viernes, 9 de julio de 2010

A MINISTRA DE IGUALDADE, BIBIANA AIDO, REUNIUSE CON REPRESENTANTES DO COLECTIVO LGTB A.L.A.S CORUÑA, MILHOMES E DO GRUPO SOCIALISTA LGTB 7CORES




Antes do acto de entrega dos premios do PSdeG-PSOE “IGUAIS” que a Ministra de Igualdade presidiu esta tarde en Santiago, mantivo unha charla con representantes de colectivos de homosexuais, bisexuais e transexuais de Galicia.

José Carlos Alonso de MILHOMES, Juan Carlos Beceiro de A.L.A.S . Coruña
e Fito Ferreiro Seoane do grupo LGTB dos socialistas de Galicia 7CORES departiron durante quince minutos dalgúns dos problemas que os colectivos LGTB galegos teñen como prioritarios. Non puideron asistir por motivos de axenda “NOS MESMAS” de Vigo e “A.L.A.S Lugo”.

Neste encontro falouse da futura Lei de Igualdade de Trato que a ministra cre que será aprobada a finais de Agosto. Unha norma que ten como fin precisamente loitar contra calquera tipo de desigualdade por razón de aspecto físico, idade, raza, discapacidade, xénero, crenza e por suposto para loitar contra a homofobia, a lesbofobia ou a transfobia. E non só no ámbito laboral, senón tamén en bens e servizos. Aído manifestou que a través desta nova lei “garantirase” a igualdade “eficaz e efectiva” mediante o desenrolo de políticas non discriminatorias e actuacións referidas á igualdade de trato.

Tamén mostróuselle á ministra a preocupación que existe entre as xentes LGTB de Galicia pola próxima posta en liberdade do presunto asasino dos crimes da rúa Oporto de Vigo. Xa que ó poñer un recurso ante o Tribunal Supremo a defensa do presunto asasino, quedou en suspenso a sentenza que anulaba o xuizo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e este será posto en liberdade provisional a próxima semana.

A ministra interesouse polo caso e mostrouse sorprendida de que este sexa posto en liberdade. Os colectivos expuxémoslle a preocupación que tiñamos de que puidera escapar, inda que lle sexa posta unha pulseira.
Aído comprometeuse a facer xestións ante o Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, para que se cumpra a lei de forma estrita, a pulseira sexa controlada en todo momento e que pase todos os controis que marca a lei. Así mismo afirmou que transmitiralle a Laura Seara, a directora do Instituto da Muller os resultados da charla con Alfredo Pérez Rubalcaba e ela remitirallos ós colectivos galegos.

No hay comentarios: