O PSOE chama a seguir traballando para a
consolidación dos Dereitos Humanos
O Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo, sinalou con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos que “a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que hoxe conmemoramos, é o primeiro documento internacional que fai 61 anos recoñeceu a liberdade, a igualdade e a non discriminación de todos e cada un dos seres humanos”. Un texto que a pesares do tempo transcorrido “segue tendo plena vixencia”.
Por elo, Zerolo considerou “necesario que mulleres e homes sigamos traballando para a consecución e consolidación destes dereitos e liberdades fundamentais en todo o mundo”.
O dirixente socialista sinalou que o Plan de Dereitos Humanos, aprobado polo Consello de Ministros fai agora un ano, é unha boa ferramenta para acadar estes obxectivos. Un plan cunha vertente exterior que busca a promoción destes dereitos e outra interior que aposta porque esta perspectiva estea presente nas accións emprendidas polo Goberno.
Zerolo tamén apuntou que a próxima Lei de Igualdade de Trato e contra a discriminación “será unha ferramenta fundamental que garantirá o respecto á diversidade, e a non discriminación por razón de sexo, orixe étnico ou racial, opinións e crenzas, discapacidade, idade ou orientación sexual e identidade de xénero de cantas mulleres e homes viven no noso país”.
Finalmente, Zerolo recordou “que cando se deixan de promover os dereitos estes debilítanse”. “De aí que non só hoxe, senón todos os días, debamos loitar por esa liberdade e igualdade que fai 61 anos quedou plasmada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos”, concluíu.
Madrid, 10 de decembro de 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario