martes, 21 de febrero de 2012

14 FEBREIRO. DÍA EUROPEO DA SAÚDE SEXUAL.



As persoas progresistas debemos reflexionemos acerca dos Dereitos sexuais e Liberdades sexuais conquistadas con moito esforzo e que o goberno retrógrado e cavernícola do PP está estragando con argumentos que cómpre desmontar. A Lei que fixo o Goberno Socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, non é ningunha Lei do aborto como os medios de comunicación e o PP non paran de cacarexar. Señores/as, é unha Lei Orgánica de Saúde Sexual, Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do embarazo. Ninguén desexa un aborto, iso simplemente é un fracaso da educación sexual no noso País que é inexistente e cando se realiza só contempla os riscos que comporta a actividade coital-vaxinal. Pídolles que lean a Lei e desenvolvan unha óptima Saúde Sexual para todas as persoas, pois a carga moral, a represión e a ignorancia son incompatibles cunha sexualidade responsable, pracenteira e amorosa.



DECLARACIÓN DE MONTREAL (2007):

Recoñecer, promover e asegurar dereitos sexuais
Avanzar cara a equidade de xénero
Eliminar violencia e abusos
Acceso universal á educación sexual
Programas de saúde que recoñezan a saúde sexual
Deter o VIH/SIDA e outras enfermidades
Identificar e abordar disfuncións
Recoñecer o pracer sexual como compoñente do benestar
En 1997 con motivo del XIII Congreso Mundial de Sexoloxía, celebrado en Valencia, fíxose manifesto por vez primeira a" Declaración Universal dos Dereitos Sexuais" ou a chamada "Declaración de Valencia", que posteriormente en 1999 foi ratificada en Hong Kong pola WAS, no XIV Congreso Mundial de Sexoloxía.
Os dereitos sexuais son parte dos dereitos básicos de todas as persoas, por tanto son universais e inalienables. A Saúde Sexual non pode ser lograda sen dereitos sexuais para todas as persoas, independentemente da súa orientación e identidade sexual.
En 2005, no XVII Congreso Mundial de Sexoloxía, celebrado en Montreal fíxose pola W.A.S. (Asociación Mundial da Saúde Sexual). Declaración de Montreal ou"Saúde Sexual Para o Milenio".
En 2006 en Canadá, desenvolvéronse os Dereitos sexuais LGTB ou Declaración de Montreal , para salvagardar e protexer os dereitos básicos da Comunidade LGTB e instar a axencias e organismos internacionais a facer un seguimento sistemático dos dereitos destas persoas.
Coñecer, difundir e traballar sobre os dereitos sexuais desde a educación sexual na infancia, preadolescencia, adolescencia e xuventude supón unha garantía para o seu desenvolvemento como persoas sexuadas, onde a igualdade, as relacións de equidade entre os xéneros, a coeducación e a garantía dos dereitos sexuais sexan os piares para facer persoas adultas, autónomas e responsables da súa propia sexualidade.
A promoción da saúde sexual fomenta a calidade de vida e a realización da paz. A saúde sexual non pode alcanzarse en tanto as persoas non estean libres de estigma, discriminación, abuso, coerción e violencia sexuais.
Cómpre avogar pola saúde sobre a base dos dereitos humanos e a solidariedade, establecer normas reguladoras e leis que garantan un alto grao de protección fronte a posibles danos e a igualdade de oportunidades para a saúde e o benestar de todas as persoas, asociarse e establecer alianzas con organizacións públicas, privadas, non gobernamentais e internacionais e coa sociedade civil para impulsar medidas sostibles no eido da promoción da saúde sexual, tamén ten que ser un compromiso de toda a cidadanía, incluídas as persoas maiores.


DEREITOS SEXUAIS

É algo obvio, pero aínda moitos/as profesionais da saúde non teñen en conta que hai sexualidades en plural, e dan por suposto que todos os varóns e/ou mulleres que lles consultan son heterosexuais.
Neste punto é importante lembrar que a sexualidade, tal como contemplan a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a World Association for Sexual health (WAS), é un dos principais indicadores de calidade de vida das personas, polo que instan a organismos, asociacións e Gobernos a promocionar a Saúde Sexual, e para que esta se logre cómpre recoñecer e garantir os dereitos das persoas, de TODAS as persoas.
Cómpre reivindicarmos que a orientación homosexual, tanto masculina como feminina, téñense que abordar dun xeito integral desde a Sanidade Pública, e así mesmo, os/as profesionais sanitarios/as, teñan en conta e traten os problemas de parella, as disfuncións ou síntomas de erección, a exaculación precoz ou rápida, o tratamento da ITS, a inhibición do desexo sexual, as anorgasmias, etc., da comunidade LGTB.
Finalmente cómpre que o diagnóstico e as fases do proceso de transexualización sexan cubertas no Sistema Público de Saúde e Política Social.
En definitiva, debemos considerar que non hai unha única sexualidade, senón que hai distintas sexualidades, tantas como persoas existen e que todas son peculiares e específicas.

DEREITOS SEXUALES OU DECLARACIÓN DE VALENCIA ,1997.

Os dereitos sexuais son dereitos humanos universais baseados na liberdade inherente, dignidade e igualdade para todos os seres humanos. Dado que a saúde é un dereito humano fundamental, a saúde sexual debe ser un dereito humano básico. Para asegurarnos que os seres humanos das sociedades desenvolvan unha sexualidade saudable, os dereitos sexuais seguintes deben ser recoñecidos, promovidos, respectados e defendidos por todas as sociedades de todas as maneiras. A saúde sexual é o resultado dun ambiente que recoñece, respecta e exerce estes dereitos sexuais:
1. O Dereito á Liberdade Sexual: A liberdade sexual abrangue a posibilidade dos individuos de expresar o seu potencial sexual. Porén, isto exclúe todas as formas de coerción sexual, explotación e abuso en calquera tempo e situación da vida.
2. O Dereito á Autonomía Sexual, Integridade Sexual e Seguridade do Cuerpo Sexual: Este Dereito involucra a habilidade de tomar decisións autónomas sobre a vida sexual dun dentro dun contexto da propia ética persoal e social. Tamén inclúe o control e o pracer dos nosos corpos libres de tortura, mutilación e violencia de calquera tipo.
3. O Dereito á Privacidade Sexual: Este involucra o dereito a tomar decisións individuais e condutas sobre a intimidade sempre que elas no interfiran nos dereitos sexuais doutros.
4. O Dereito á Equidade Sexual: Este dereito refírese á oposición a todas as formas de discriminación, independentemente do sexo, xénero, orientación sexual, idade, raza, clase social, relixión ou invalidez psíquica, física, sensorial ou emocional.
5. O Dereito ao Pracer Sexual: O pracer sexual incluíndo o autoerotismo, é unha fonte de benestar físico, psicolóxico, intelectual e espiritual.
6. O Dereito á Expresión Sexual Emocional: A expresión sexual é más que o pracer erótico nos actos sexuais. Cada individuo ten dereito a expresar a súa sexualidade a través da comunicación, o contacto, a expresión emocional e o amor.
7. O Dereito á Libre Asociación Sexual: Significa a posibilidade de casar ou non, de divorciarse e de establecer outros tipos de asociacións sexuais.
8. O Dereito a Facer Opcións Reprodutivas, Libres e Responsables: Isto abrangue o Dereito para decidir sobre ter fillos ou non, o número e o tempo entre cada un, e o dereito ao acceso aos métodos de regulación da fertilidade.
9. O Dereito á Información Baseada no Coñecemento Científico: A información sexual debe ser xerada a través dun proceso científico e ético e difundido en formas apropiadas en todos os niveis sociais.
10. O Dereito á Educación Sexual Comprensiva: Este é un proceso que dura toda a vida, desde o nacemento e debería involucrar a todas as institucións sociais.
11. O Dereito ao Coidado da Saúde Sexual: O coidado da saúde sexual debe estar dispoñible para a prevención e o tratamento de todos os problemas, preocupacións e desordes sexuais.

PRINCIPIOS DE YOGYAKARTA. MONTREAL . Marzo 2007

Son principios Sobre a Aplicación da Lexislación Internacional de Dereitos Humanos en Relación coa Orientación Sexual e a Identidade de Xénero.
O texto consiste nun preámbulo, 29 principios e Recomendacións Adicionais, así como os Signatarios/as desta Declaración. O dereito ao goce universal dos dereitos humanos é o primeiro principio.Os dereitos á Igualdade e á non discriminación, o dereito de toda persoa a non ser detida arbitrariamente,o dereito á educación, o dereito a formar unha familia,...etc. Entrade na web: http://www.yogyakartaprinciples.org/


Estudalos co alumnado e Difundilos é Fundamental para que se coñezan e respecten.


OS PRINCIPIOS DE YOGYAKARTA. MONTREAL.2006.

DEREITOS SEXUAIS

A ACEPTACIÓN PERSOAL DA SEXUALIDADE COMO FONTE DE PRACER, SAÚDE, AFECTIVIDADE E FECUNDIDADE.

A sexualidade é unha parte integral da personalidade de todo ser humano e para o seu pleno desenvolvemento cómpre a satisfacción de necesidades humanas básicas como o desexo de contacto, intimidade, expresión emocional, pracer, tenrura e amor.



DE QUE TODAS AS PERSONAS VIVAN BEN O FEITO DE SEREN SEXUADAS E CONTRIBÚAN AO SEU BENESTAR E Á SÚA SAÚDE INTEGRAL.

No hay comentarios: