O colectivo Arcigay, o máis importante do país, quere que España se converta na súa voz en Europa
Homosexuais italianos protestan en Roma polos seus dereitos. - AFP EFE - Roma - 08/09/2009 19:27
Membros do colectivo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) italianos anunciaron que van realizar unha solicitude de asilo colectivo ante o consulado de España en Milán para denunciar "o crecente clima de homofobia que vive Italia".
"Queremos asilo nun país civilizado", anuncian na súa páxina os membros do colectivo Arcigay, que ademais convocaron diferentes actos de protesta e unha manifestación nacional que se celebrará en Roma o vindeiro 10 de outubro.
Con estas iniciativas pretenden denunciar os recentes ataques a persoas do colectivo LGTB e a locais de ambiente gai que se produciron en Italia e expresar o seu desexo de que España se converta na súa voz en Europa.
Na súa páxina web rexeitan "un concepto de seguridade construído sobre unha vontade de control, poboado de inútiles patrullas veciñais, coa lóxica do medo e as cámaras de seguridade, pero no que os homófobos campan libremente".
No hay comentarios:
Publicar un comentario