En días recentes, Colombia Diversa recibiu un recoñecemento moi afagador e grato para o seu equipo de traballo, os seus amigos e colaboradores: foi destacada como un dos vinte principais exemplos sobre a promoción dos dereitos humanos LGBT en 2009, no mundo, especialmente polo seu traballo á fronte do recoñecemento das parellas do mesmo sexo. O anuncio destes exemplos, levouse a cabo na Segunda Conferencia Internacional de Dereitos Humanos LGBT, que tivo lugar en Copenhague, Dinamarca, do 27 ó 29 de xullo de 2009 e rematou coa publicación dun Catálogo das Boas Prácticas.
“Énchenos de orgullo este recoñecemento, así como estar ó lado de moitas iniciativas positivas no mundo, pero tamén preocúpanos a ausencia de exemplos de boas prácticas en moitos países onde inda a lesbianas, gays, bisexuais e transxeneristas se lles negan todos os seus dereitos, incluso o de expresarse con liberdade.”
Marcela Sánchez Buitrago - Directora
No hay comentarios:
Publicar un comentario