viernes, 10 de septiembre de 2010

II XANTAR POPULAR POLA VISIVILIDADE LGTB EN CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)


Volvemos vernos no acto de apoio a todos os compañeiros e compañeiras homosexuais e transexuais que viven nos pobos de Galicia. Cremos que a súa vida é unha loita continua e debemos loitar xunto elas e eles.

Vémonos o sábado 18 en Castrelo de Miño, ó carón de Ribadavia para celebrar o "II Xantar popular pola visibilidade LGTB". O sitio é precioso xunto un encoro. Esperámosvos a todas e todos. Vide cos vosos amigos e familia.

Traede a vosa comida e pasaremos o día celebrando a integración e a tolerancia no rural actual. Contaremos con música, diversos festexos e ata xogos populares, e máis tarde actuacións.

jueves, 9 de septiembre de 2010

A ADOPCIÓN DE NENOS POR PARELLAS GAIS


Xa abonda de tantas palabras baseadas unicamente en experiencias ou prexuízos persoais. A continuación, un informe técnico da Academia Americana de Pediatría -a máis importante e recoñecida do mundo- acerca dos rapaces criados por pais gais (ou nais lesbianas), que toma en conta toda a evidencia científica dispoñible no ano 2010:
A posición  da AAP sobre a adopción de nenos por parellas gais:
As mostras pequenas e non representativas estudadas e a idade xove da maioría dos participantes suxiren algunhas reservas. Porén, o peso da evidencia recollida durante décadas usando diversas mostras e metodoloxías é persuasiva á hora de demostrar que non existen diferenzas sistemáticas entre os pais gais e os non gais canto a saúde emocional,  aptitudes de crianza, e actitudes cara a crianza.

Ningunha información indicou riscos cara os nenos como resultado de medrar nunha familia con un ou máis pais gais. Algúns, entre a vasta variedade de formas familiares, historias, e relacións, poderían probar ser máis propicios á saúde psicosexual e ao desenvolvemento emocional ca outros.
A investigación sobre a diversidade de relacións parentais entre os pais gais e lesbianas está simplemente comezando. Os rapaces cuxos pais se divorcian (máis aló da súa condición sexual) encóntranse mellor adaptados cando os seus pais teñen alta autoestima, manteñen unha relación responsable e amigable, e se encontran vivindo en parella. Os rapaces vivindo con nais lesbianas divorciadas teñen mellores resultados cando aprenden sobre a homosexualidade das súas nais a unha idade temperá, cando os seus pais e outros adultos importantes aceptan a identidade lesbiana das súas nais, e tal vez cando teñen contacto cos fillos doutras lesbianas e homes gais.
Pais e fillos teñen mellores resultados cando as arduas tarefas da crianza son compartidas, e os rapaces parecen beneficiarse dos acordos nos que as nais lesbianas dividen o coidado dos nenos e outras actividades do fogar en forma igualitaria, tamén cando
o conflito entre os integrantes da parella é baixo. Se ben os pais gais posiblemente fracasen, malia os seus esforzos, na tarefa de protexer aos seus fillos por completo dos efectos da
estigmatización e a discriminación, a súa orientación sexual non é unha
variable que en si mesma prediga a súa habilidade de prover un ambiente
axeitado que fomente o desenvolvemento dos nenos.

steban Peñalver Guerrero / Luis Miguel López Román
Coordinación Rexional do Grupo LGTB PSOE - Rexión de Murcia

lunes, 26 de julio de 2010

Pedro Zerolo defende que é "imprescindible" saír da crise sen que se produzan "distancias" sociais.

O secretario de Movementos Sociais do PSOE, Pedro Zerolo, defendeu que é "imprescindible" saír da crise ou avanzar sen que se produzan "distancias" sociais e "sen deixar a ninguén atrás".

Así o indicou Zerolo nunha conferencia que impartiu na capital navarra, no marco das VI Jornadas Europeas de Pamplona que desenvolven baixo o título 'A loita contra a pobreza e a exclusión social: o reto das administracións locais europeas'. O encontro está organizado por AGP Group.

O concelleiro do PSOE no concello de Madrid referiuse na súa exposición ao plan extraordinario de fomento da inclusión social e loita contra a pobreza, aprobado polo Consello de Ministros o pasado mes de febreiro, e indicou que nel demóstrase que é "imprescindible" saír da crise "sen deixar a ninguén atrás".

Zerolo salientou a importancia de que o Estado conte con este plan e sinalou que "non sendo España o país con meirandes bolsas de pobreza, con maior risco de exclusión, si ten como actuación política preventiva un plan extraordinario" nese sentido.

"Non somos conscientes de que na Unión Europea seguimos tendo bolsas de exclusión e de que a crise aumentou o risco de exclusión social", apuntou.


CONCEPTO DE COOPERACIÓN

Por outra banda, Zerolo criticou que "hai quen pensa que a cooperación internacional é diñeiro que sobra que se lle dá a pobos pobres" e insistiu en que "ese non é o concepto nin da cooperación internacional ao desenvolvemento nin do codesenvolvemento".

"Iso leva a que nestes momentos de recorte haxa administracións, como o Ayuntamiento de Madrid, que eliminou por completo todas e cada unha das partidas destinadas a cooperación ao desenvolvemento", censurou.

Neste sentido, explicou que "se un ten interiorizado o concepto da cooperación ao desenvolvemento, non pode eliminar a partida; poderá reaxustala ou reducila, pero desde logo se a elimina, é que o concepto é caritativo".

Así, o secretario de Movementos Sociais do PSOE afirmou que "seguen a ser importantes as apostas políticas e os compromisos ideolóxicos". "Sigo sendo defensor do compromiso solidario cos demais e dos principios de igualdade, liberdade e fraternidade entre todos os pobos, por que se non, coido que non avanzamos", engadiu. Así mesmo, defendeu que "o que procura igualdade de oportunidades é o investimento público, social".

Por outra parte, Zerolo salientou a importancia da labor das entidades sociais e puntualizou que á hora de elaborar o plan extraordinario de fomento da inclusión social tiveron "claro" que "as entidades sociais do terceiro sector da acción eran as mellores testemuñas desta realidade".

"Temos sempre que contar coa experiencia e participación do terceiro sector para lograr que calquera medida paliativa ou preventiva sexa efectiva", defendeu.

Finalmente, Zerolo insistiu en que "de calquera crise hai que intentar saír xuntos, todos, sen deixar atrás aos máis desfavorecidos" e advertiu de que hai persoas en risco de exclusión social, como a realidade “das familias monomarentais, dada a precariedade salarial das mulleres en España e Europa".

miércoles, 14 de julio de 2010

CARTA ABERTA DO GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS DOS SOCIALISTA DE GALICIA

Esta tarde teremos na rúa un asasino confeso máis.
Jacobo Piñeiro Real será posto en liberdade hoxe mesmo.
O seu xuízo debe repetirse pero el estará entre nós desde hoxe.
Esta persoa asestou 57 puñaladas a seres humanos.
Parte delas logo de rebentar a porta para rematar a unha das súas vítimas
mentres esta chamaba (consta a chamada gravada) á policía pedindo socorro.
Ademais meteu pertenzas das súas vítimas nunha maleta e levoullas. E
prendeu lume.
Soa a asasino de serie de televisión? Pois non debeu ser así no xuízo con
xurado popular porque foi absolto do delito de asasinato.
Absolto ? Si absolto.
E porqué?
Estaba todo demostrado? Estábao. Entón que pasou?
Que o xurado pensou que o simple feito de que as súas vítimas fosen dous
homosexuais cos que acababa de ligar minutos antes nun pub de Vigo era
motivo suficiente para que este ser sentise tal medo que xustificase as 57
puñaladas.
Isto é homofobia pura e dura, desa que di "teño amigos gais" pero non
quero nada con eles nin merecen dereitos nin nada de nada.
Desa homofobia que está no disco duro das nosas mentes desde que nacemos
porque nola inculcaron durante mil anos.Esa que non somos libres de
decidir aínda que creamos que o estamos sendo.
Homofobia que forma parte dos nosos xenes, das nosas células.
Cremos que non a temos pero aí está.
Como non vai xustificar 57 puñaladas e dous asasinatos o medo a estar na
mesma habitación con dous maricóns? pois claro que si!
Dá igual que os coñeceu horas antes nun pub gai, onde adoita haber gais, é
o que teñen os bares gais...
O seu defensa cooulle un gol ao xurado, un gol en toda regra, como o de
Iniesta, pero a diferenza deste o gol o que o xurado tragouse foi o gol de
mal. Só fixo felices aos familiares do asasino.
Que xustiza é a que só fai felices aos familiares dos asasinos? pois unha
que comete erros graves.
Aínda así reaccionou e o xuízo deberá repetirse.
Pero de momento o asasino estará na rúa nunhas horas, connosco, convosco,
cos meus fillos, cos vosos fillos, alguén capaz de asestar 57 puñaladas e
que di que o fixo por medo, que por medo rebentou portas para seguir
apuñalando, que por medo perseguiu a quen intentaba sen éxito fuxir do seu
odio, á espera de novo xuízo, se é que segue en España para entón.

Javier Graña.

viernes, 9 de julio de 2010

A MINISTRA DE IGUALDADE, BIBIANA AIDO, REUNIUSE CON REPRESENTANTES DO COLECTIVO LGTB A.L.A.S CORUÑA, MILHOMES E DO GRUPO SOCIALISTA LGTB 7CORES




Antes do acto de entrega dos premios do PSdeG-PSOE “IGUAIS” que a Ministra de Igualdade presidiu esta tarde en Santiago, mantivo unha charla con representantes de colectivos de homosexuais, bisexuais e transexuais de Galicia.

José Carlos Alonso de MILHOMES, Juan Carlos Beceiro de A.L.A.S . Coruña
e Fito Ferreiro Seoane do grupo LGTB dos socialistas de Galicia 7CORES departiron durante quince minutos dalgúns dos problemas que os colectivos LGTB galegos teñen como prioritarios. Non puideron asistir por motivos de axenda “NOS MESMAS” de Vigo e “A.L.A.S Lugo”.

Neste encontro falouse da futura Lei de Igualdade de Trato que a ministra cre que será aprobada a finais de Agosto. Unha norma que ten como fin precisamente loitar contra calquera tipo de desigualdade por razón de aspecto físico, idade, raza, discapacidade, xénero, crenza e por suposto para loitar contra a homofobia, a lesbofobia ou a transfobia. E non só no ámbito laboral, senón tamén en bens e servizos. Aído manifestou que a través desta nova lei “garantirase” a igualdade “eficaz e efectiva” mediante o desenrolo de políticas non discriminatorias e actuacións referidas á igualdade de trato.

Tamén mostróuselle á ministra a preocupación que existe entre as xentes LGTB de Galicia pola próxima posta en liberdade do presunto asasino dos crimes da rúa Oporto de Vigo. Xa que ó poñer un recurso ante o Tribunal Supremo a defensa do presunto asasino, quedou en suspenso a sentenza que anulaba o xuizo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e este será posto en liberdade provisional a próxima semana.

A ministra interesouse polo caso e mostrouse sorprendida de que este sexa posto en liberdade. Os colectivos expuxémoslle a preocupación que tiñamos de que puidera escapar, inda que lle sexa posta unha pulseira.
Aído comprometeuse a facer xestións ante o Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, para que se cumpra a lei de forma estrita, a pulseira sexa controlada en todo momento e que pase todos os controis que marca a lei. Así mismo afirmou que transmitiralle a Laura Seara, a directora do Instituto da Muller os resultados da charla con Alfredo Pérez Rubalcaba e ela remitirallos ós colectivos galegos.

viernes, 2 de julio de 2010

AGRADECEMENTOS ORGULLO 2010

Estimados amigos e colaboradores,

queremos darvos as grazas por toda a axuda e apoio que nos prestastes para que fose posible celebrar as festas
do Orgullo Lgtb un ano máis na nosa querida cidade.
Como todo sabedes son unhas festas moi importantes para nós porque por unha banda celebran o primeiro día de loita no mundo
polos nosos dereitos que son os vosos, os mesmos.
E doutra banda son os únicos días nos que deixamos de ser unha minoría , moitas veces e na súa gran maioría escondida ou desapercibida, para pasar a ser protagonistas.
E que mellor protagonismo que o dunhas festas ás que todos están invitados, absolutamente todos, sexan como sexan, de aquí e de alá.
Non me estendo máis, só reiterarvos o noso máis sincero agradecemento por todo o que facedes por unha banda dos vosos concidadáns, os seus amigos e as súas familias.
Realmente cando un ser humano é máis feliz por algo bo todos somos un pouco máis felices tamén e o mundo é algo mellor.

Moitas grazas.