lunes, 29 de noviembre de 2010

O PSdeG afirma que o PP "pecha os ollos" ante a homofobia en Galicia


Silvia Fraga denuncia que o PP non demostrou ningún compromiso cos colectivos dos gays, lesbianas, transexuais e bisexuais
Santiago de Compostela, 26 de novembro do 2010. A portavoz de Mocidade e Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista, Silvia Fraga, interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para coñecer os plans do Goberno de Feijoo para atallar a homofobia en Galicia. Alí dixo que o PP “pecha os ollos ante a homofobia”, na nosa Comunidade.

A deputada lembrou na súa intervención que da man dun goberno socialista se avanzou na consolidación dos dereitos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais. E aludiu a lei de matrimonio de persoas do mesmo sexo, a lei polo dereito de identidade sexual e apuntou que se está traballando no proxecto de lei de igualdade de trato e contra a discriminación. Pero advirte que a pesar de todos estes avances, lesbianas, gays e bisexuais sofren abusos, vexacións e discriminacións diariamente.

A parlamentaria socialista lamentou que, pese a que hai un goberno e un partido, o Partido Socialista, comprometido coa consolidación de dereitos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais, hai outro, o PP, empeñado en retroceder na consolidación destes dereitos. Aludiu as declaracións do Sr. Rajoy que anunciou que, en caso de gobernar España, derogaría a lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O PP non só non fai nada por este colectivo, se non que pretende botar por terra os impulsados polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Fraga aludiu tamén ao suceso ocorrido en Vigo en 2006, donde Jacobo Piñeiro asestou 57 puñaladas a Isaac Pérez Triviño e a súa parella Julio Anderson na casa que ambos compartían. Sinalou este caso foi un dos máis alarmantes e crueis acaecidos en España nos últimos anos, e do que este señor foi absolto despois de confesar os asasinatos foi absolto por un xurado claramente condicionado pola homofobia. Pero finalmente, catro ano despois, foi condenado polos seus crímenes.

A deputada tamén se referiu a un caso máis recente na cidade da Coruña, que veñen de sufrir unha agresión simplemente por ir collidos da man pola rúa, unha brutal paliza que incluso levou a un deles a estar varios días ingresado no hospital.

A parlamentaria socialista considera “dramático” que persoas pola súa orientación sexual teñan que vivir con este medo, “e o que é máis dramático e que este medo fose xustificado”. Pero asegura que “aínda máis lamentable que as autoridades que interviron nos sucesos cualificaron inicialmente esta agresión como xenófoba e finalmente o parte emitido polos servizos sanitarios reflexou que as lesións sufridas por estes dous rapaces se debían a un acto de “violencia de xénero”.

Puntualiza que a intervención que tivo a administración pública nestes dramáticos sucesos evidenciase que hai moito que facer neste ámbito, para empezar formar os/as profesionais ao servizo dos cidadáns para que sepan ao que se enfrontan nestes casos e tamén educar en igualdade para evitar que este tipo de sucesos se produzan.

Por iso a portavoz de Igualdade reclamou solucións para este tipo de situacións. E denunciou que o Partido Popular non demostrou ningún compromiso con este tipo de colectivos, non hai políticas concretas dirixidas as persoas Lesbianas, Transexuais e bisexuais. E insistiu nas súas criticas “hai que pelexar en xeral por unha sociedade mais xusta e igualitaria”.

No hay comentarios: