jueves, 29 de octubre de 2009

GRACIAS A TOD@S CONSEGUIMOS QUE O CANTANTE HOMOFOBO SIZZLA NON ACTUE EN GALICIA

O colectivo LGTb do PSdeG-PSOE congratúlase da decision da Dirección da Sala Capitol de non deixar que se celebren actos no seu local que atentan contra a dignidade das persoas.

Nun comunicado sacado a primeira hora desta tarde a dirección da Sala Capitol fixo pública a súa decisión de suspender o concerto, previsto para mañá, do cantante xamaicano Sizzla Kalonji. Temos que destacar a labor conxunta realizada polos colectivos "MARIBOLHERAS PRECARIAS" e o grupo "LGTB do PSdeG-PSOE", ademais de outros grupos LGTB e sociais de Galicia, que tanto mediante dun blog aberto específico para a ocasión, como grazas os centos de e-mails que saturaron o correo das promotoras, a Sala Capitol, o Concello de Santiago e as empresas de venta de entradas, así como as chamadas realizadas polos militantes e simpatizantes destes colectivos que colapsaron a centralita da SALA CAPITOL.
A dirección desta sala destacou nun comunicado que non é a responsable da organización deste concerto, e que se limitou «a alquilar as súas instalacións ós promotores do mesmo, como habitualmente vimos facendo», «lamenta profundamente verse envolta nunha polémica que lles é allea» e, «espera dar por zanxadas as sospeitas e acusacións que se verteron contra a mesma», engade a nota.

Decisións como a tomada hoxe pola Dirección da Sala Capitol supoñen unha nova victoria na loita polos dereitos e pola diginidade das persoas LGTB. Dende o colectivo LGTB do PSdeG-PSOE non podemos menos que mostrar a nosa satisfacción por esta demostración de responsabilidade e que venlle a demostrar a persoas homófobas como o xamaicano Sizzla que están fóra de lugar nunha sociedade democrática e moderna como a nosa.

No hay comentarios: