Fai poucas semanas que rematou a III edición do festival cultural A Coruña Visible. Este ano foi sen lugar a dúbidas o ano do seu despegue definitivo. Empezou a cumprir claramente o seu obxectivo de reunir a todo o colectivo LGTB en torno a unhas cantas manifestacións culturais e a súa vez mostrar “o noso mundo” ó resto da sociedade. Pola contra, hoxe nos levantámonos cunha noticia no xornal que nos deixou simplemente perplexos. Ó parecer o Partido Popular pediu información do gastado en dito festival, o que ata certo punto podería ser normal, pero vindo de quen ven parece xa algo persecutorio. A estas persoas non lles chega con querer perpetuarnos nun status de cidadáns de “segunda” tentando anular o noso dereito a contraer matrimonio senón que está claro que nos quere volver meter no armario. Está claro que o feito de que nos reunamos entorno a dous concertos, un monólogo, unha exposición de fotos ou a unha boísima obra de teatro revólvelle as tripas… Todos sabemos xa a súa filosofía arredor da problemática LGTB e o seu lema sempre é o mesmo “cada un que faga o que queira pero dentro da súa casa”.
Nós dende o grupo LGTB socialista “Sete Cores” queremos deixar claro o noso apoio o noso concello; co que colaboramos e colaboraremos nun futuro por moito que algúns nos queiran volver meter nas “mazmorras”. Queremos expresar o noso orgullo porque o noso alcalde deixara claro o seu apoio ó noso colectivo e que se sinta sumamente comprometido na solución de todas as problemáticas que inda no presente non nos deixan desenrolar a nosa vida en plena normalidade.
Queremos manifestar asemade a nosa decepción e a nosa sorpresa ó ver que o novo colectivo COLEGAS interiorizara esa forma de entender o movemento LGTB que leva nas súas siglas o Partido Popular. Non chegamos a entender porque un colectivo LGTB na primeira visita ó concello de A Coruña non pregunta ós responsables cales son as políticas LGTB realizadas, e sen embargo interésase unicamente polo gastado no festival A Coruña Visible. Estas persoas, saben perfectamente que esa información a teñen a súa disposición pero cumprimentando os mesmos formularios que o resto dos cidadáns. Podo asegurar que o saben porque cada día visitan un concello, algún goberno autonómico ou calquera organismo público e polo tanto estou plenamente seguro que todo ese tempo invertido en viaxes e entrevistas lles fixera aprender que en democracia todo ten o seu cauce e que un non pode entrar no despacho dun concelleiro e esixir ese tipo datos xa que sería de todo punto irregular o facilitárselles desa maneira.
Queremos aproveitar esta comunicación para reiterar a nosa petición ó Partido Popular da retirada do recurso de anticonstitucionalidade contra a Lei de Matrimonio Civil. Así mesmo queremos pedir o apoio ós compoñentes do colectivo Colegas na consecución de dito obxectivo. Estamos seguros que, como a todo o movemento LGTB, a eles tamén revólvenselle as entrañas cando ven que o principal partido da oposición quere privarnos de vivir as nosas vidas coa mesma normalidade que calquera cidadán deste país.
sábado, 19 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario