lunes, 24 de noviembre de 2008

DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GENERO

MANIFIESTO DEL GRUPO 7 COLORES


Amor, odio, posesión, egoísmo, machismo, celos… son un cocktail demasiado forte para a condición humana. Unha mistura demasiado letal que é necesario que non permitamos que se produza.

Todas a medidas son necesarias, pero cremos que a educación é unha das fundamentáis. A educación na familia, nos traballos, na rúa, na televisión, no teatro, e por suposto a educación na escola. Esa educación que tanto molesta a esos que din dirixir a súa vida polos mandatos dun deus. Educación para ser máis persoas, para respetarnos e ser máis tolerantes todos e todas.

Din que agora hai máis casos de violencia de xénero, mais non creo que realmente sexa así. Como nós, agora vós estades a sair do voso armario, e non é doado contarlle á xente os teus sufrimentos e vivencias. Non é nada doado querer vivir a túa vida. Ademáis, ó sair do armario sempre hai alguén fora esperando para de un bó golpe voltar a meterte dentro. Pero non por eso, tanto vos coma nos debemos de deixar de loitar por vivir unha vida digna.

E para que nos resulte máis doado este camiño necesitamos da complicidade do resto da sociedade. Necesitámosvos a todas e todos para xuntos ROMPER TODOLOS ARMARIOS que as vellas sociedades teñen fabricado.


Fito Ferreiro

No hay comentarios: