sábado, 14 de noviembre de 2009

PRESENTACIÓN DA III EDICIÓN DO FESTIVAL A CORUÑA VISIBLE


A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, presentou as actividades do III Festival A Coruña Visible, que se desenvolverá entre o 17 e o 22 de novembro en distintos escenarios da cidade. Un ano máis, o festival pretende reivindicar a visibilidade e a defensa da igualdade real do colectivo homosexual a través das artes (cine, teatro, música e artes plásticas)


A responsable de Servizos Sociais recordou que o Concello de A Coruña realiza o Programa Municipal para la visibilidade do colectivo LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais) de A Coruña, aprobado por resolución do 25 de maio de 2009. Este programa proporciona accións de mediación para a integración e normalización plena deste colectivo entre as que destacan:


- Información, asesoramento e apoio (guía sobre diversidade sexual, información básica sexualidade, bullying, referentes LGTB bibliográficos e audiovisuais).


- Entrevistas para a información e a súa sistematización: idade, sexo, orientación, razón demanda servizo (elaboración avaliación, estatísticas) .


- Información sobre servizos especializados (psicolóxicos e xurídicos).


Do mesmo xeito, impúlsanse outras iniciativas como:


-Deseño de obradoiros sobre xénero e diversidade sexual para os centros educativos


-Elaboración de campañas de sensibilización específicas. (Ex: acoso escolar por lesbo/homofobia, pola diversidade...). Deseño cartelería, concepto/lema.


-Desenrolo de actividades lúdicas e culturais. (Vídeo - Foro LGTB, presentación cómics, revistas, etc.)


-Canais de información. Desenrolo e elaboración de contidos virtuais para o apoio ó servizo.


-Creación da Mesa pola diversidade afectivo-sexual formada polos/as técnicos/as de diversas entidades e organizacións que teñen experiencia directa no traballo cos/as adolescentes relacionado coa sexualidade e o xénero..


-Creación da Plataforma LGTB cos colectivos LGTB da cidade.


O programa de A Coruña Visible 2009 recolle as seguintes actividades:


EXPOSICIÓN 57 PUÑALADAS


Exposición colectiva que denuncia o asasinato de dous mozos galegos nun presunto crime homófobo do que o acusado foi declarado inocente por unha decisión dun xurado popular que recentemente foi anulada pola Xustiza. “57 puñaladas” non trata só acerca deste crime, senón que fai referencia e rinde homenaxe a todos aqueles que sofren discriminación, pena de cárcere, tortura ou morte pola su orientación sexual en moitos lugares do mundo. A mostra, que se inaugura oficialmente o 19 de novembro, está comisariada por Jesús Gironés e permanecerá no Centro Cívico Municipal de “Los Rosales” do 17 de novembro ó 11 de decembro.


ENRIQUE RAMIL & COCÓ MANDALA EN CONCIRTO


Despois de moito tempo por separado, as súas dúas personalidades escolleron este escenario para reunirse por primeira vez sobre un escenario. Arroupados pola maxia dun trío de grandes (Fran Rey, Luis Cuba e M. "Twosnares" Perez) Enrique e Cocó xogan co jazz, a copla, o fado, a bossanova, o soul ou incluso o pop. O concerto celebrarase o mércores día 18 de novembro ás 20:30h no Teatro Rosalía de Castro.


AS MELLORES CORTOMETRAXES ESPAÑOLAS


Trátase dunha retrospectiva dalgúns das mellores cortometraxes españolas de temática LGTB dos últimos anos. Son obras dirixidas por Jorge Torregrossa (Desire), Rut Suso e María Pavón (Pasión polo fútbol), David Planell (Carisma), María Trénor (Con que a lavarei), Antonio Naharro e Álvaro Pastor (Invulnerable), Antonio Hens (En malas compañías) e Mariel Macià (Flores no parque). Neles trátanse temas como o amor, o desexo e o sexo, pero tamén o sida, o engano ou o miedo a romper as normas sociais. Proxectaranse o xoves día 19 de novembro ás 20:30 horas no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).


ABRAZOLAMP


¿Que é abrazolamp? ¿Algunha vez pasaron de ti a túa nai e os teus amantes?¿sintes que precisas algo e non sabes o qué? Se cres que Marisa Paredes é a Joan Crawford española, se o teu irmán durmía coas lentillas postas, se non sabes que facer os fins de semana nin con quen quedar porque non tes amigos, se o único que che interesa é o fútbol, se precisas que un machote te abrace... Aquí tes a solución os teus problemas. Chámase Abrazolamp. Sen contraindicacións nin efectos secundarios. Un monólogo que te fará rir e sorrir a partes iguais, ó tempo que notas como o sange conxélase nas tuas veas... Pero sobre todo Abrazolamp é o seu creador e intérprete: o actor Javier Corral. Poderá verse o venres día 20 ás 23:00h na sala Garufa.


ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL MCKUIN


McKuin é un grupo que versiona temas de Queen. A intención, dende os seus inicios en 2001, foi levar ó directo os temas desta gran banda, buscando nas súas postas en escea poñer de manifesto a mensaxe universal das súas letras, así como o lado máis festeiro e divertido deste grupo. A súa máxima é a diversión, e iso é o que buscan lograr en todas as súas actuacións. E o acadan porque a materia prima coa que traballan é de primeira: a universal música de Queen e a calidade técnica e artística dos intérpretes: Miguel "Sixto" á guitarra, Fran "Frauen" ós teclados, Masa "Fret" ó baixo, Colas "Laje" á batería e Lolo "Mercurio"á voz. Actúan o sábado día 21 de novembro ás 23:00 horas na sala Garufa.





SILENCIADOS


Un espectáculo teatral que presenta a cinco víctimas de asasinatos homofóbicos que tiveron lugar en diferentes partes do mundo. Unha homeaxe a todos aquelles que quixeron ser silenciados, dun ou doutro modo, pero que a pesar de todo conseguiron que as súas voces sigan vivas.


A obra conta as historias de cada unha das víctimas, que durante uns minutos volven cobrar vida para contarnos a súa vida e a súa morte. Un espectáculo de teatro-danza no que se representa o enfrentamento entre o desexo de liberdade e a homofobia. Esta obra da compañía Shudum Teatro obtivo numerosos premios, como o primeiro premio do Festival Absolut Gay de Dublín en Maio de 2009 e a Nominación ó Intercultural Dialogue. Tamén foi finalista do Certamen Jóvenes Creadores de Madrid 2007 e o premio Especial do Xurado Valladolid 2004.


Texto e dirección Gustavo del Río. Intérpretes: Juan Caballero, Denis Gómez, Gustavo Del Río, Jonatan Fernández e Nicolás Gaude. Vestiario: Reyes Eguilior Massó. Iluminación: Daniel Ruíz


Duración 70 minutos


Teatro Rosalía. Calle Riego del Agua, 37


Domingo 22 ás 20:00h. Teatro Rosalía

No hay comentarios: