viernes, 18 de noviembre de 2011

O GRUPO LGTB SOCIALISTA 7 CORES DENUNCIA O RECORTE DO 50% DO ORZAMENTO DE VISIBLE E QUE TALVEZ POIDA DESAPARECER.


NON DEIXAREMOS QUE NEGREIRA NOS VOLVAN Ao ARMARIO A Los HOMOSEXUAIS, TRANSEXUAIS E BISEXUAIS DE CORUÑA.




Este ano celébrase o V festival de arte LGTB da Coruña "Visible". Un festival que comezou en novembro do ano 2007 e que aos poucos foi consolidándose dentro a vida cultural da cidade e da vida das lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Un festival que cumpría a función de Visibilizar, Normalizar e Educar sobre a realidade do colectivo LGTB.

Un festival que foi facéndose grande nuns momentos de crises. Un festival cun orzamento moi axustado, por que sabiamos que nestes momentos tiñamos que ser comedidos.

Por iso queremos denunciar que o Goberno municipal reduciu a menos da metade o orzamento de VISIBLE CORUÑA. Este ano vaise a celebrar soamente unha obra de teatro e unha pequena exposición. Tamén esta dentro do festival a exposición sobre "Marcela e Elisa" que se vai a celebrar no centro Normal da Universidade, pero que foi patrocinada en case un 90% polo "Instituto da Muller" e pola "Universidade da Coruña" e a "Deputación da Coruña".

É tan pouco o orzamento do festival, que non hai partida para a publicidade. Nin para carteis, nin para repartición de programas. Só editáronse estes que pago unha persoa persoalmente por con o seu compromiso coa cultura LGTB. E sabemos que o que non se publicita non existe, non quererán volver ao armario as actividades LGTB do concello? Non será a súa intención volver meternos no armario?

Recordar que en maio tanto este grupo e o resto de grupos LGTB de Coruña, pedimos unha reunión co Alcalde da Cidade e seis meses despois seguimos esperando por ela.

Este ano é o primeiro ano no que a concellaría non se reúne cos colectivos LGTB da cidade para traballar no programa do festival. Nas catro edicións anteriores había reunións previas onde se nos informaba do programa e os grupos e colectivos faciamos achegas.

Dos 277.115.553,74 de orzamento do Concello da Coruña o orzamento de Visible Coruña supón un 0,0019%. Do orzamento de Servizos Sociais que son mais de 14 millóns de euros, Visible Coruña
supón un 0,03 por cento. Este ano seria un 0,015 %.

O concello da Coruña inviste en políticas LGTB uns 30.000 euros, que se van no Centro de Mediación LGTB, Visible Coruña, Visible Cinema, programación cultural da semana do Orgullo. O que supón un 0,010% dos orzamento do concello e un 0,2 dos orzamentos da concejalia de Servizos sociais.

Como vedes son uns orzamentos moi axustados e moi produtivos. Por iso cáusanos mais estrañeza este recorte. Ademais tanto o concelleiro como o xefe de servizo prometeunos que non ía recortar nada en políticas LGTB xa que dicían que tiñan unha especial sensibilidade co tema.

O festival Visible Coruña cumpre o papel de axudar a Normalizar, Visibilizar e educar sobre a realidade do colectivo LGTB. Non só estamos falando dun festival dedicado á cultura, ao teatro, a
arte, ao cine para lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Conseguiuse que a cidade da Coruña fose un referente con este Festival no resto de Galicia e en resto de España. O simple feito de realizalo
axudaba a Visibilizar o noso feito e que durante esa semana o mundo LGTB volvese estar na axenda de todas e todos. A normalizar a través de programar en sitios diferentes, non só son actos
para o publico LGTB. levaban estes a sala de teatros, bares, a rúa, centro cívicos, CGAI, e o teatro Rosalía onde se realizaba o acto principal do festival. E tamén se facían visitas guiadas ás exposicións, proxeccións no institutos co que quedaba cuberta a parte educativa.

Pero ademais o festival conseguira un prestixio dentro das compañías e os artistas galegos que preparaban traballos específicos para Visible Coruña. O festival teñen conexión co Festival Visible
de Sansebastian e o de Madrid. Así que varias obras e compañías de aquí representaron a súa obra nestes festivais. A película Ander do Coruñes Roberto Castón, a compañía de Cabaret "Femme Fatale" ou a obra Testosterona da compañía Chevere. Co que o festival servia de escaparete para axudar a que obras galegas coñecésense fóra de Galicia.


Queremos preguntarlle ao Alcalde da Coruña e ao concelleiro de Serviciossociales se é verdade que aumentou un 22% o gasto en servizos Sociais por que reduciron en 50% o orzamento de dedicado ao colectivo homosexual e transexual. E como dixemos, estamos falando dun orzamento de menos de 13000 euros do festival que quedou nuns 6000 euros.

O festival pasou de ter cinco actos e unha exposición a ter unha obra de teatro e unha pequena exposición. Ademais da referida exposición de Marcela E Elisa que organiza a Universidade da Coruña
coa axuda do Instituto da Muller.

É tan pobre este festival, que os grupos LGTB, 7 Cores e A.L.A.S Coruña habemos decidio facer un acto a maiores para que o festival non quede tan cutre.

Ou realmente estamos falando dunha acción política para que a poboación lesbiana, gai, transexual e bisexual volvamos ser invisibles. Volvamos estar no armario.

Desde o grupo LGTB dos socialistas de Galicia non imos permitir que ninguén nos Volvan a encerrar en ningún armario nin nos volvan a invisibilizar.

Fito Ferreiro Seoane
Coordinador do Grupo LGTB dos Socialistas de Coruña

No hay comentarios: