lunes, 28 de septiembre de 2009

VIDEOFORUM "MUNDO LÉSBICO" COA PELICULA "LA CALUMNIA"



VIDEOFORUM "MUNDO LÉSBICO" COA PELICULA "LA CALUMNIA"

SABADO 3 DE OUTUBRO NA SALA DE TV DO FORUM METROPOLITANO ÁS 17:30

O grupo LGTB socialista de A Coruña 7CORES, organiza un Videforum sobre o mundo da muller lesbiana.

Este sábado 3 de outubro a partir das 17:30 veremos a película "LA CALIMNIA" de 1962, de William Wyler coas magnificas interpretacións de Audrey Hepburn e Shirley MacLaine. Logo de ver a película debateremos do "MUNDO LÉSBICO".

A PELÍCULA

Karen (Hepburn) e Martha (MacLaine) son as directoras dunha exclusiva escola para rapazas. Unha alumna maliciosa e vingativa, furiosa por un castigo que recibiu, escoita por casualidade un comentario e o emprega dunha forma manipulada, para acusar as súas profesoras dunha conduta reprobable. Os escandalosos rumores propáganse velozmente pola comunidade escolar, con repercusións inmediatas, devastadoras e tráxicas.

No hay comentarios: