lunes, 15 de febrero de 2010

VIDEOFORUM ca película LONXE DO CEO de Todd Haynes con Julianne Moore e Dennis Quaid.

Sala de Televisión do Fórum Metropolitano
Sábado 27 de febreiro ás 17:30

"Gay con vida heterosexual, ¿elección ou educación social? "




É o inverno de 1957. Os Whitakers, o típico retrato dunha familia dos barrios residenciais, viven en Hartford, Connecticut. A súa vida cotiá está caracterizada pola etiqueta, os eventos sociais e o desexo de seguir o ritmo dos que os rodean e ós que observan coidadosamente. Cathy Whitaker (Julianne Moore) é ama de casa, esposa e nai. Frank Whitaker (Dennis Quaid) é o cabeza de familia, esposo e pai. Teñen dous fillos a punto de entrar na adolescencia, un neno e unha nena. Segundo se nos vai presentando a historia, o mundo orixinal de Cathy vaise transformando. As súas relacións co xardineiro, Raymond Deagan (Dennis Haysbert), a súa mellor amiga, Eleanor Fine (Patricia Clarkson) e a súa criada Sybil (Viola Davis), reflicten os trastornos na súa vida. Cathy atópase ante diferentes situacións que esparexen os rumores pola súa comunidade e cambian varias vidas para sempre.

LONXE DO CEO explora varios temas sociais como o racismo, a homosexualidade e o rol das mulleres na familia. Ó facer unha película nos anos cincuenta, Haynes comenta ``era moi consciente do sentido de superioridade que sentimos con respecto ós anos cincuenta porque dalgún xeito a década viuse reducida a unha serie de clixés sobre a América suburbana e conservadora. É chocante pensar que o mesmo ano que Marilyn Monroe estaba no cumio, Joan Baez estreaba o seu primeiro álbum que foi unha sensación instantánea. Estes dous exemplos de feminidade que agora poñemos en dúas categorías diferentes existiron ó tempo. Así que hai todo tipo de contradicións na idea de que os anos cincuenta foron simplemente unha cousa. É emocionante empregar algunhas desas expectacións como un xeito de desarmar á audiencia un pouco máis ante LONXE DO CEO.´´

No hay comentarios: