Escribimos coa resaca do 28 de Xuño recién pasado, a celebración dun orgullo que xa non só é importante como orgullo de ningún tipo de manifestación sexual e afectiva, unha data que para nós, como parte do colectivo socialista 7Cores recolle un orgullo propio, noso, máis noso que nunca pola traxectoria percorrida nestes últimos anos e cun fruto obvio e máis que evidente neste pasado fin de semana. Tras un par de anos traballando, facendo a calle, e miramos con máis ilusión e forza que nunca a cidade na que xordeu o proxecto, á comunidade da que somos parte política e socialmente, onde parece que vai permeando o discurso progresista que tentamos levar adiante con esforzo e ilusión.
Comezamos coa celebración de actividades máis ou menos notables, pero sempre orientadas á cidadanía que nos acompaña nas nosas casas, nas nosas familias, nos nosos círculos máis achegados. Se o ano pasado serviu como aliciente para non cansarse de organizar e moverse, este marca un antes e un despois. O diálogo parece por fin completamente aberto entre cidadanía e nós como colectivo, por fin somos un!. O diálogo está aberto pola nosa parte e a das autoridades políticas, que participan activamente das nosas ideas e das nosas propostas, axudando, colaborando e tendo en conta a forza dun colectivo que tradicionalemente ten perdido o seu impacto por apatía, pero non propia, senón a aptaía d@s desposeíd@s, @s que nunca teñen nada que perder porque nunca tiveron nada e non se lles ofrece nada novo. Pero as cousas parecen cambiar, parecen soplar novos ventose a mostra é a mirada atrás que podemos facer agora, a posteriori do noso propio ano novo, tras o orgullo.
Se as primeiras propostas buscaban tentar un acercamento cultural da cidade á realidade invisíble da comunidade LGBT celebrando encontros como as chocolatadas para que quixera achegarse e falar, organizando un festival como o Visíble, no que se incluía unha óptica máis artística e cultural, este ano consolídase un camiño que continúa aberto á participación nas chocolatadas que facemos de cando en vez, organizando e consolidando o Visíble e facendo que creza, facendo do 28 unha celebración multitudinaria de alegría para tod@s @s que se achegaron a celebrala. Pero ademáis implícanse agora os elementos sociais de información e servizo á cidadanía, as bibliotecas ábren as súas portas para organizar alí videofórums e charlas a traballador@s para mostrar de cerca a realidade LGBT, difundindo información, facendo de ponte entre tod@s nós como cidadáns. E a política cae do noso lado da balanza colaborando, facilitando a creación dunha figura esencial para a socidade LGBT como é a do servicio de información en mediación LGTB do concello de A Coruña, nun intento de redireccionar e axudar a quen necesite de asesoramiento en temas relacionados co día a día LGBT en termos de discriminación, trato coa familia, no traballo, etc...Facilitando tamén a nosa implicación coas institucións educativas por medio de charlas nos institutos como forma de loitar contra a homofobia imperante na sociedade e aprendida e alimentada en moitos casos dende as institucións educativas, voluntaria ou involuntariamente.
Afortunadamente esto só é o principio, quedan moitas cousas por facer e moitos pilares por tirar, pero seguimos pensando en afortunadamente porque o engranaxe comeza a desenferruxarse, a camiñar, pouco a pouco crecen @s achegad@s, @s militantes, @s activistas, simpatizantes... E por eso mesmo, que mellor que rematar esta nota facendo unha invitación a tod@s a participar con nós do noso orgullo propio, de movernos e facer que as cusas cambien e continúen un proceso de mellora social, sexa como afiliados, como partes activistas, ideolóxicas, materiais ou intanxibles por medio virtual...como sexa, pero animándovos a tod@s a participar do noso entusiasmo máis forte que nunca e máis entusiasta que nunca. O camiño faise andando, e parece que xa hai algo por detrás, e todo por diante...
Podedes escribirnos a lgtb@psoecoruna.org o votarlle unha mirada o noso blog http://grupo7colores.blogspot.com/
Feliz cambio a tod@s...
Nelson G. Rodríguez Avilez
Colectivo LGTB do PsdG-PSOE 7Cores
viernes, 3 de julio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Son unha das bibliotecarias que esa semana tivemos a ocasión de compartir a vosa charla de aclaracións sobre o LGTB. Curiosamente lendo un dos blogs que sigo a miudo,o de Jesus Encinar (empresario e un dos gays que cada ano repite na lista dos mais influentes no panorama español) atopome con duas recomendacións de lecturas de tematica LGTB que acaban de publicar, botadelle unha ollada.
Publicar un comentario