lunes, 21 de diciembre de 2009

CARTA ENVIADA POLO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A REAL ACADEMIA GALEGA.

Estimado Manuel González:

O motivo de dirixirme a vostede é porque tivemos coñecemento de que tanto a Real Academia Galega como o grupo COLEGAS deron unha rolda de prensa na que se presentaban os cambios que se ían a producir en diferentes definicións que existían no seu dicionario e que contiñan tanto elementos homófobos ou ben quedaran desfasadas por non describir a realidade actual. Nesta rolda de prensa deuse a entender que ditos cambios viñeran motivados única e exclusivamente pola labor realizada polo colectivo COLEGAS.
Cal non sería a nosa sorpresa e o profundo malestar que nos ocasionaron ditas afirmacións tendo en conta que en datas moi recentes fixemos chegarlles tanto unha carta por correo ordinario como diferentes correos electrónicos nos que como colectivo LGTB lles solicitábamos que se levasen a cabo os cambios arriba mencionados. O desprezo feito cara o noso grupo non é exclusivo, xa que sabemos que outros colectivos de Galicia que levan anos traballando na nosa terra polos dereitos LGTB levaron a cabo unha acción similar, ademais de iniciativas como a creación de grupos en diferentes redes sociais para solicitar e promover estes cambios que tan necesarios considerábamos. Un esforzo de moita xente e colectivos que nesta rolda de prensa foi obviado de forma inescusable nun afán de acaparación de protagonismo que non acadamos a comprender.
Cando no seu día lles remitimos a nosa misiva, esperamos un tempo prudencial antes de facela publica, entendendo que a RAG é unha institución que merece o noso respecto e considerando que non había mala vontade nin intención de manter unhas definicións obsoletas e homófobas nunha obra de referencia como é o dicionario da súa entidade. Pero o comportamento levado a cabo neste tema danos a entender unha falta absoluta de respecto á pluralidade da nosa sociedade, aproveitando para realizar un acto partidista que cremos non é digno dunha institución como a RAG.

Atentamente:

Fito Ferreiro Seoane
Coordenador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE

1 comentario:

Mar Barcón dijo...

Es obvio que el lenguaje no es inocente. Las mujeres lo sabemos bien. Sigamos luchando por la visibilidad y la dignificación de las personas. Enhorabuena.