jueves, 14 de enero de 2010

O GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS DO PSdeG-PSOE REUNISE CO ACALDE DE LUGO E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.

REUNÍRONSE TAMÉN CON MEMBROS DA EXECUTIVA LOCAL DO PSOE DE LUGO E CO COLECTIVO LGTB DE LUGO “ALAS”.



O Alcalde de Lugo Xosé López Orozco reuniuse con membros do grupo LGTB dos socialistas de Galicia , unha xuntanza onde falouse da situación das persoas LGTB en Galicia e en especial na cidade de Lugo.
O concello de Lugo sempre apoiou as políticas LGTB, traballando e comprometéndose cos colectivos da cidade. Despois desta reunión, darase impulso a novos proxectos, ademais de consolidar os que se están a facer neste momento.

“O señor López Orozco é coñecedor da realidades dos colectivos LGTB de Lugo, sabendo os problemas destes e comprometéndose a unha maior implicación a través das políticas sociais do concello , políticas a favor da igualdade das persoas homosexuais e transexuais” comentou Fito Ferreiro coordinador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE.

Esa mesma mañá, Fito Ferreiro acompañado dos membros do grupo Juan Carlos Beceiro e Cristal Ramirez mantiveron unha reunión de traballo coa concelleira de Benestar Social e Igualdade. Desta reunión saíu o acordo de por en marcha o “servizo municipal de información e mediación LGTB” do concello de Lugo, que encargarase de atender as demandas e o problemas das persoas homosexuais e transexuais así como ós pais, familiares e amigos. Falouse de levar a cabo un programa especial para os pais, xa que normalmente cando se decatan que un fillo é homosexual ou transexual quédanse bloqueados e sos. É difícil que busquen e atopen referencias, polo que é importante achegarse a eles.

“O servizo de información e mediación LGTB” tamén encargarase de realizar campañas de sensibilización, de coñecemento do feito LGTB, así como campañas contra a homofobia. E tamén realizara charlas en colexios, institutos, asociacións e institucións.
“Carmen Basadre quere poñer este servizo en funcionamento antes do mes de marzo, e xa puxo á nosa disposición unha oficina onde comezar a traballar. Tamén se falou de facer unhas charlas cos traballadores e traballadoras das bibliotecas municipais e dos servizos sociais, sobre o feito homosexual e transexual. A idea é que pouco a pouco se vaian incorporando libros de temática a ditas bibliotecas, e para elo é importante que os traballadores das bibliotecas coñezan o feito LGTB.”

Outro dos proxectos que se empezou a estudar e a realización dun festival de travestis e drag-queens para o mes de xuño, fóra do que se fai dentro de “ARDE LUCUS”. Sería dentro da programación do ORGULLO de LUGO. Falarase co colectivo ALAS LUGO para que colaboren en todos estes proxectos.

Pola tarde reunímonos na sede do PSOE en Lugo cos membros da executiva de partido socialista en Lugo con Juan Carlos Gonzalez Santín, secretario de organización, Marta Jato Diaz, secretaria de movementos sociais así como Alfonso Orol Castro. Pola nosa banda incorporouse Ángel López. Explicamos o funcionamento do grupo, así como o motivo polo que se creou. Propúxose que se empezara a traballar para poder constituír o grupo LGTB da agrupación local de LUGO. Nestes momentos conta con cinco simpatizantes.

Tamén se lles propuxo que este ano o acto central galego do dia contra a homfobia o celebre o PSdeG-PSOE na cidade de Lugo, polo que se solicitou a colaboración do partido na cidade. Xa se está a traballar en dito acto que se celebrará o sábado 15 de maio. Quedamos finalmente de dar unha charla ós militantes do partido sobre o porque do grupo LGTB dos socialistas de Galicia e como está a realidade homosexual e transexual nestes momentos en Galicia e en Lugo.

Finalmente reunímonos cos compañeiros de ALAS Lugo, colectivo da cidade e que foi un dos máis activos en Galicia, desenrolando políticas conxuntamente co Concello, así como un programa especial de axuda e acollida das persoas transexuais que están presas. Quedamos de acordo en trazar un plan de traballo, así como que os proxectos que se fagan no concello serán conxuntos. Pretendemos revitalizar o movemento LGTB na cidade de Lugo que ten unha fonda tradición na loita polos dereitos reais das persoas LGTB.

No hay comentarios: