miércoles, 26 de mayo de 2010

O GRUPO 7 CORES NO MAIO XOVE DE OURENSE

A xente do Barco de Valdeorras escapa a Ourense, a de Ourense a Vigo ou A Coruña” explicou Fito Ferreiro na súa visita a Ourense.





Dentro da programación dos “Maios Xoves” de Ourense celebrouse un “obradoiro sobre diversidade homosexual e transexual básico” na casa da Xuventude desta cidade.

O acto foi conducido por José Manuel Montero, membro do colectivo homosexual e transexual de Ourense A.G.L.E.T. Falou “da situación das persoas LGTB na cidade de Ourense e da problemática que ten o colectivo especialmente na provincias do interior de Galicia”

Logo falou Fito Ferreiro do grupo LGTB dos socialistas de Galicia 7 CORES sobre a futura “lei de igualdade de oportunidades e para a non discriminación” que pronto será aprobada polo goberno socialista do estado. Unha aposta por unha sociedade diversa, participativa e respectuosa coa pluralidade "na que colla todo o mundo desde a diferenza de cada quen. Unha lei que baseándose na educación, garantirá a igualdade de oportunidades e de consideración de toda a cidadanía, con independencia do seu sexo, orixe racial ou étnico, procedencia, conviccións ou crenzas, idade e orientación sexual ou identidade de xénero".

Tamén discutiuse no obradoiro sobre os movementos migratorios debidos ós problemas que ten a xente LGTB na nosa terra. Fito Ferreiro falaba de que “seguen detectándose movementos migratorios de aldeas a vilas, de vilas a cidades pequenas e destas ás grandes. A xente do Barco de Valdeorras escapa a Ourense, a de Ourense a Vigo ou A Coruña, e a destas cidades a Madrid, Barcelona ou Londres.” O coordinador galego do grupo 7 CORES, explicou que “inda se está a dar este proceso porque a pesares de que as novas leis permítennos vivir con todos os apoios legais, realmente segue sendo difícil para as persoas homosexuais e transexuais desenrolarse plenamente. E non so á xente que está máis armarizada, tamén estes problemas son compartidos coas xentes que viven máis libremente. Existen para o noso colectivo moitas dificultades para desenrolar unha vida plena.”

Nelson Gabriel Rodríguez Avilez falou da súa experiencia no Servizo de Mediación e Información de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais das cidades de A Coruña e Lugo. Que xente soe acudir a este servizo a pedir información ou como están preparadas as charlas para dar nos institutos e colexios. Falou tamén da situación actual no mundo da homosexualidade onde en oito países leva á pena de morte. Tamén introduciunos nas novas teorías sobre a homosexualidade, a teoría QUEER, que ven do mundo da anarquía e introduciu a problemática dos “intersexuais”.

Para finalizar debateuse entre todas e todos sobre a transexualidade en Galicia e pediuse a eliminación desta do catálogo de enfermidades da Organización Mundial da Saúde e a necesidade de facer unha gran campaña para conseguir este obxectivo.

Antes do obradoiro o coordinador do grupo LGTB dos socialistas de Galicia reuniuse con Jorge Quintela, presidente da Asociación de Gais Lesbianas e Transexuais de Ourense A.G.L.E.T. Fito Ferreiro explicou as políticas que estanse a levar no PsdeG-PSOE en materia LGTB. Falaron de como funciona e da filosofía dos servizos de mediación LGTB municipais. Tamén falaron dos actos que se poderían realizar durante o Día do Orgullo na cidade de Ourense.

Ó presidente de A.G.L.E.T presentóuselle o texto que será levado polo grupo LGTB 7 CORES na próxima conferencia política do PSdeG-PSOE do mes de Xuño. Un texto que fala de forma especifica da problemática do noso colectivo en Galicia. (Podedes ver o texto neste Blog) Ofrecéuselle ó colectivo de Ourense a posibilidade de incorporar novos puntos de vista que poidan axudar a mellorar este texto. Finalmente acordouse un futuro de colaboración entre A.G.L.E.T e 7 CORES.

A xornada en Ourense comezou cunha xuntanza na concellería de Benestar Social coa titular do departamento Margarita Martin. Nesta reunión traballouse principalmente de como por en marcha o servizo municipal de Mediación e Información LGTB. Nelson Gabriel Rodríguez de Avilez explicou como funciona e os obxectivos deste servizo, esencial para axudar a conseguir a igualdade real do noso colectivo. A concelleira Margarita Martin comprometeuse a por este servizo en marcha o antes posible, agora quedando pendente todo o tramite que hai que realizar no concello e a presentación deste ó Alcalde da cidade, Francisco Rodríguez.

Tamén se lle solicitou á concelleira que apoie dunha forma especial ó colectivo A.G.L.E.T da cidade, tanto nos seus proxectos como especialmente na programación do Orgullo 2010. Xa que as institucións deben implicarse nos actos do día no que o mundo LGTB únese para gritar e loitar pola igualdade real e legal en todo o mundo.

martes, 25 de mayo de 2010

”Concurso de Diseño de camisetas y flyer Orgullo LGTB 2010”

Asociación Nós mesmas


Con motivo del Día del orgullo de gays, lesbianas, bisexuales y
transexuales en el que se celebra la igualdad y libertad de TODAS las personas; la
Asociación Nós Mesmas convoca
”Concurso de Diseño de camisetas y flyer Orgullo LGTB 2010”

1- PARTICIPANTES: Podrá participar cualquier persona hasta la fecha de
finalización del plazo de presentación de diseño.

2- TEMA: El motivo será la celebración del Orgullo LGTB 2010, conmemorando el Día
internacional de gays, lesbianas, transexuales y bisexuales.
El lema central es “Año para TRANSformar” (en este año destacamos la problemática que
viven las personas transexuales en todos los ámbitos de su vida, así como se exige la
despatologización de la transexualidad en los manuales de psicología como el DSM)
Puede ser a modo de denuncia, de celebración, parodía etc
No tiene porque estar relacionado con la temática de este año del Orgullo, pero si con el
ideario de la asociación. El mensaje debe estar en positivo, y que destaque la visibilidad
lésbica.

3- FINALIDAD DE LOS TRABAJOS: El ganador se utilizará para el
diseño de las camisetas y flye del Orgullo LGTB 2010 de la entidad convocante del Concurso
(Asociación Nós mesmas). Así mismo se utilizará como base del diseño de otro tipo de soportes
de promoción de las actividades del Orgullo LGTB 2010 (dípticos,etc.)
* Los diseños no premiados estarán expuestas en el blog de la asociación.

4- PRESENTACION: Debe enviarse el concepto gráfico o boceto de un diseño
para imprimir en la parte delantera y/o también de la trasera de una camiseta.
IMPORTANTE:
· Los Diseños presentados serán originales e inéditos.
· No se podrán incluir imágenes o dibujos que estén protegidos por las leyes de
propiedad intelectual.

-. Cualquier duda remitirse a la organización del concurso, a la siguiente dirección de correo
electrónico: nosmesmas@felgtb.org

5- CARACTERÍSTICAS DEL DISEÑO:
· Debe enviarse el concepto gráfico o boceto de un diseño para imprimir en la parte delantera
y/o también de la trasera de una camiseta.
.Todo texto que incluya deberá estar en gallego.
· El diseño podrá incluir imagen, texto y/o combinación de ambos, pero solo a un tono o
color, (porque será con imprenta a vinilo para que sea de mayor calidad)
· El diseño deberá incluir el nombre de la asociación: Asociación Nós mesmas
· El diseño se enviará en formato electrónico (mapa de bits: GIF, JPEG, PNG….)
- El diseño se mandará a: nosmesmas@felgtb.org
- En caso de participar se deberá rellenar un formulario de inscripción, o simplemente
indicando NOMBRE, APELLIDOS, e-mail, # teléfono de contacto
- FECHA desde que el día de hoy 20/05/2010 hasta el 14 de junio
- Jurado: Es una votación internauta.@@@@

A medida que se reciban los diseños se subirán al blog y a la página de la asociación
(nosmesmas.blogspot.com y www.nosmesmas.com, respectivamente) comenzando así el
proceso de votación, por tanto cuanto antes se mande el diseño más tiempo y más
votaciones puede recibir…
Todas las personas que entren en el blog o en la página pueden dar un voto. Es una votación
libre (se vota a la que más guste considerando las variables de bonito, originalidad, denuncia,
valores…)

-.PREMIOS:
Se otorgarán tres premios en base al número de votos recibidos.
El primer premio será mp3 y camiseta con el diseño ganador
El segundo premio: marco multifotos, y pack asociación (camiseta con el diseño ganador y 2
libros temática)
Tercer premio camiseta con el diseño ganador

6. DERECHO DEL DISEÑO
- El autor del diseño ganador concederá (por participar y por tiempo indefinido)
derechos no exclusivos de uso y publicación del diseño a asociación Nós mesmas. No
figurará el nombre del diseñador en la camiseta, pero sí su diseño-valga la
redundancia-. Aparte del premio que le será concedido al/los ganador/es del concurso,
no recibirá ningún beneficio extra ni del recaudo de la venta que se realice de las
camisetas en un futuro. No obstante el diseño será PI de su autor
- La organización del concurso de diseño de camisetas de Nós Mesmas Orgullo 2010 se
reserva el derecho de no admitir determinados diseños bien por su contenido, por
utilizar imágenes con copyright, por no tener calidad suficiente (baja resolución), por
ser una "copia" de un diseño ya presentado o por estar fuera de los puntos
mencionados anteriormente. Asimismo la organización tiene una política de igualdad a
la hora de gestionar el concurso, es decir que puede participar cualquier persona sin
depender de su edad, género, nacionalidad, etnia.
- PROTECCION DE DATOS: Los datos de carácter personal presentados a este concurso
podrán ser incorporados a los ficheros de tratamiento, manual o informatizados,
titularidad de Nós Mesmas y los/las interesados/as autorizan a que dichos datos
puedan ser utilizados, salvo orden en contrario, para el envío de comunicaciones
relativas a la resolución de concurso. Los interesados tendrán derecho, en los términos
previstos en la Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal, a conocer,
rectificar y cancelar los datos de carácter personal.
La participación en este concurso supone
la aceptación de estas bases.

lunes, 24 de mayo de 2010

O GRUPO LGTB 7 CORES CELEBRA QUE O GOBERNO INSTE Á OMS Á DESPATOLOXIZACIÓN DA TRANSEXUALIDADE

MEDIANTE UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL APROBADA EN CONSELLO DE MINISTROS




O Secretario de Movementos Sociais e de relacións coas ONG do PSOE, Pedro Zerolo, celebrou hoxe o Acordo do Consello de Ministros polo que mediante unha Declaración Institucional polo Día Internacional contra a homofobia e a transfobia insta á Organización Mundial da Saúde (OMS) a eliminar a transexualidade da Clasificación Internacional de Enfermidades. “O mantemento desta situación é un anacronismo que non responde a evidencia científica ningunha pero que está a ser utilizado para a estigmatización, persecución e represión das persoas transexuais en moitas partes do mundo”, indicou.
O responsable socialista sinalou que as persoas transexuais son, de acordo cos informes da Unión Europea, “unha das poboacións máis vulnerables á exclusión e á discriminación en Europa especialmente no acceso ao emprego e aos servizos” e por iso se encontran entre os sectores de actuación que establece o Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social 2008-2010 aprobado polo Goberno socialista. 
Zerolo sinalou que o noso país será o vindeiro mes de xuño a sede do I Encontro mundial sobre os dereitos humanos das persoas transexuais, impulsado por distintas organizacións nacionais e internacionais de dereitos humanos co apoio do Goberno de España.
Finalmente, o dirixente socialista lembrou que o Consello de Ministros aprobou o pasado mes de xuño a declaración do 17 de maio como Día Internacional contra a homofobia e a transfobia, instando a Nacións Unidas a recoñecer este día internacional de loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero.

martes, 18 de mayo de 2010

O PSOE CELEBRA QUE O GOBERNO INSTE Á O.M.S. Á DESPATOLOXIZACIÓN DA TRANSEXUALIDADE

MEDIANTE UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL APROBADA NO CONSELLO DE MINISTROS




O Secretario de Movementos Sociais e de relacións coas ONG do PSOE, Pedro Zerolo, celebrou hoxe o Acordo do Consello de Ministros polo que mediante unha Declaración Institucional polo Día Internacional contra a homofobia e a transfobia insta á Organización Mundial da Saúde (O.M.S.) a eliminar a transexualidade da Clasificación Internacional de Enfermidades. "O mantemento desta situación é un anacronismo que non responde a evidencia científica algunha pero que está sendo utilizado para a estigmatización, persecución e represión das persoas transexuais en moitas partes do mundo", indicou.

O responsable socialista sinalou que as persoas transexuais son, de acordo cos informes da Unión Europea, "unha das poboacións máis vulnerables á exclusión e á discriminación en Europa especialmente no acceso ó emprego e ós servizos" e por elo encóntranse entre os sectores de actuación que establece o Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social 2008-2010 aprobado polo Goberno socialista.

Zerolo sinalou que o noso país será o próximo mes de xuño a sede do I Encontro Mundial sobre os dereitos humanos das persoas transexuais, impulsado por distintas organizacións nacionais e internacionais de dereitos humanos co apoio do Goberno de España.

Finalmente, o dirixente socialista recordou que o Consello de Ministros aprobou o pasado mes de abril a declaración do 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, instando a Nacións Unidas a recoñecer este día internacional de loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero.

domingo, 16 de mayo de 2010

O GRUPO 7CORES CELEBRA CON UN ACTO EN LUGO O DIA CONTRA HOMOFOBIA



DÍA CONTRA A HOMOFOBIA EN GALICIA

A Coruña, 16 de maio de 2010.- Solicitar que a transexualidade deixe de ser considerada unha enfermidade pola OMS foi o punto central sobre o que se vertebrou o acto que tivo lugar esta tarde en Lugo co gallo da celebración do Día Internacional contra a Homofobia e que foi organizado polo grupo LGTB do PSdeG-PSOE. A Praza do Campo da cidade lucense foi o escenario escollido este ano para levar a cabo o acto central deste día reivindicativo. No mesmo contouse coa presenza da deputada Silvia Fraga, portavoz de Movimentos Sociais e Igualdade do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego.

Guillermo Redondo, representante do colectivo LGTB A.L.A.S. Lugo, foi o encargado de ler un manifesto no que se congratulaban polo feito de que a homosexualidade xa non sexa considerada unha enfermidade, pero no que recoñecían ademais que inda falta moito camiño por recorrer e no que se solicitaba que este mesmo trato fose outorgado para a transexualidade que a día de hoxe todavía se considera enfermidade. No seu manifesto tamén pedían das institucións públicas unha maior implicación na loita contra a homofobia e a transfobia.

A continuación foi Fito Ferreiro, coordinador do grupo LGTB socialista 7Cores, que procedeu á lectura dunha declaración de intencións nas que se solicitaba e instaba ó Goberno de España a que traballe para que a transexualidade deixe de estar catalogada como unha enfermidade mental, aproveitando o proceso actual de revisión das clasificacións de enfermidades que estable a OMS. Recalcou ademais a necesidade de implicarse e axudar na súa loita as/os compañeiros/as transexuais que foron os pioneiros na loita polos dereitos do colectivo LGTB.

A deputada socialista Silvia Fraga leu a continuación o manifesto do PSdeG-PSOE polo Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Para rematar o acto, a militante transexual do grupo 7Cores Cristal Rámirez levou a cabo a solta de globos multicores que representaban a bandeira homosexual.

No acto tamén estiveron presentes representantes de A.L.A.S. Coruña, sumándose as reivindicacións os colectivos Milhomes de A Coruña, Nós Mesmas de Vigo, A.G.L.E.T. de Ourense, C.G.C. de Santiago, BOGA de Santiago e da Federación Galega ATURUXO.

O acto aproveitouse ademais para repartir entre a cidadanía folletos informativos nos que se recollía información acerca do motivo polo cal o 17 de maio ten lugar o Día Internacional contra Homofobia, Transfobia e Bifobia, xa que no 1990 foi nesa data cando a OMS suprimiu a homosexualidade da lista das enfermidades mentais.

DÍA CONTRA A HOMOFOBIA EN GALICIA







sábado, 15 de mayo de 2010

MANIFESTO DO PSdeG- PSOE POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA

O 17 de maio de 1990, hai agora 20 anos,a Organización Mundial da Saúde (OMS) eliminou a homosexualidade da lista de enfermidades mentais; xa en 1973 a Asociación Americana de Psiquiatría (APA) retirárao do seu manual de diagnóstico, pechando así a porta ao fundamento pseudocientífico que utilizaban algúns para xustificar actos de homofobia, transfobia ou bifobia. Estes feitos, baseados na evidencia científica, pretenderon acabar con case un século de prexuízo médico e discriminación sistemática contra lesbianas, gais e bisexuais. En conmemoración deste acontecemento, a Organización Internacional de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (ILGA) acordou conmemorar esta data como día internacional contra a homofobia e a transfobia en todo el mundo.
A homofobia e a transfobia seguen a ser unhas das formas de odio máis estendidas, e encontran reflexo, aínda na actualidade, na lexislación de numerosos países do mundo. Segundo o último Informe sobre Homofobia de Estado de ILGA, 80 países condenan as relacións homosexuais, algúns deles con pena de morte (Irán, Mauritania, Arabia Saudita, Sudán, Iemen e zonas de Nixeria e Somalia). Diversos informes internacionais inclúen estatísticas preocupantes sobre asasinatos de activistas e persoas LGTB no mundo. As persoas transexuais son un dos colectivos máis excluídos socialmente, como poñen de manifesto os informes elaborados pola Comisión Europea, sendo obxecto dunha importante discriminación no ámbito laboral e educativo. Aínda hoxe se mantén a transexualidade no catálogo de enfermidades mentais da OMS, o que xerou un importante movemento de activistas e profesionais da saúde solicitando a súa eliminación como patoloxía. Neste sentido o pasado 5 de maio o Grupo Parlamentario Socialista presentou no Congreso dos Deputados unha Proposición Non de Lei para que a transexualidade deixe de estar catalogada como unha enfermidade mental, e instando ao Goberno de España a que impulse as xestións necesarias para a súa eliminación, aproveitando o proceso actual de revisión das clasificacións de enfermidades que establece a OMS, e que son unha referencia nos sistemas sanitarios e os ordenamentos xurídicos de todo o mundo.
O Consello de Ministros do 27 de xuño de 2009, acordou a proposta dos Ministerios de Igualdade e de Asuntos Exteriores e de Cooperación, promover o recoñecemento internacional do 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, sumando así ao noso país ao grupo de Estados que impulsan o recoñecemento internacional por parte de Nacións Unidas do 17 de maio como símbolo da loita pola igualdade. A aprobación deste Acordo supuxo unha manifestación máis da loita pola igualdade efectiva nestes últimos anos, nos que o Goberno socialista deu importantes pasos para conseguir eliminar a homofobia, a transfobia e a bifobia, así como calquera forma de discriminación latente na nosa sociedade.

Estas iniciativas na loita contra a discriminación veranse impulsadas pola próxima Lei de Igualdade de Trato e contra a Discriminación, que incluirá entre outros ámbitos de acción, a loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero, e que colocará ao noso país na vangarda dos países que promoven políticas antidiscriminatorias integrais e efectivas

miércoles, 12 de mayo de 2010

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PARLAMENTO DE GALICIA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA

Esta mañán o Parlamento de Galcia ven de aprobar unha declaración institucional polo DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA.

Esta declaración institucional foi respaldada pola totalidade da cámara galega a iniciativa do Grupo Parlamentario Socialista, que deu traslado así ó Parlamento galego das demandas plantexadas polo grupo de homosexuais e transexuais dos socialistas galegos.





DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO PARLAMENTO DE GALICIA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA

Cando se cumpren 20 anos dende que a Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde suprimiu a homosexualidade da súa lista de enfermidades mentais, é necesario mostrar a nosa solidariedade cos millóns de persoas que en todo o mundo seguen a sufrir graves discriminacións por razón da orientación sexual ou identidade de xénero e facer un chamamento a cidadanía e ás institucións públicas para erradicar a homofobia e a transfobia.

Os avances producidos a nivel legal para a erradicación das discriminacións por orientación sexual, non eliminan a persistencia desta na nosa sociedade. Por iso é unha labor das institucións traballar na loita contra estas discriminacións.
Tanto os poderes públicos como os e as cidadáns temos a obriga de axudar a sensibilizar e traballar a prol da igualdade real das persoas.

A información e a educación son os camiños para acadar unha sociedade máis xusta, onde as persoas poidan vivir en sintonía coa súa orientación sexual en todas as nosas vilas e cidades. O contexto actual esixe unha visibilidade máis cotiá que ofreza a realidade do colectivo homosexual e transexual en toda a súa diversidade dunha maneira positiva.

Os poderes públicos tamén deben loitar contra a transfobia homofobia, en todos os ámbitos da sociedade, especialmente durante a adolescencia, cando se está formando a personalidade e somos máis vulnerables, facendo plans especiais contra o “bullying”.

É importante lembrar que a nivel internacional a homofobia a transfobia e a bifobia poden ter forma da lei que condena as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como acontece en 80 países, ou incluso pena de morte, como acontece 8 nacións.


O Parlamento de Galicia condena estas discriminacións por motivos de orientación ou identidade sexual ou de xénero e considera que deben ser erradicadas, apoia a declaración do Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia e traballará para que a ONU urxa aos estados a tomar todas as medidas necesarias, lexislativas ou administrativas, para asegurar que a orientación sexual ou identidade de xénero non poida ser, baixo ningunha circunstancia, base para a acción penal.


O Parlamento de Galicia comprométese a traballar activamente contra a homofobia, transfobia e a bifobia e a efectivizar as previsións legais que prohiben a discriminación por razón de orientación sexual.

martes, 11 de mayo de 2010

O xurado de TRASGRAFÍAS. VIDAS EN SETE CORES” está composto por membros da Executiva do PsdeG, do grupo LGTB e do eido artístico e literario

ESTE MES REMATA O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS AO CONCURSO “TRASGRAFÍAS. VIDAS EN SETE CORES” CONVOCADO POLO GRUPO LGTB

O xurado que decidirá o relato gañador está composto por membros da Executiva do PsdeG, do grupo LGTB e do eido artístico e literario




Santiago de Compostela, 10 de maio de 2010.- O vindeiro 25 de maio remata o prazo para a presentación de traballos ao concurso literario “Trasgrafías. Vidas en sete cores” convocado polo Grupo de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais do PsdeG (LGTB). Un concurso que ten por obxecto contribuír á normalización da realidade homosexual galega a nivel social, reflectindoa mediante as vivencias cotiás deste colectivo.

Trátase dun certame interxeneracional no que poderán participar todos os interesados co único requisito de ser maiores de 16 anos e que estean interesados en facer visible a realidade deste colectivo.

O xurado que determinará os relatos gañadores está composto polo xornalista Xosé Antón García Ferreiro, a actriz Tamara Canosa, a poeta Yolanda Castaño, a secretaria de Igualdade do PsdeG e directora do Instituto da Muller, Laura Seara, o secretario de Organización do PsdeG, Pablo García, a portavoz do PsdeG, Mar Barcón, o secretario xeral das XXSS de Ourense, Johnatan Dasilva; e o coordenador do LGTB, Fito Ferreiro.

As persoas que desexen participar deberán mandar a súa obra en formato pdf á conta de correo electrónico lgtb@psdeg-psoe.org especificando nome, apelidos, D.N.I. e un enderezo de correo postal a efectos de notificación. Os/as compañeiros/as que non dispoñan de conta de correo electrónico poderán mandar a obra por correo ordinario á sede do PsdeG-PSOE, na rúa do Pino, 1-9 baixo, C.P. 15.704 de Santiago de Compostela, poñendo no sobre “TRASGRAFÍAS. VIDAS EN 7 CORES”.
A decisión do tribunal daráse a coñecer o 28 de xuño, coincidindo co Día do Orgullo Gai. Haberá un Primeiro Premio de 150 € e un Accésits de 50 €. Estas bases, así como as obras gañadoras, publicaranse no seguinte blog:

http://trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com/.

O PSOE reclama que a transexualidade deixe de estar catalogada como enfermidade mental


A iniciativa responde ao obxecto de “levantar os obstáculos e establecer as condicións que eliminen a discriminación que sofren as persoas transexuais"
O Grupo Parlamentario Socialista presentou hoxe unha Proposición non de Lei para que a transexualidade deixe de estar catalogada como enfermidade mental, como aínda se recolle na Clasificación Internacional de Enfermidades da Organización Mundial da Saúde e no Manual Diagnóstico Estatístico de Enfermidades Mentais da Asociación de Psiquiatría estadounidense.
Os socialistas piden ao Goberno que active “as xestións oportunas ante a Organización Mundial da Saúde, para a retirada da clasificación da transexualidade ou disforia de xénero como enfermidade mental, aproveitando o proceso actualmente en curso de revisión das clasificacións que establece dita entidade de referencia nos sistemas sanitarios e os ordenamentos xurídicos correspondentes”.
A voceira socialista de Igualdade, Carmen Montón, considera que, “grazas aos avances logrados na nosa lexislación a favor da igualdade legal das persoas homosexuais e transexuais, España converteuse en referente internacional da loita pola igualdade e a non discriminación deste colectivo e, como tal, ten a obriga moral de liderar esta batalla tamén no plano internacional”.
Neste senso, a iniciativa –cuxa presentación coincide coa conmemoración o 17 de maio do Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia- responde ao obxecto de “levantar os obstáculos e establecer as condicións que eliminen a discriminación que sofren as persoas transexuais, promovendo deste xeito a construción dunha sociedade máis xusta e equitativa”, segundo explica o deputado Daniel Méndez, asinante da mesma.
En España, segundo datos da Fundación para la Identidad del Género, existen na actualidade 30.000 persoas transexuais, que representan “un dos sectores da poboación máis castigados e ao que se lle teñen conculcado un meirande número de dereitos”, unha discriminación que “ten a súa máxima expresión na pervivencia da clasificación da transexualidade como enfermidade mental nos catálogos da OMS e da APA”.

lunes, 10 de mayo de 2010

ACTOS De 7CORES NO DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA EN LUGO

O PSdeG-PSOE e o grupo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais dos Socialistas Galegos celebran o Día Mundial contra a Homofobia o próximo día 15 de maio.

Este ano celébrase o vixésimo aniversario desde que a OMS retirou a homosexualidade como enfermidade.

SÁBADO 15 DE MAIO

AS 19:00 NA PRAZA DO CAMPO DE LUGO

AS 00:00 FESTA NO GLAM CLUB




Apoiamos a declaración do día 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia e instamos ó Goberno de España a que solicite diante da Organización de Nacións Unidas a declaración deste como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, en defensa dun dos principios básicos da Carta Internacional dos Dereitos Fundamentais, como é a non discriminación.

Do mesmo xeito instamos ó Goberno de España a defender diante da Organización Mundial da Saúde (OMS) para que deixe de considerar a transexualidade como trastorno mental e promova o acceso á atención sanitaria e ó apoio psicolóxico que estas persoas necesitan, incluíndo a reasignación de xénero se fose desexada; que lles permitan adaptar o status civil ó seu xénero de preferencia e vivir a súa vida social, familiar e profesional sen ser expostos nin expostas á transfobia, ó prexuízo e ós crimes de odio, sendo protexidos e protexidas pola policía e os sistemas xudiciais fronte todo tipo de violencia, física ou non.

Pedimos ó Goberno de España que promova que os Organismos de Dereitos Humanos de Nacións Unidas examinen as violacións dos dereitos humanos que afrontan as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais en todo o mundo e que tomen medidas concretas para combatelas, instando ós países do mundo a que erradiquen a discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero. Solicitamos ás institucións públicas que traballen activamente contra a homofobia, transfobia e a bifobia e que cumpran as normativas de igualdade de trato da Comunidade Europea, de España e Galicia.

DÍA DE EUROPA



Temos que felicitarnos. Este ano celebramos o día de Europa con España á fronte da Presidencia da Unión Europea. É a cuarta vez que o noso país asume este reto, pero nesta ocasión fixémolo nun momento clave dada a situación actual de crise mundial. Iso fai necesario que a Presidencia española estea a traballar para impulsar un modelo de crecemento económico sostible e impulsando políticas para a creación de emprego. Se algo se demostrou con esta crise é a necesidade de coordinación europea para darmos resposta aos retos dunha economía globalizada e responder adecuadamente aos envites dos especuladores.
Somos 27 países e máis de 500 millóns de persoas os que nos encontramos traballando e loitando por un proxecto común, un proxecto onde non falte o diálogo e a negociación, que son o mellor xeito de evitar calquera conflito. Todos queremos unha Europa unida, forte, solidaria, igualitaria, unha Europa que xogue un papel fundamental no ámbito internacional.
Únome ás palabras do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero: “Queremos que os cidadáns europeos sintan realmente que a Unión Europea é relevante para a súa vida diaria, que a súa pertenza a esta nova Europa tradúcese en vantaxes concretas, que se sintan partícipes deste proxecto porque estende os seus dereitos, dálles seguridade, facilítalles os intercambios e a mobilidade, e proxecta no mundo os seus valores e a súa solidariedade.”

Por Pedro Zerolo

MOCIÓN PRESENTADA POLO PSdeG-PSOE e O GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS GALEGOS NOS CONCELLOS GALEGOS

MOCIÓN DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA HOMOFOBIA


Cuando se cumplen 20 años desde que la Asamblea General de la Organización Mundial de la Salud suprimió la homosexualidad de la lista de enfermedades mentales, es necesario mostrar nuestra solidaridad con los
millones de personas que en todo el mundo siguen sufriendo graves
discriminaciones por razón de su orientación sexual o identidad de género
y hacer un llamamiento a la ciudadanía y a las instituciones públicas para
erradicar la homofobia y la transfobia.


Es sabido que nuestro pais está a la vanguardia de la defensa de los derechos de las
personas homosexuales, transexuales y bisexuales pero la discriminación
por orientación afectivo sexual sigue arraigada en nuestra sociedad. Por
eso es una labor de la instituciones
trabajar en la lucha contra estas discriminaciones ayudando a visibilizar
y normalizar el hecho lésbico, gay, transexual y bisexual.

Tanto los poderes públicos como los ciudadanos tenemos la obligación
de ayudar a sensibilizar y trabajar por la igualdad real de las personas.
La información y la educación son las vías para conseguir una sociedad
más justa donde las personas LGTB puedan vivir en sintonía con su
orientación sexual en todos nuestros pueblos y ciudades. El
contexto actual exige una visibilidad más cotidiana que ofrezca la
realidad del colectivo homosexual y transexual en toda su diversidad de
una forma positiva.
Los poderes públicos también deben luchar contra la
homofobia, transfobia en todos los ámbitos de la sociedad, en especial
durante la adolescencia, cuando se está formando la personalidad y somos más vulnerables, realizando planes
especiales contra el “bullying”.

Es importante recordar que a
nivel internacional la homofobia, la transfobia y la bifobia pueden tener
forma de ley que condena las relaciones sexuales entre personas del mismo
sexo, como ocurre en 80 países, o incluso de pena de muerte, como pasa en
8 naciones del mundo.
Debemos trabajar porque la discriminación por motivos de orientación
sexual o identidad de género sea erradicada, y trabajaremos para conseguir
que el 17 de Mayo sea al fin considerado Día Internacional contra la
homofobia, transfobia y bifobia y que la ONU urja a los estados a tomar
todas las medidas necesarias, legislativas o administrativas, para
asegurar que la orientación sexual o la identidad de género no puedan ser,
bajo ninguna circunstancia, base para la persecución penal.

Por todo lo expuesto, el Ayuntamiento

1.Apoya la declaración del día 17 de mayo como Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia e insta al Gobierno de España a que solicite delante de la Organización de Naciones Unidas la declaración del día 17 de mayo como Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia, en defensa de uno de los principios básicos de la Carta
Internacional de los Derechos Fundamentales, como es la no
discriminación.

2.Insta al Gobierno de España a defender delante de la Organización Mundial de la Salud (OMS) que deje de
considerarse la transexualidad como transtorno mental, y promueva el acceso
a la atención sanitaria y el apoyo psicológico que estas personas
necesitan incluyendo la reasignación de género, si fuera deseada; que les
permitan adaptar el estatus civil a su género de preferencia, y vivir su
vida social, familiar y profesional sin ser expuestas ni expuestos a la
transfobia, el prejuicio y los crímenes de odio, siendo protegidos y
protegidas por la policía y los sistemas judiciales frente a todo tipo de
violencia, física o no.


3.Insta al Gobierno de España a que promueva que los Organismos de Derechos Humanos de
Naciones Unidas examinen las violaciones a los derechos humanos que
afrontan las personas homosexuales, bisexuales y transexuales en todo el
mundo y que tomen medidas concretas para combatirlas. Instando a lo
paises del mundo a que erradiquen la discriminación por motivos de
orientación sexual o identidad de género.

4.Se compromete a trabajar activamente contra la homofobia,
transfobia y la bifobia y cumplir las normativas de igualdad de trato de la
comunidad Europea, de España y Galicia.

domingo, 9 de mayo de 2010

O LGTB DO CELEBRARÁ O DÍA CONTRA A HOMOFOBIA O SÁBADO DÍA 15.


O LGTB DO CELEBRARÁ O DÍA CONTRA A HOMOFOBIA O SÁBADO DÍA 15 CUN ACTO
CENTRAL EN LUGO E INSTA AOS CONCELLOS A TRABALALR ACTIVAMENTE CONTRA A DISCRIMINACIÓN POR SEXO


O PSdeG está a presentar mocións en todos os concellos galegos para pedir
política activas de integración e que a homosexualidade e transexualidade
deixen de considerarse unha enfermidade

Os socialistas galegos inclúen no texto marco da Conferencia Política a
proposta de creación dunha Axencia Galega contra a Discriminación


Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010.- O coordenador do Grupo de
lesbianas, gays, transexuais e bisexuais (LGTB), Fito Ferreiro, e a secretaria
de Igualdade e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, presentaron hoxe
os actos do Día Contra a Homofobia, que terán lugar o
vindeiro 15 de maio en Lugo.


Este acto, que se celebra dous días antes da data oficia – 17 de maio-
pretende conmemorar os 20 anos dende que a Asamblea Xeral da Organización
Mundial da Saúde suprimiu a homosexualidade da lista de enfermedades
mentais.

Fito Ferreiro explicou que este acto, que contará coa presencia de membros
dos grupos LGTB de Galicia, membros da Executiva do PSdeG, militantes e
simpatizantes, seguirá desenvolvéndose cada ano en distintas cidades
galegas.

Ademais desta actividade, Fito Ferreiro destacou que o PSdeG está a
presentar mocións nos concellos galegos co fin de que o 17 de maio sexa
considerado o Día Mundial contra a Homofobia pola ONU. A moción tamén
insta os concellos a traballar activamente para erradicar a homofobia e a
transfobia, a pedir que a OMS, que se reúne este ano, deixe de declarar a
homosexualidade como enfermidade mental e instar a outros países a adoptar
medidas para a igualdade como a legalizacion do matrimonio entre persoas
do esmo sexo.

Nesta liña, Laura Seara adiantou que o Ministerio de Igualdade está a
traballar activamente na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación,
que en por obxecto establecer garantías como as que actualmente existen para
as ulleres a outros ámbitos de poboación que aínda sofren discriminación de
xeito directo ou indirecto.


Seara destacou que elaboración desta lei evidencia “a aposta clara do
Goberno de España aen materia antidiscriminatoria” e sinalou que os
socialistas “estamos a ofrecer respostas xurídicas e sociais orientadas
cara as vitimas da discriminación que sitúan a España na vangarda da
igualdade”.

A secretaria de Igualdade do PSdeG destacou tamén que o documento marco da
Conferencia Política dos socialistas galegos inclúe a proposta de impulsar
unha Axencia Galega contra a Discriminación, na que participen
administracións e o tecido asociativo, co fin de promover medidas a favor
da igualdade de trato e contra a discriminación.

A Cámara de Deputados de Arxentina aproba o matrimonio homosexuai.


A Cámara de Deputados de Arxentina converteuse onte no primeiro corpo lexislativo de América Latina en aprobar un proxecto de lei que permita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Porén, aínda resta unha difícil votación no Senado deste país para que gais ou lesbianas poidan casar entre si sen inconvenientes. Deica agora, cinco parellas xa puideron contraer matrimonio, pero mediante autorizacións xudiciais que poden ser apeladas.

A idea do matrimonio homosexual en Arxentina comezou a debaterse de xeito tímido despois de que España a aprobase en 2005. En 2009, mentres na Cidade de México tamén se autorizaba, unha deputada progresista aliada do Goberno da peronista Cristina Fernández de Kirchner e outra do Partido Socialista presentaron un proxecto de lei en Arxentina. A iniciativa cobrou forza cando o ex presidente arxentino Néstor Kirchner (2003-2007) asumiu acta de deputado o pasado 10 de decembro e comprometeuse a apoiala. Trátase dun dos poucos proxectos que teñen logrado certo consenso para mobilizar un Congreso case paralizado polas súas diferenzas. Días despois, o 28 de decembro unha parella gai logrou a autorización xudicial para casar en Ushuaia, a cidade máis austral do mundo. En 2010 outras catro parellas, incluída unha de lesbianas, conseguiron casar en Bos Aires. Pero todos eses enlaces están suxeitos a unha polémica que pode chegar ata a Corte Suprema. Unha eventual lei sancionada polo Congreso acabaría coas disputas en tribunais.
Despois de 12 horas dun tenso debate onde se mesturou a relixión, a antropoloxía e mais a psicoloxía, e que acabou onte ás 2.25 hora arxentina, a Cámara de Deputados aprobou o matrimonio gai por 126 votos a favor contra 110 en contra e catro abstencións. Nas tribunas do recinto festexábano os colectivos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais, con bandeiras do arco da vella na man, mentres se laiaban algúns católicos que rezaban o rosario. Pero se ben o responsable lexislativo da Conferencia Episcopal Arxentina, Antonio Marino, cualificou onte a aprobación de "moi grave", non houbo neste país manifestacións na rúa dos católicos en contra do proxecto, como si aconteceu en España.
Cada grupo parlamentario deu liberdade de conciencia aos seus deputados á hora de votaren esta lei. Sucede que os dous partidos tradicionais da Arxentina, o peronismo e o radicalismo, suman votos de esquerda, centro e dereita. Dos 126 votos positivos, os principais apoios proviñeron de 46 deputados do peronismo kirchnerista (a metade dun grupo que suma 87 escanos), 28 de todas as forzas de centroesquerda, só 17 do radicalismo (sobre un total de 43) e 16 da centrista Coalición Cívica (sobre 19). A maioría dos peronistas disidentes e conservadores opúxose.
A votación no Senado será máis difícil porque o centroesquerda apenas suma tres senadores e a Coalición Cívica, só un, fronte aos 37 que necesita unha lei para sancionarse. Os principais grupos da cámara alta son o kirchnerista (31 escanos), o radical (14) e o peronista disidente (sete).