viernes, 18 de noviembre de 2011

ALGO TEMOS CAMIÑADO....


Xa volo teño contado en algún artigo anterior, pero recordo perfetamente nos comezos da actividade do noso grupo de participación lgtb, Sete Cores; cando os nosos dirixentes locais, que tiñan ganas de axudarnos, se ruborizaban ao ter que falar en público sobre os nosos problemas. Parece que foi xa fai moito pero realmente fai un lustro nada mais...
Lembro un reparto de propaganda que fixeramos para as eleccións xerais do 2008, e como os nosos compañeiros, incluso os de xuventudes, escapaban dos nosos folletos, e non era porque non quixeran apoiarnos, era simplemente vergoña a entregarllo a alguén e que esa persoa poidera pensar que el ou ela era gai o lesbiana...

Vendo fai uns dias o debate electoral entre Rajoy e Rubalcaba, encheume de orgullo ver a importancia que acadou no mesmo a retirada do recurso que ten imposto o Partido Popular á lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Realmente foi emocionante escoltar a Rubalcaba repetidamente pedirlle ao señor Rajoy, que retirase o recurso decíndolle que o que é o mesmo, ten que chamarse da mesma maneira... Esta é unha imaxen impensable fai dez anos.
Esto só comezou cando Jose Luis Rodríguez Zapatero concendera aquela entrevista á difunta revista Zero, na que dixera, “Matrimonio sí, adopción xa veremos”, el foi o primeiro que nos levou cara unha posición relevante na vida política de este pais. Foi o que primeiro tomou en consideración os nosos problemas e fixo que os que tiña por debaixo no seu partido se viran obrigados a empezar a afrontar un tema que para eles era secundario ou polo menos incómodo.

No ámbito local pelexamos moito, e fumos conquerindo avances palpables, e un deles foi a homenaxe as precursoras do matrimonio homosexual, Marcela e Elisa, coa prantación dunha árbore no bosque das mulleres ilustres no parque de San Diego. Pois ben, empezaba este artigo dicindo que algo temos camiñado porque o pasado luns, no mitin central do partido socialista na cidade da Coruña; no que estaba Alfredo Pérez Rubalcaba, comezou falando o ministro e candidato; Francisco Caamaño e cal foi a nosa sorpresa cando empezou a súa disertación recordando a esas precursoras da igualdades que foron Marcela e Elisa. Foi emocionante, moi emocionante e a verdade que como din que de ben nacidos é ser agradecido, que aproveitar estas letras para agradecer en primeiro lugar ao hoxe denostado por moitos, Jose Luis Rodríguez Zapatero todo o que nos ten dado, non estaríamos aquí sin el, ninguén nos tería escoitado da mesma maneira sen o seu pulo inicial. Gracias a Javier Losada por ternos apoiado a facer as primeiras políticas lgtb na nosa cidade e ser precursores en Galicia. Gracias Alfredo por terlle pedido ao señor Rajoy que retirase o recurso aínda que contra esa homofobia poco hai que facer. Gracias Ministro por empezar a teu discurso acordándote dos nosos problemas. Gracias en fin, a todos os compañeiros que nos teñen axudado tanto nestes últimos anos, gracias por facer que as políticas lgtb pasaran a ser unha parte importante na que todo o mundo está encantado de colaborar. Moitas gracias de verdad, e sobor de todo gracias por estar ahí porque me temo que nos tempos que veñen imos necesitar moito o voso apoio.

MARCELA E ELISA NON SON DO PP (artigo publicado na Opinión de La Coruña o pasado martes)

Francisco Caamaño comenzo a súa intervención en Palexco cunha historia coruñesa, a de Marcela e Elisa, que en 1901 casaron na igrexa de San Jorge, " a 400 metros de aquí". Elisa fíxose pasar por Mario para poder contraer matrimonio. "E tiveron que irse", recordou o ministro de Xustiza e cabeza de lista dos socialistas para representar A Coruña na Cámara Baixa, que botou man deste precedente do matrimonio homosexual en España para defender a lexislación desenvolvida polo Partido Socialista nos últimos oitos anos. Caamaño reprochou os recursos que aínda mantén o Partido Popular no Tribunal Constitucional contra o matrimonio entre as persoas do mesmo sexo e contra a lei de igualdade. " Á dereita non lle gusta iso, para eles Marcela e Elisa vivían en pecado", sinalou.

No hay comentarios: