Colexios públicos sen símbolos relixiosos. É a idea que o Goberno socialista pretende materializar coa Lei de Liberdade Relixiosa, unha iniciativa que tomará forma logo do verán. Onte o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, explicaba nunha entrevista a Europa Press que a aposta do Executivo é facer “un claro deslinde entre o fenómeno relixioso e o espazo público e a laicidade do Estado”. “A nosa idea é que nos colexios públicos non exista ningún símbolo relixioso, pero se resulta que hai algún patrimonio histórico e é un centro público, se ten valor histórico-artístico, no poderá destruírse”, engadiu Caamaño.
Para o ministro, é preciso “dar un paso adiante” na laicidade para evitar a “confusión entre as funcións públicas estatais e as relixiosas”. O titular de Xustiza, pola contra, matizou apuntando que “hai cousas que son perfectamente razoables nunha sociedade como a española, onde o sentimento relixioso ten un peso, unha dimensión e onde se viven moitos elementos relixiosos como os beléns”, que terán cabida na norma.
Diversidade de credo
Tal como indicou Caamaño, a lei non impedirá que “un alumno leve un pequeno crucifixo”, mais tamén permitirá ós nenos de relixión musulmán ou xudía “comer de maneira distinta” se o desexan. “Eu non lle podo dar de comer distinto que ós demais porque este é un servizo público para todos, pero polo menos lle podo permitir baixo a responsabilidade dos pais que leve a súa propia comida e se sente no comedor escolar”, aclarou. Os centros privados, asemade, poderán manter a vertente relixiosa como ata o de agora.
Regular a liberdade de conciencia
En canto a datas, o ministro apuntou “ó inicio quizabes do vindeiro período de sesións” como prazo para remitir ás Cortes o proxecto de lei. Trataríase de “regula-la liberdade de conciencia por primeira vez”, de modernizar o rexistro de organizacións relixiosas, e de incorporar a ordenamento xurídico a xurisprudencia que os tribunais españois foron ditando en cuestións como “a relixión no Exército, nos hospitais e nas escolas”.
Rexeitamento da prensa…
O anuncio, como era de agardar, xa colectou os reproches da prensa máis conservadora. O diario ABC, por exemplo, asegura que “se o PSOE quere manter unha relación razoable cos católicos españois, chega e sobra con cumprir a Constitución” que oferta “pautas inequívocas” afastadas da “política laicista”. “O respecto á conciencia individual non esixe unha equiparación sen sentido en termos estritamente democráticos entre unha e outras crenzas relixiosas”, insiste o rotativo no seu editorial. “Estamos outra vez ante un xesto do Goberno cara os sectores radicais” que “suscita o rexeitamento dunha gran maioría dos cidadáns”, conclúe.
…cavernaria
A súa vez, La Razón dedica o seu solto editorial ó asunto para observar que “sería aconsellable que o Ministerio non se deixe levar por un entusiasmo laicista e fose máis mesurado e didáctico para que esta Lei de Liberdade Relixiosa non se converta nunha nova polémica”. Segundo este xornal, o Goberno está “outra vez á carga” tras aparca-lo debate relixioso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario