lunes, 14 de diciembre de 2009

CARTA ENVIADA O 4 DE DECEMBRO POLO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A ACADEMIA GALEGA DA LINGUA

Estimados membros da Real Academia da Lingua Galega:


O motivo do presente escrito é o de transmitirlles o noso pesar e malestar como colectivo LGTB ante o que consideramos unha definición errónea e con tintes de homofobia que se atopa no seu Diccionario da Real Academia da Lingua Galega. Tal é o caso da verba “pederastia” que segundo se pode atopar no devandito diccionario atopamos a seguinte definición da mesma:

pederastas.m. 1. Home que mantén relacións homosexuais con nenos. Foi condenado por pederasta. CF. sodomita. 2. Por ext., homosexual masculino. Reivindicacións dos pederastas.

Consideramos que dita verba tanto etimolóxicamente como polo uso que se lle está a dar na actualidade na nosa sociedade nada ten que ver co colectivo homosexual masculino como se da a entender, resultando falsa por tanto a acepción. Así mesmo queremos subliñar o feito de que en todo momento vincúlase a “pederastia” coas relacións homosexuais cando na realidade prodúcense casos tanto heterosexuais como homosexuais, non tendo sentido facer esa puntualización e sendo máis correcto un texto máis neutro, referíndose a relacions sexuais con nenos sen especificar que sexan exclusivamente homosexuais como se fai agora.

Polo anteriormente exposto solicitámoslles que teñan a ben revisar esta acepción do Diccionario da Real Academia Galega tendo en conta o incorrecta da mesma e a adapten ó seu uso cotián.

No hay comentarios: