viernes, 30 de octubre de 2009

O CONCELLO DE SANTIAGO DISVINCULASE DO CONCERTO SIZZLA.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE alegrase da decisición do concello de Santiago de desvincúlase do concerto de Sizzla tras a movilización que realizamos os colectivos galegos LGTB.

Tras unha larga charla entre o grupo municipal Socialista de Santiago e o grupo LGTB do PSdeG-PSOE, se chegou ó acordo de que se publicase a decisión do concello de desvincularse do concerto. Ainda que a decisión se tomou onte e se comunicou á Sala Capitol e ós promotores, non saiu publicada.

Nunha nota emitida á última hora da maña polo concello de Santiago di que decidiu desvincularse do concerto do cantate xamaicano Sizzla Kalonji, previsto para esta noite na Sala Capitol como inauguración do ciclo 'Importa SantiagoDC', trala amplia polémica suscitada entre os colectivos.

Deste modo, a Concellería de Xuventude retirou todo o apoyo económico e loxístico a esta actuación.

Por outra banda non entendemos a postura do colectivo do PP "Colegas", que actuando desde Andalucia quere apropiarse do movemento realizado polos grupos LGTB de Galicia.

Ademais gustaríanos que se mostrasen probas da acusación que fai ós nosos compañeiros de "Maribolheras" sobre a autoría do mail da cancelación do concerto. É unha acusación moi grave que non se pode sostensar só en palabras.

Non entendemos a qué xogan defendendo á Sala Capitol, despóis do "falso" mail. Como sempre as xentes do PP só saben tirala pedra e agochala man en favor dos seus intereses. Nesta loita o único que está en xogo é a DIGNIDADE DAS LESBIANAS, GAIS, TRANSEXUAIS E BISEXUAIS.

No hay comentarios: