jueves, 9 de septiembre de 2010

A ADOPCIÓN DE NENOS POR PARELLAS GAIS


Xa abonda de tantas palabras baseadas unicamente en experiencias ou prexuízos persoais. A continuación, un informe técnico da Academia Americana de Pediatría -a máis importante e recoñecida do mundo- acerca dos rapaces criados por pais gais (ou nais lesbianas), que toma en conta toda a evidencia científica dispoñible no ano 2010:
A posición  da AAP sobre a adopción de nenos por parellas gais:
As mostras pequenas e non representativas estudadas e a idade xove da maioría dos participantes suxiren algunhas reservas. Porén, o peso da evidencia recollida durante décadas usando diversas mostras e metodoloxías é persuasiva á hora de demostrar que non existen diferenzas sistemáticas entre os pais gais e os non gais canto a saúde emocional,  aptitudes de crianza, e actitudes cara a crianza.

Ningunha información indicou riscos cara os nenos como resultado de medrar nunha familia con un ou máis pais gais. Algúns, entre a vasta variedade de formas familiares, historias, e relacións, poderían probar ser máis propicios á saúde psicosexual e ao desenvolvemento emocional ca outros.
A investigación sobre a diversidade de relacións parentais entre os pais gais e lesbianas está simplemente comezando. Os rapaces cuxos pais se divorcian (máis aló da súa condición sexual) encóntranse mellor adaptados cando os seus pais teñen alta autoestima, manteñen unha relación responsable e amigable, e se encontran vivindo en parella. Os rapaces vivindo con nais lesbianas divorciadas teñen mellores resultados cando aprenden sobre a homosexualidade das súas nais a unha idade temperá, cando os seus pais e outros adultos importantes aceptan a identidade lesbiana das súas nais, e tal vez cando teñen contacto cos fillos doutras lesbianas e homes gais.
Pais e fillos teñen mellores resultados cando as arduas tarefas da crianza son compartidas, e os rapaces parecen beneficiarse dos acordos nos que as nais lesbianas dividen o coidado dos nenos e outras actividades do fogar en forma igualitaria, tamén cando
o conflito entre os integrantes da parella é baixo. Se ben os pais gais posiblemente fracasen, malia os seus esforzos, na tarefa de protexer aos seus fillos por completo dos efectos da
estigmatización e a discriminación, a súa orientación sexual non é unha
variable que en si mesma prediga a súa habilidade de prover un ambiente
axeitado que fomente o desenvolvemento dos nenos.

steban Peñalver Guerrero / Luis Miguel López Román
Coordinación Rexional do Grupo LGTB PSOE - Rexión de Murcia

No hay comentarios: