír o tema da homosexualidade.

matrimonio s.m. 1. Unión de dúas persoas feita legal por medio de cerimonias civís ou relixiosas. Contraeron matrimonio polo rito da Igrexa católica. 2. Situación ou estado dunha persoa ou dunha parella que se uniu en matrimonio. Non lles vai ben no matrimonio. 3. Parella unida en matrimonio. Son cinco de familia, o matrimonio e tres fillos.

pederasta s.m. Persoa que practica a pederastia. Foi condenado por pederasta. .

pederastia s.f. Abuso sexual cometido por un adulto cun menor. A pederastia está penada pola lei.

CONTESTACIÓN DA RAG O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE O 9 DE DECEMBRO

Estimado Fito:
Agradecemos a vosa observación, e concordamos plenamente co seu contido.
De feito, eu mesmo o día que saíu a noticia na prensa anunciei en
medios de comunicación e na TVG o cambio inmediato da redacción desta
entrada do DRAG, así como dalgunha outra que non se adapta á realidade
da sociedade actual. Mañá enviareille a nova redacción, porque non a
teño aquí neste momento.
Pido desculpas en nome da RAG, que non fixo máis ca seguir o criterio
dos dicionarios máis importantes das linguas da nosa contorna (se
examinas o mellor dicionario do portugués, o Huaiss, ou o Petit Robert
do francés, ou o Zingarelli do italiano, ou calquera outro, verás que
o tratamento é o mesmo que aparecía no DRAG.
Eu ben sei que isto non é xustificación para o que non é correcto,
pero asegúrolle que a RAG está fondamente comprometida co respecto dos
dereitos humanos, dos dereitos dos pobos, dos dereitos dos grupos e
colectivos sociais, e que trata de eliminar das súas obras todo aquilo
que poida implicar discriminación por razón de sexo, de ideoloxía ou
de relixión. O DRAG pretende ser modelo de corrección lingüística,
pero tamén modelo de corrección social. Por iso che reitero as nosas
desculpas, e, como xa che dixen, procedeuse inmediatamente á
corrección de varias entradas do dicionario que eran inapropiadas ou,
cando menos, non acordes coa realidade social actual.
Recibe un cordial saúdo, e agradezo sinceramente a vosa achega.
Manuel González González
Secretario da RAG

CARTA ENVIADA O 4 DE DECEMBRO POLO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A ACADEMIA GALEGA DA LINGUA

Estimados membros da Real Academia da Lingua Galega:


O motivo do presente escrito é o de transmitirlles o noso pesar e malestar como colectivo LGTB ante o que consideramos unha definición errónea e con tintes de homofobia que se atopa no seu Diccionario da Real Academia da Lingua Galega. Tal é o caso da verba “pederastia” que segundo se pode atopar no devandito diccionario atopamos a seguinte definición da mesma:

pederastas.m. 1. Home que mantén relacións homosexuais con nenos. Foi condenado por pederasta. CF. sodomita. 2. Por ext., homosexual masculino. Reivindicacións dos pederastas.

Consideramos que dita verba tanto etimolóxicamente como polo uso que se lle está a dar na actualidade na nosa sociedade nada ten que ver co colectivo homosexual masculino como se da a entender, resultando falsa por tanto a acepción. Así mesmo queremos subliñar o feito de que en todo momento vincúlase a “pederastia” coas relacións homosexuais cando na realidade prodúcense casos tanto heterosexuais como homosexuais, non tendo sentido facer esa puntualización e sendo máis correcto un texto máis neutro, referíndose a relacions sexuais con nenos sen especificar que sexan exclusivamente homosexuais como se fai agora.

Polo anteriormente exposto solicitámoslles que teñan a ben revisar esta acepción do Diccionario da Real Academia Galega tendo en conta o incorrecta da mesma e a adapten ó seu uso cotián.

domingo, 13 de diciembre de 2009

BRUCE SPRINGSTEEN APOYA LA LEY DE MATRIMONIOS GAYS EN NEW JERSEY.


En una declaracion en su pagina web Bruce Springsteen se ha posicionado frente a la ley de matrimonios del mismo sexo en New Jersey. Es importante el apoyo de figuras como la de Bruce Springsteen a nuestra cusa. Y tambien el hecho de que se este debatiendo el termino matrimonio. Despues de aprobada la ley en España, Holanda, Sudafrica, Neva Zelanda... en el resto del mundo quieren seguir nuestra estela y ya se lucha por la verdadera igualdad de nuestros derecho. Recordad que no es lo mismo MATROMINO que union civil.



"Como muchos de vosotros que vivís en Nueva Jersey, he estado siguiendo el progreso de legislación del matrimonio por la igualdad que se está examinando actualmente en Trenton. Durante mucho tiempo he creído y siempre he hablado de los derechos de las parejas del mismo sexo y estoy completamente de acuerdo con el Gobernador Corzine cuando escribe que: "El tema de la igualdad de matrimonio debería ser reconocido por lo que realmente es -un tema de derechos civiles que debe ser aprobado para asegurar que cualquier ciudadano sea tratado con igualdad por la ley ". Yo no podía estar más de acuerdo con esa declaración e incito a aquellos que apoyen la igualdad de trato para nuestros hermanos gays y hermanas lesbianas, para que sus voces se escuchen ya."


viernes, 11 de diciembre de 2009

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


O PSOE chama a seguir traballando para a
consolidación dos Dereitos Humanos

O Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo, sinalou con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos que “a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que hoxe conmemoramos, é o primeiro documento internacional que fai 61 anos recoñeceu a liberdade, a igualdade e a non discriminación de todos e cada un dos seres humanos”. Un texto que a pesares do tempo transcorrido “segue tendo plena vixencia”.
Por elo, Zerolo considerou “necesario que mulleres e homes sigamos traballando para a consecución e consolidación destes dereitos e liberdades fundamentais en todo o mundo”.
O dirixente socialista sinalou que o Plan de Dereitos Humanos, aprobado polo Consello de Ministros fai agora un ano, é unha boa ferramenta para acadar estes obxectivos. Un plan cunha vertente exterior que busca a promoción destes dereitos e outra interior que aposta porque esta perspectiva estea presente nas accións emprendidas polo Goberno.
Zerolo tamén apuntou que a próxima Lei de Igualdade de Trato e contra a discriminación “será unha ferramenta fundamental que garantirá o respecto á diversidade, e a non discriminación por razón de sexo, orixe étnico ou racial, opinións e crenzas, discapacidade, idade ou orientación sexual e identidade de xénero de cantas mulleres e homes viven no noso país”.
Finalmente, Zerolo recordou “que cando se deixan de promover os dereitos estes debilítanse”. “De aí que non só hoxe, senón todos os días, debamos loitar por esa liberdade e igualdade que fai 61 anos quedou plasmada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos”, concluíu.

Madrid, 10 de decembro de 2009

lunes, 7 de diciembre de 2009

RINCONES URBANOS


Os informamos de una actividad muy interesante que se llama "RINCONES URBANOS".
Una actividad que nos preponen desde la Concejalia de Movilidad, Transportes, Mercados y Sanidad conjuntamente con la Concejalia de Servicios Sociales que es la visita al cementerio de S. Amaro.
Es una visita muy, muy interesante ya que en ella se repasa la historia, el arte, la literatura y los personajes políticos, significativos para nuestra ciudad y tambíen para el resto de Galicia.
En la visita se conocen personajes como Curros, Pondal, Murguía, Lugrís....
Está programada una visita para el sábado 12 de diciembre a las 11:30 horas.
En caso de que os interese ir hay un autobús que saldría de los centros a las 11 horas. Sino quereis ir en el bus podeis ir por vuestra cuenta y en el cementerio os encontrareis con el guia, pero antes debeis anotaros en los centros civicos.
L@s interesad@s han de inscribirse a través de los centros cívicos de Elviña y Castrillón (que son los que van en esa tanda).
Asi que si quereis conocer un poco de la historia de nuestra ciudad a traves de un cementerio, pues animaros.

sábado, 5 de diciembre de 2009

XUVENTUDES SOCIALISTA Y EL GRUPO LGTB SOCIALISTA DE A CORUÑA 7 CORES REPARTEN MATERIAL CON MOTIVO DEL DIA DEL VIH-SIDA.



En la noche de ayer viernes, miembro@s de Xuventudes Socialistas y el Grupo de homosexuales y transexuales del PSOE de A Coruña han repartido preservativos y material informativo de la lucha contra el SIDA-VIH. Desde las doce de la noche hasta la tres de la madrugada fueron repartidos mas de dos mil preservativos además de otro material informativo por las zonas de ocio de nuestra ciudad y por los jardines de Méndez Núñez.

Los datos que nos ha ofrecido el ministerio de Sanidad muestran un repunte alarmante en la gente joven. Y aunque estos nuevos casos son mayores entre los heterosexuales, vuelve a haber un aumento entre los hombres homosexuales. Creemos que después de la lucha de los años 80-90 en este comienzo de siglo hay una relajación tanto por los usuarios como por las administraciones respecto al lema SEXO SEGURO.

Por eso pedimos a la Conselleria de Sanidad que haga unas campañas de prevención que llegue a toda la población, no solo a la homosexual como la de este año. Ya que el sida actua sobre toda la población. La prevención, el uso de preservativos y la educación son la única manera de luchar contra el VIH:SIDA.

También se ha detectado una tardía detención de las personas que son seropositivas. Por lo que instamos a la conselleria de Sanidades que ponga en marcha un protocolo para que en los centro sanitarios se hagan una pruebas rápidas y sencillas que sean accesibles a toda la población.

Es por eso que el Gupo LGTB Scoialista de A Coruña quiere insistir en la necesidad de que las políticas que dan respuesta a la infección por VIH tengan una visión y actuación integradora y global, contemplando las íntimas conexiones entre y el estigma, la prevención y el diagnóstico precoz de la infección.

Dedicaremos nuetros esfuerzos a fomentar que desde las instituciones se promuevan actuaciones que favorezan actitudes de solidariedad y respecto de los derechos humanos de las personas que viven con el VIH.

viernes, 4 de diciembre de 2009

XUVENTUDES SOCIALISTAS Y 7 CORES SALDRA A REPARTIR MATERIAL ESTA NOCHE CON MOTIVO DEL DIA DEL SIDA

El colectivo LGTB socialista de A Coruña acompañara a Xuventudes Socialistas de A coruña en un reparto de material informativo sobre el SIDA-VIH y SEXO SEGURO, con motivo de la celebración del día internacional de SIDA-VIH que se celebró el martes dia 1 de diciembre.
Nos concentraremos a las 23:30 en Obelisco para empezar el reparto por Mendez Nuñez, locales de ambiente, etc...
Os esperamos a tod@s en el obelisco.

martes, 1 de diciembre de 2009

MANIFIESTO DO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE NO DÍA MUNDIAL DA SIDA: ACCESO UNIVERSAL E DEREITOS HUMANOS



O grupo LGTB do PSdeG-PSOE no día mundial da SIDA, en consonancia coa campaña internacional da SIDA “Acceso Universal e Dereitos Humanos”, quere manifestar o seu compromiso cos dereitos humanos das persoas con VIH e expresar a súa firme
vontade de contribuír a dar unha resposta ao estigma e á discriminación que sofren estas persoas. Diversas investigacións levadas a cabo nos últimos anos en España, tales como o informe FIPSE (2005) sobre discriminación arbitraria das persoas que viven co VIH ou a SIDA, ou o estudo SEISIDA (2009) sobre actitudes da poboación española cara as persoas con VIH,
confirmaron que o prexuízo e o rexeitamento cara as persoas con VIH son unha realidade na nosa sociedade.

Este estigma é a raíz dunha serie de consecuencias e efectos que están a determinar a existencia de graves problemas sociais e sanitarios na actualidade. Entre eles están o illamento social e a dificultade de emprender un proxecto de vida familiar, social e/ou laboral en iguais condicións có resto da poboación.
Tamén están documentadas as enormes implicacións que o estigma ten na saúde pública, obstaculizando a prevención e o tratamento. O estigma e a discriminación actúan como promotores da invisibilidade do VIH, dificultando ademais a vixilancia epidemiolóxica da
infección e, con iso, a aplicación práctica de programas de prevención e control da infección.
É por iso que o grupo LGTB do PSdeG-PSOE quere insistir na necesidade de que as políticas que dan resposta á infección por VIH teñan unha visión e actuación integradora e global, contemplando as íntimas conexións entre o estigma, aprevención e o diagnóstico precoz da infección.
Manifestamos a necesidade crucial de protexer os dereitos humanos e acadar o acceso universal á prevención, tratamento, atención e apoio relacionados co VIH. Para as mulleres e homes socialistas alcanzar estes obxectivos é un imperativo de dereitos humanos. É fundamental que a
resposta mundial á pandemia se fundamente nos dereitos humanos e que a discriminación e as leis que castigan ás poboacións máis afectadas polo VIH sexan eliminadas.
Arredor de 84 países dispoñen de leis e políticas que son un obstáculo á prevención, tratamento, atención e apoio eficaces do VIH para as poboacións vulnerables e 59 países seguen a ter leis que limitan a entrada, estadía e residencia das persoas que viven co VIH baseándose unicamente no seu estado seropositivo, o que as discrimina na súa liberdade de movemento e dereito ao
traballo.
Así pois, instamos a todos os organismos responsables das políticas nesta área que integren nas súas actuacións esta visión global e se comprometan a velar para que se tomen as medidas axeitadas para a eliminación do estigma e a discriminación, así como a todos os países a cumprir
os múltiples compromisos que adoptaron para protexer os dereitos humanos, como a Declaración de compromiso sobre o VIH/SIDA de 2001 e a Declaración Política sobre o VIH/SIDA de 2006. O PSOE dedicará os seus esforzos a fomentar que desde as institucións se promovan actuacións que favorezan actitudes de solidariedade e respecto dos dereitos humanos das persoas que viven
co VIH.
Manifestamos que a sociedade civil e as persoas con VIH son unha forza radical para o cambio, recoñecendo que o seu papel é fundamental na resposta aos problemas asociados á infección por VIH. É por iso necesario contar coa súa participación en todas as fases das políticas relativas á infección por VIH.
Comprometémonos así mesmo a reforzar e potenciar o traballo dos organismos e institucións responsables das políticas no ámbito do VIH e manifestamos que dar unha resposta eficaz á infección por VIH e aos seus problemas asociados é unha prioridade na axenda deste partido.
No Día Mundial da SIDA, as mulleres e os homes socialistas, lembramos aos que faleceron a causa da SIDA; reiteramos o noso compromiso coas persoas afectadas polo VIH e a SIDA e alentamos e apoiamos a quen desde as organizacións sociais ou desde as súas
tarefas profesionais, traballan neste eido e dedican as súas vidas a dar unha resposta que reduza ou elimine o impacto desta epidemia e a garantir os dereitos humanos, o apoio e a atención das persoas seropositivas.


1 de decembro de 2009