Manifiesto leido por Iago na concentración contra a Homofobia na Coruña o día 16 de Setembro do 2010.
O sábado pasado, neste mesmo lugar, o meu mozo e eu fomos víctimas non só dunha agresión con ensañamento, que o foi e a vista está, senón que fomos víctimas tamén de todo o odio contido neses “cerebros a medio cocer” que viñeron, primeiro a insultarnos, logo a machacarnos.
Hai quen pensa que foi unha pelexa ou unha simple agresión. Pois a esta xente que está a mostrar tan pouca sensibilidade debemos aclararlles que non foi así. Nós non nos metimos con ninguén, non insultamos, non agredimos. Soamente procuramos defendernos e escapar, ata quedar tirados polo chan deste lugar. Doeme ver como se opina sen saber, incluso se nos continúa a insultar, mesmo despois de todo o acontecido.
Isto non deixa de ser un estímulo máis para dar a cara, para saír a denunciar o acontecido e reclamar, dunha vez por todas, a condena sen condición de calquer mostra de homofobia.
Para nós está a ser moi duro, logo da agresión, estar toda a semana a batallar porque isto non quede nun silencio. Por iso hoxe se xuntaron nesta concentración as nosas familias, os nosos amigos e amigas, así coma todos e todas aqueles que se sinten doidos polo acontecido, e non están dispostos a calar nin ser calados.
Queremos denunciar publicamente tamén a desprotección á que nos vemos sometidos ante a homofobia persistente. No noso caso foron amigos e persoas que se prestaron voluntarias nese intre, quenes nos socorreron, sen contar co auxilio dos corpos de seguridade, que como cidadáns esperamos velen pola nosa seguridade.
De xeito un pouco inconsciente non dubidamos en dar a cara, loitar polo que entendemos é inadmisible, e agora non imos agochar a cabeza. Como calquer parella mostramos o noso afecto en público, o que ademais de contrubuír á necesaria visibilidade, tamén supón un referente positivo para a nosa sociedade, na que todos quixéramos que o amor e o respecto se impuxera ao odio e a violencia.
Pero non sempre é así, e sabédelo ben. Moitos rapaces e rapazas non son capaces de vivir con naturalidade a súa sexualidade, porque o seu entorno llo impide, porque as actitudes homófobas son persistentes nos nosos días, porque teñen medo. Isto é a realidade na que vivimos, na que moitos din que as asociacións lgbt xa non son precisas, posto que acadamos moitos avances legais. Pois ben, estades a ver o avanzados que estamos: unha agresión homófoba a fin de semana, un xuizo en Vigo polo asasinato homófobo doutra parella de rapaces,... Isto canto menos é motivo de reflexión.
Igualmente queremos aproveitar a ocasión para mostrar a nosa repulsa polo asasinato machista de María Rosa este mércores en Ponteceso, unha mostra máis de odio e violencia, que neste caso rematou tráxicamente. Ela tamén tiña medo, medo a denunciar, medo ao que lle podía pasar nesta nova vida que tiña por diante. Pero xa non tivo ocasión de revelarse, de protexerse, posto que o que fora a súa parella rematou con todo isto dun arrebato; un arrebato asasino e machista.
Ante todos estes feitos mostramos dor e rabia, pero temos que seguir loitando porque nada disto volva a acontecer. Nin unha soa morte máis por odio, nin unha agresión, nin un insulto. Nada disto é admisible por parte dos intolerantes que descoñecen os principios do respecto e a convivencia en paz. Por iso é o noso deber reclamar dende aquí maior protección, e dunha vez por todas unha educación baseada no respecto á diversidade e en favor da convivencia.
Pronunciemos dunha vez por todas NON Á HOMOFOBIA, NON AO MACHISMO.
Quixera rematar neste manifesto agradecendo a todos e todas aqueles que nos mostrástedes o voso apoio nestes días, que fixéstedes algo por nós e que nos estades a axudar. Seica hoxe estades aquí moitas persoas que non adoitades saír á rúa por estas cuestións e nos estades a conceder parte do voso tempo e interese pola gravidade dos feitos ocurridos, para vós o meu agracedemento. En especial quero referirme ao Servizo de Atención á Comunidade LGBT da Coruña, que fixeron todos os esforzos para estar ao noso lado. As asociacións lgbt e feministas que nos acompañades e suscribides este manifesto. O persoal do CHUAC que nos atendeu con dedicación, e todas e todos aqueles que nos estades a axudar, MOITAS GRACIAS.
A.L.A.S. A Coruña - A.L.A.S. Lugo - ACSUR Galiza - AGLET Ourense - BOGA (Mulleres Lesbicas e Bisexuais de Galiza) - Cafés Feministas - CGC (Colectivo Gai de Compostela) - Federación LGTB Aturuxo - Marcha Mundial das Mulheres - Maribolheras Precárias - Milhomes Colectivo LGTB - Mulleres Progresistas de Galicia - Nós mesmas - Oquenossaedacona (Compostela) - Panteras Rosas GZ - Rede Transfeminista Galega - Sete Cores – Transgaliza
viernes, 17 de septiembre de 2010
DI NON Á HOMOFOBIA, ACOMPÁÑANOS ESTA TARDE NO OBELISCO.

TODAS E TODOS CON IAGO E IAGO
O grupo 7 CORES anímavos a concentrarvos esta tarde ás 20:00 no Obelisco
para denunciar a grave agresión que sufriron unha parella de homosexuais
na nosa cidade.
Temos que saír para dicirlles aos HOMOFOBOS que non nos imos a calar nin
por suposto non van volver a meter nos armarios. Non queremos que na nosa
cidade nin en ningunha outra do mundo volvan suceder estes actos HOMOFOBOS.
E tamén esixiremos que se poñan todos os medios para que os agresores
sexan detidos pronto. Non poden quedar libres e que volvan repetir a súa
actitude.
Esperámosvos a todas e todos no Obelisco ás 20:00.
Estaremos todos e todas xuntos con A.L.A.S. A Coruña - A.L.A.S. Lugo - ACSUR Galiza - AGLET Ourense - BOGA (Mulleres Lesbicas e Bisexuais de Galiza) - Cafés Feministas - CGC (Colectivo Gai de Compostela) - Federación LGTB Aturuxo - Marcha Mundial das Mulheres - Maribolheras Precárias - Milhomes Colectivo LGTB - Mulleres Progresistas de Galicia - Nós mesmas - Oquenossaedacona (Compostela) - Panteras Rosas GZ - Rede Transfeminista Galega - Sete Cores - Transgaliza
Grupo LGTB do PSdeG-PSOE de Galicia.
Carta dun home calquera en Setembro do 2010
O que está clarísimo é que a "tolerancia" só permanece mentres non nos manifestemos como somos en público, iso é evidente, por moita tele, series, etc… o de dous tíos da man pola rúa fóra do Orgullo...como que non.
Disto podo falar porque eu mesmo manteño este punto en total reserva no meu traballo cos meus clientes. Teño o tema solucionado desde hai anos en toda a familia, amigos, veciños, empresa (onde o comportamento é perfecto respecto a este tema) e compañeiros de traballo, pero aos clientes teño que caerlles ben, si ou si, ou non me compran, e vivo diso, por tanto non podo mostrar con eles este punto.
Tampouco minto pero si dou o esquinazo, como facía antes, cando era máis novo, con todo o mundo, pois agora só con eles, e ademais este punto non vai cambiar porque na relación cliente-provedor o cliente é soberano e se non me quere no seu despacho, non me quere, e punto, e isto non é denunciable, nin educable, nin nada de nada, salvo que me toque a lotería e non necesite vivir das miñas vendas.
Así que si, queda moito por facer, o máis importante é facilitar a vida dos que veñen detrás. Cada xeración loitará máis forte se a precedente fixo os seus deberes.
Saúdos.
Disto podo falar porque eu mesmo manteño este punto en total reserva no meu traballo cos meus clientes. Teño o tema solucionado desde hai anos en toda a familia, amigos, veciños, empresa (onde o comportamento é perfecto respecto a este tema) e compañeiros de traballo, pero aos clientes teño que caerlles ben, si ou si, ou non me compran, e vivo diso, por tanto non podo mostrar con eles este punto.
Tampouco minto pero si dou o esquinazo, como facía antes, cando era máis novo, con todo o mundo, pois agora só con eles, e ademais este punto non vai cambiar porque na relación cliente-provedor o cliente é soberano e se non me quere no seu despacho, non me quere, e punto, e isto non é denunciable, nin educable, nin nada de nada, salvo que me toque a lotería e non necesite vivir das miñas vendas.
Así que si, queda moito por facer, o máis importante é facilitar a vida dos que veñen detrás. Cada xeración loitará máis forte se a precedente fixo os seus deberes.
Saúdos.
jueves, 16 de septiembre de 2010
CASTRELO DE MIÑO ACOLLERÁ O SÁBADO O II XANTAR POLA VISIBILIDADE HOMOSEXUAL NO RURAL

O acto, aberto a todos os cidadáns, comezará ás 13.30 horas co pregón a cargo da
secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG e Directora do
Instituto da Muller, Laura Seara
Ourense, 16 de setembro de 2010.- A secretaria provincial de Movementos Sociais,
Marta González, e o coordinador do grupo LGTB do PSdeG na provincia de Ourense, José
Manuel Montero, presentaron hoxe en rolda de prensa o II Xantar pola Visibilidade
Homosexual no Rural que se celebrará o próximo sábado 18 de setembro en Castrelo de
Miño, a carón do Club Náutico.
En primeiro lugar González subliñou a necesidade de apoiar a este colectivo como
demostra o acontecido nos pasados días na Coruña, onde unha parella de homosexuais
foi brutalmente agredida.
Segundo explicou Montero, o acto, que ten como obxectivo promover a normalidade e
integración social do colectivo lésbico, transexual, bisexual e homosexual nos
entornos rurais galegos, está aberto a todos os cidadáns, e comezará ás 13.30 horas
co pregón a cargo da secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do
PSdeG e Directora do Instituto da Muller, Laura Seara. Ademais, a música e a
actuación dunha drag queen amenizarán a romería.
“Esperamos que todos os ourensáns se sumen de forma masiva a este xantar para
promover a normalidade social, real e efectiva do colectivo LGTB”, afirmou.
Montero lembrou que a segunda edición desta xornada de convivencia vén precedida da
boa acollida que tivo o primeiro xantar pola visibilidade LGTB no rural, que se
celebrara en Monterroso o ano pasado.
O coordinador do grupo LGTB do PSdeG na provincia de Ourense afirmou ademais que
este grupo está máis vivo que nunca e que cumpre cos obxectivos marcados na súa
constitución, visitando as agrupacións municipais, reuníndose coa corporación
municipal de Ourense e promovendo o concurso de relatos curtos de temática
homosexual e diversidade de xénero no pasado mes de xuño.
A secretaria provincial de Movementos Sociais sinalou que en Galicia en 2009 de
10.600 matrimonios civís, e menos do 1% corresponden a matrimonios entre persoas do
mesmo sexo.
González insistiu na necesidade de apoiar a este colectivo e favorecer a súa
visibilidade social, e ademais anunciou reunións da súa secretaría con diferentes
asociacións para que estes transmitan as súas necesidades e propostas e intentar
solucionar os problemas dos cidadáns dunha forma máis próxima.
miércoles, 15 de septiembre de 2010
UN TOQUE DE ATENCIÓN

Ás veces, co paso do tempo pareces perder o enfoque das cousas. Levas toda a vida preocupado por certos temas que sempre che pareceron importantes pero semella que todo o mundo que che rodea ten pasado páxina e ti pregúntaste se serás ti o equivocado…
Fai un tempo que estivemos a pelexar para que no noso concello se crease un servicio de mediación LGTB, co fin de dar apoio e información á sociedade en tódolos temas referidos á problemática Homosexual, transexual e bisexual. Despóis de moito tempo conseguímolo e non tardarmos en escoitar críticas de que era un servicio innecesario e que era un derroche de diñeiro público…
Onte chegou ó servicio de mediación un rapaz a contar que el e maila súa parella foran agredidos o sábado pasado nos xardíns de Méndez Núñez da nosa cidade. Foron obxeto dunha clara agresión homófoba por parte dun grupo duns dez rapaces adolescentes… parece que os simple feito de que esta parella mostrara sin pudor a súa orientación sexual dándose algún bico, do mesmo xeito que o facían centos de parellas que os rodeaban fixo que máis tarde ese grupiño de valientes centraran as súas frustracións en eles deixando a un con varias contusións e o outro con varias fracturas en brazos e nariz.
Todo esto que estóuvos a relatar xa é suficientemente grave, pero case que o peor de todo aconteceu despóis cando chegaron varias patrullas da policía nacional e logo de calificar o feito de agresión xenófoba, o cal denota o grado de descoñecemento do tema, negáronse a entrar na zona dos xardíns a intentar localizar os agresores… para rematar a faena, nin sequera, acercaron ós agredidos ó centro de urxencias da casa do mar.
No servicio de urxencias, atendéronos das feridas recibidas e no parte de accidente reflexaron que foran obxeto dunha agresión de violencia de xénero, outra mostra clara de descoñecemento…
Pois ben, todas estas cousas fan que poñamos outra vez os pes na terra e que reafirmemos que estabamos acertados, que o servicio de mediación LGTB era necesario, que queda moito por facer, que está claro que estes dos rapaces tiveron un sitio onde se sentiron escoitados e axudados e que só eso xa xustifica a existencia de dito servicio.
Queda claro tamén, que as tarefas de educación do debandito servicio vai realizar son necesarias, moi necesarias. Está claro que son necesarias esas charlas nos institutos, hai que chegar a eses rapaces, teñen que coñecer a nosa realidade porque canto máis nos coñezan, menos nos odiarán.
Hai que chegar tamén a todos estes colectivos de Policía, sanitarios… e facerlles entender a nosa realidade, os nosos problemas; explicarlles o que é a homofobia, e decirlles que entre dous homes ou entre dúas mulleres non pode haber violencia de xénero.
Queda moito por facer, queda todavía moitos prexuizos no máis fondo da nosa sociedade pero non podemos permitir que xente de quince anos teña todo ese odio metido no seu interior porque eles son o noso futuro e entre todos e todas temos que escribir algo novo, non reeditar o que xa tivemos todos no noso pasado.
Consigamos entre todos unha sociedade na que esta agresión non sexa posible, unha sociedade na que miles de rapaces non miren cara outro lado cando dez indesexables agreden a unha parella só por ter unha orientación sexual distinta. Podemos conseguilo.
O GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS DO PSdeG AMOSA A SÚA INDIGNACIÓN POLA AGRESIÓN HOMÓFOBA DO PASADO SÁBADO NA CORUÑA
Fito Ferreiro anunciou que “este venres, celebrarase unha concentración na Coruña para mostrar a repulsa ante este tipo de actitudes claramente discriminatorias”
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2010.- O Grupo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais do PSdeG (LGTB), expresou hoxe a súa indignación pola agresión homófoba a unha parella de mozos, na Coruña o pasado sábado.
Fito Ferreiro, Coordinador do grupo LGTB, sinalou que “estas agresións non son illadas, por desgracia, son bastante mais frecuentes do que parece, por isto animamos as persoas a que denuncien”. “A única forma de erradicar este tipo de conducta é non deixándoa pasar, hai que ser valente e denunciar”, aseverou.
Fito Ferreiro destacou que “ a vindeira Lei de Igualdade de Trato, que será aprobada polo Goberno de España, supón un paso fundamental para chegar o fondo dunha lacra tan grave como é a discriminación”.
“Unha Lei que primeiro, perseguirá ás agresións e as discriminacións de calquera tipo, e segundo, buscará a prevención de este tipo de conductas homófobas a través da educación”, concluíu.
Ferreiro sinalou que “só o coñecemento da nosa realidade social e a educación son a mellor arma para erradicar da nosa sociedade os comportamentos discriminatorios, por isto é fundamental a asignatura de Educación para a Cidadanía”.
“Por desgracia, o PP parece estar en contra de todo o que significa loitar pola discriminación criticando e cuestionando este tipo de leis, que sen dúbida, supoñen un avance para lograr unha sociedade mais xusta”, criticou.
Fito Ferreiro anunciou que “este venres día 17 de setembro celebraremos unha concentración na Coruña, ás 20:00 no Obelisco, para mostrar a nosa repulsa ante este tipo de actitudes claramente discriminatorias”.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2010.- O Grupo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais do PSdeG (LGTB), expresou hoxe a súa indignación pola agresión homófoba a unha parella de mozos, na Coruña o pasado sábado.
Fito Ferreiro, Coordinador do grupo LGTB, sinalou que “estas agresións non son illadas, por desgracia, son bastante mais frecuentes do que parece, por isto animamos as persoas a que denuncien”. “A única forma de erradicar este tipo de conducta é non deixándoa pasar, hai que ser valente e denunciar”, aseverou.
Fito Ferreiro destacou que “ a vindeira Lei de Igualdade de Trato, que será aprobada polo Goberno de España, supón un paso fundamental para chegar o fondo dunha lacra tan grave como é a discriminación”.
“Unha Lei que primeiro, perseguirá ás agresións e as discriminacións de calquera tipo, e segundo, buscará a prevención de este tipo de conductas homófobas a través da educación”, concluíu.
Ferreiro sinalou que “só o coñecemento da nosa realidade social e a educación son a mellor arma para erradicar da nosa sociedade os comportamentos discriminatorios, por isto é fundamental a asignatura de Educación para a Cidadanía”.
“Por desgracia, o PP parece estar en contra de todo o que significa loitar pola discriminación criticando e cuestionando este tipo de leis, que sen dúbida, supoñen un avance para lograr unha sociedade mais xusta”, criticou.
Fito Ferreiro anunciou que “este venres día 17 de setembro celebraremos unha concentración na Coruña, ás 20:00 no Obelisco, para mostrar a nosa repulsa ante este tipo de actitudes claramente discriminatorias”.
martes, 14 de septiembre de 2010
II XANTAR POLA VISIBILIDADE RURAL

Estimados amigos e amigas:
Un ano máis o PSdeG-PSOE, a través do seu Grupo LGTB - 7 Cores, organiza o III
Xantar Popular pola Visibilidade Rural.
Nesta edición a festa terá lugar no Concello de Castrelo de Miño, o día 18 de
setembro.
Os actos comezarán ás 13,00 h. prolongándose durante todo o día, con música,
actuacións e xogos populares.
Esperamos contar coa vosa presenza e pregamos que lle dedes a máxima difusión a
este evento desde as vosas agrupacións locais.
Recibide un cordial saúdo socialista
PABLO GARCIA GARCIA
Sº Organización e Administración
LAURA SEARA SOBRADO
Sª Area Igualdade, Emigración e Movementos Sociais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)