viernes, 12 de febrero de 2010

A ASEMBLEA PARLAMENTARIA DO CONSELLO DE EUROPA EN ESTRASBURGO ABORDA OS DEREITOS ECONÓMICOS PARA AS PARELLAS DO MISMO SEXO

O PPE trata de suavizar o texto e eliminar as violacións dos dereitos humanos



A Asemblea Parlamentaria del Consello de Europa debateu esta semanas un proxecto de resolución que pide un "recoñecemento xurídico das parellas do mesmo sexo" nos seus 47 Estados membros, para que teñan "os mesmos dereitos e obrigas económicas" que as parellas heterosexuais.
Neste sentido, lémbrase a sentenza E.B. contra Francia, que fixo pública fai dous anos o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, na que se condenou a Francia (por 10 votos contra 7) por impedir a unha lesbiana que vivía en parella adoptar a un neno.
O informe "Discriminación sobre a base da orientación sexual e da identidade de xénero" foi debatido polo pleno da Asemblea, pero o voto foi aprazado á próxima sesión de abril debido ó elevado número de enmendas (78), que non puideron ser discutidas na Comisión de Asuntos Xurídicos e Dereitos Humanos.
Un precedente así hai que buscalo nun asunto tan polémico como o da eutanasia, cuxo voto foi aprazado varios meses en 2004 antes de que fora rexeitado ó ano seguinte a resolución do informe preparado polo lexislador suízo Dick Marty.
A resolución do informe sobre a homosexualidade, cuxo poñente é o parlamentario socialista suízo Andreas Gross, pide ós Estados que vixíen a lexislación relativa á adopción por parte de familias monoparentais "sen distinción da súa orientación sexual".
En canto ó colectivo transexual, pídese que a lexislación garanta o dereito "a un tratamento de cambio de sexo e á igualdade de trato en materia de servizos de saúde". Asemade, anima ós países a aplicar unha lexislación antidiscriminatoria e unha protección eficaz cara o conxunto do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais, en especial en manifestacións como as do Día do Orgullo Gai.
A maioría das enmendas presentadas ó proxecto de resolución tratan de suavizar o texto e boa parte delas foron presentadas polo deputado italiano do Partido Popular Europeo (PPE) Luca Volonte.
Unha delas propón, por exemplo, que se elimine a referencia a que as violacións de dereitos humanos contra os homosexuais "afectan a millóns de persoas", así como a petición referente ás adopcións monoparentais por parte de homosexuais.
Durante o debate, Gross gabou a lexislación "moi progresista" que teñen algúns países como España nesta materia. O lexislador asegurou que a súa intención non era "cambiar a substancia da noción de familia e matrimonio", pero engadiu que "non se pode discriminar por non ter unha familia como a maioría". No lado oposto, o parlamentario lituano do PPE Egidijus Vareikis, asegurou, como biólogo, que "un darwiniano non pode estar a favor da homosexualidade e viceversa", xa que "a homosexualidade acabaría coa especie humana".
Vareikis sinalou que no seu país non hai lexislación sobre a homosexualidade, pero "iso non significa que haxa discriminación". Gross rebatíulle esa afirmación, ó sinalar que as autoridades lituanas estudaban protexer ós menores coa prohibición da "propaganda a favor da homosexualidade e a bisexualidade". Un compañeiro de grupo de Vareikis, o lexislador serbio Zeljko Ivaji, sinalou que "todos somos iguais e ó tempo diferentes", polo que "hai que respectar a todos".
Pola súa parte, o senador liberal belga Philippe Monfils, asegurou que no seu país as adopcións por parte de homosexuais "non puxeron en entredito o concepto de familia".

No hay comentarios: