sábado, 9 de octubre de 2010

O PSdeG DEMANDALLE A XUNTA DA GALICIA A POSTA EN MARCHA DE SERVICIOS DE MEDIACIÓN PARA OS COLECTIVOS LGTB


Silvia Fraga denunciou que “ O Goberno Feijoo fala publicamente do seu compromiso cos colectivos LGTB, pero en realidade non existe tal compromiso, xa que non hai nin unha soa medida, nin actuacións destinada a este colectivo”

Fito Ferreiro resaltou o bo funcionamento dos centros de mediación da Coruña e de Lugo que ademais serven para educar, concienciar a cidadanía mediante campañas de sensibilización, talleres, obradoiros...

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2010.- A Portavoz de Igualdade do grupo parlamentario socialista, Silvia Fraga e o coordinador do grupo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro hoxe en rolda de prensa demandaronlle a Xunta de Galicia a posta en marcha de servicios de mediacións para os colectivos LGTB nos concellos galegos,
Silvia Fraga sinalou que “este tipo de servicios xa existen en dous concellos socialistas A Coruña e Lugo, e no concello de Vilagarcía xa se está valorando e articulando a súa creación”. “ Sen embargo, nunha época de crise e difícil que os concellos poidan por en marcha novos de servizos, cando están afogados polo mantemento de outros servizos asociados dos ca Xunta se desentende”, aseverou.
A portavoz de igualdade anunciou que “ presentamos iniciativas parlamentarias nas que ademais de instar a xunta a por en marcha os servicios de mediación, lle preguntamos polas iniciativas que dende o Goberno galego se están pondo en marcha para traballar en prol da defensa dos dereitos dos colectivos LGTB en Galicia.
Neste senso, Fraga lamentou que “aos socialistas nos conta que o Goberno Feijoo non ten posta en marcha ningunha medida”. “ falan publicamente do seu compromiso cos grupos LGTB pero a hora da verdade o compromiso é cero, non hai nin medidas nin actuacións”, denunciou
Fraga sinalou que “ os centros de mediación son unha necesidade, hoxe en día os casos de discriminación son unha realidade e moitas veces o entorno das víctimas non saben como afrontalo, por isto é necesario que teñan un punto de referencia ao que acudir para recibir asesoramento e orientación”.
Neste senso sinalou que “todos lembramos recente ataque que sufriron dous rapaces na cidade da Coruña, por isto e necesario educar e concienciar a cidadanía en valores, para evitar que se produzan este tipo de agresións homófobas, e como e difícil de erradicar a corto prazo, que polo menos teñan un centro ao que acudir”
Pola súa banda Fito Ferreiro sinalou que “ os centros de medición de A Coruña e Lugo están funcionando moi ben, traballan conxuntamente cos grupos LGTB destas cidades”. “Por isto, creemos que é necesarios que este tipos de centros cheguen a tódalas grandes cidades galegas, así como as cabeceiras de comarcas, porque desgraciadamente a discriminación pola orientación sexual non só se da nas grandes cidades, senón tamén se da nos pobos pequenos

Ferreiro sinalou que “os centros de mediación ademais de servir para orientar as persoas e o seu entorno, cumpren unha tarefa fundamental que é a de traballar pola visibilidade, a normalización e a educación”.

Nese senso apuntou que “ os servicios municipais de medicación fan campaña de sensibilización entre a poboación, talleres, obradoiros, charlas en colexios en asociacións.. a fin de normalizar unha opción de vida elixida dende a liberdade individual”

No hay comentarios: