lunes, 4 de enero de 2010

Cádiz: Colegades escíndese da confederación Colegas por "incompatibilidade no ideario"

A presidenta da asociación LGTB provincial de Cadiz sinala que Colegas “foi modificando a súa posición ideolóxica cara teses que os membros de Colegades non comparten”. A asociación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB) da provincia de Cádiz, Colegades anunciou que escindirase da confederación Colegas, segundo unha nota remitida ó Diario Bahía de Cádiz.
A presidenta de Colegades, Carmen Zurita informou que a decisión tomouse nunha xunta extraordinaria celebrada o domingo último. Alí, os membros da asociación votaron por maioría absoluta apartarse de Colegas debido a “unha incompatibilidade no ideario”.
Zurita sostivo que “dende sempre defenderon y defenderán o pensamento igualitarista na loita polo colectivo LGTB pero dende unha perspectiva progresista”. Sobre Colegas, a activista avaliou que, tanto a nivel confederal como na federación andaluza, “foi modificando a sua posición ideolóxica cara teses que os membros de Colegades non comparten”.
En Colegades fan destacan especialmente que non queren entrar en ningún tipo de polémicas: “a nosa traxectoria na provincia de Cádiz, loitando polos dereitos do noso colectivo, fala por nós, e non queremos entrar en ningún tipo de conflito. É unha decisión libre e unánime da nosa organización”.
Do mesmo xeito, Zurita conclúe que “hai moito traballo por facer na loita polos dereitos do colectivo LGBT e consideran que calquera polémica só conseguirá facerlles perder tempo e esforzos”.

No hay comentarios: