jueves, 15 de octubre de 2009

O Tribunal Superior estuda repetir o xuízo polo asasinato de dous gays en Vigo.





Tanto o fiscal como a acusación particular piden a repetición do xuízo do crime da rúa do Porto, en Vigo, no que faleceron dous mozos gays. O único acusado, Jacobo P.R. foi absolto de dous delitos de asasinato por un xurado popular.


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu hoxe a vista polos recursos de apelación que presentaron a acusación particular, a Fiscalía e a defensa do caso do crime da rúa do Porto, en Vigo, en cuxa sentenza --ditada a raíz dun veredicto do xurado popular-- absolveuse ao único acusado, Jacobo P.R., dos delitos de asasinato de dous mozos, e foi condenado a 20 anos só por un delito de incendio. Fiscal e acusación reclamaron que se repita o xuízo por "incumprirse" as garantías procesuais.


Os feitos ocorreron o 13 de xullo de 2006 no piso que as vítimas compartían na rúa do Porto e onde o condenado as agrediu cunha arma branca. Posteriormente, segundo a acusación, prendeu lume ao piso e fuxiu do lugar levándose unha maleta con diversos obxectos.
O xuízo celebrouse este ano en Vigo e o veredicto absolutorio do dobre asasinato dos dous mozos, que eran homosexuais, suscitou polémica xa que ao acusado condenóuselle só por un delito de incendio, pero non polos dous de asasinato que lle imputaban o fiscal e a acusación particular ou o de furto, que lle atribuía esta última.
O xurado tivo en conta como eximentes o "medo insuperable" e a "lexítima defensa" que argumentou a súa avogada, xa que presuntamente unha das vítimas intentouno obrigar a manter relacións sexuais.
Tamén alegou problemas de adicción de drogas e alcohol.


ARGUMENTOS

Na vista celebrada hoxe no TSXG, a Fiscalía e a acusación particular argumentaron que se "incumpriron" as "garantías procesuais" e consideraron que o veredicto do xurado non estivo suficientemente "motivado", ao tempo que cualificaron de "formulación errónea" o cuestionario que se remitiu aos membros do xurado.
Ambas as dúas partes pediron a nulidade da sentenza e a repetición do xuízo e, en concreto a acusación particular, reclamou que sexa un tribunal "profesional" formado por xuíces o que xulgue ao único acusado.
Os argumentos da Fiscalía e da acusación particular coincidiron en poñer en dúbida a existencia de "lexítima defensa" e "medo insuperable"que o xurado tivo en conta para condenar só ao acusado polo incendio que se produciu na vivenda, pero non polos asasinatos de Isaac Pérez Triviño e Julio Anderson Luciano, aos cales asestou un total de 57 puñaladas.


O fiscal, José Ramón Piñol, argumentou hoxe que "aceptando a tese de que no primeiro momento a reacción era defensiva, cómo se poden xustificar as segundas agresións", preguntouse na súa intervención, na que formulou tamén "se hai lexítima defensa na agresión de 35 puñaladas a un moribundo". Por iso, cualificou de "inasumible" a lexítima defensa, ao tempo que rexeitou o "medo insuperable", alegando que o acusado, tralas agresións, volveu entrar na casa "por unhas chaves, o móbil e as gafas".


Similares argumentos mantivo o avogado da acusación particular, Tomás Santodomingo, quen cuestionóu a "competencia" do xurado para xulgar uns feitos deste tipo polos delitos que se imputaban ao acusado e cuestionóu o seu veredicto, que no seu recurso de apelación cualifica de "non razoable e arbitrario". Nel, sosten tamén que, ao igual que o veredicto, a sentenza "adoece de erros en canto á aplicación de certos conceptos xurídicos", razóns polas que pide a anulación e a celebración dun novo xuízo.


DEFENSA

Pola súa banda, a defensa pediu na vista que se reduza de 20 a 10 anos de prisión a pena imposta polo delito de incendio. Ao respecto, sostivo que "non era posible unha explosión" na vivenda e afirmou que "non existiu risco efectivo e real para as persoas".
Sobre as formulacións da Fiscalía e a acusación particular para solicitar a anulación do xuízo, a letrada do procesado, María Jesús Rodríguez, sostivo que ambas partes pretendían "suplir os seus erros en primeira instancia". Así, manifestou que detrás dos seus recursos "subxace un interese de revisión dos feitos" e cualificou de "insostibles" os seus argumentos.
Así mesmo, considerou que non existe unha "indefensión irreparable", necesaria, dixo, "para a nulidade do xuízo", e engadiu que a acusación particular non presentou alegacións "sobre a competencia do xurado". No mesmo sentido, pronunciouse sobre a "falta de motivación" do veredicto que alegaron hoxe fiscal e acusación.

XUÍZO

Ao xuízo asistiu hoxe a nai dunha das vítimas, Isaac Triviño, así como unha decena de persoas que, coincidindo coa vista, concentráronse ante a sede do TSXG cunha pancarta esixindo a anulación do xuízo. Marta Pérez Triviño manifestou que confía en que o TSXG anule a vista e repita o xuízo.
"Agardo e teño fe en que se faga xustiza", afirmou en declaracións aos xornalistas, nas que subliñou o feito de que tanto o seu fillo como o seu compañeiro recibisen numerosas puñaladas. Sobre o veredicto do xurado, atribuíuno á "pouca información", aínda que tamén o vinculou cunha actitude de "racismo" e "homofobia".
O grupo LGTB del PSdeG-PSOE mostra a súa confianza en que se anule o xuízo "ante os fallos procesuais producidos e dado o escándalo xudicial e social producido pola inxusta sentenza", e cuestionamos que se tivese en conta a lexítima defensa "escusando ao asasino por un medo insuperable aos homosexuais, e en troques condeno uno a 20 anos polo perigo ao que expuxo aos inquilinos do inmoble tras o incendio provocado ao tratar de prender lume aos corpos".

2 comentarios:

mari dijo...

unha magoa que os esquezades de quen levaban a pancarta o dia do xuizo e mostraron o seu apoio a familia foron xente de maribolheras precárias, non sei esta teima por ocultar o que facemos...

Grupo lgtb "Sete Cores" dijo...

Vamos a haber, vosotr@s las gentes de Maribohleras, no haceis referencia a nuestras noticias, y solo podemos acudir a titulo personal a vuestros actos. Por cierto vosotros no acudis a ninguno de los nuestros. Asi que cada uno defiende su posturas desde en sus blogs, sin ,eterse con el otro. Ademas no es cierto que solo estuvierais vosotros. Al ser la ocncentracion un dia por la mañana, no hemos podido asistir a la concetracion por trabajo mucha gente, pero si trabajamos para que se realizara. Asi que yo creo que ibais en representacion de todos los grupos que apoyan estas movilizaciones.
Tambien deciros que no vamos a dejar que publiqueis como comentario los articulos que colgueis de vuestro blog, ni discursos. La seccion de comentario es como dice la palabra, para hacer un comentario.
Y para terminar, nosotros siempre vamos a intentar no tener una actitud agresiva hacia vosotros, ni ningun otro colectivo lgtb. Creemos que la lucha esta en pañales y que debemos buscar puntos en comun para tirar del carro en la misma direccion.
Eso si cada uno desde su posicion ideologia.
Para el grupo LGTB Socialista de A Coruña, Maribolheras no deberia ser el enemigo, y com tal no lo consideramos. Los enemigos de las gentes LGTB son los poderes de la derecha.
Saludos.
Fito Ferreiro