jueves, 14 de enero de 2010

O GRUPO LGBT DO PSdeG-PSOE CONGRATÚLASE POLA APROBACIÓN DO MATRIMONIO ENTRE PERSOAS DO MESMO SEXO EN PORTUGAL

APROBADO O PROXECTO DE LEI NO PARLAMENTO PORTUGUÉS



O secretario de Movementos Sociais do PSOE, Pedro Zerolo, felicitouse hoxe pola aprobación do proxecto de Lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aprobado polo Parlamento portugués a iniciativa do Goberno socialista portugués, que o incorporara ao seu programa electoral. “Hoxe é un día histórico para Portugal e para a Unión Europea no recoñecemento dos dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais”, sinalou Zerolo. “De novo os dereitos e a igualdade veñen impulsados pola esquerda, e polos nosos compañeiros socialistas lusos”, engadiu.
                                        
Zerolo cualificou de avance histórico esta aprobación, que vén recoñecer o dereito ao acceso ao matrimonio para todas as parellas no país veciño. O dirixente socialista participou activamente neste debate mediante distintos encontros políticos, como o que mantivo en 2009 no Parlamento portugués cos deputados e deputadas socialistas portugueses para darlles a coñecer as iniciativas impulsadas en España neste eido e animalos a votar pola igualdade, asegurou.

Zerolo sinalou que lle tería gustado que este proxecto incorporase tamén, como no caso español, o dereito á adopción conxunta por parte das parellas de lesbianas e gais casadas, e amosouse convencido de que ao igual que ocorreu en Holanda ou Bélxica, este dereito terminará recoñecéndose máis cedo que tarde.

No hay comentarios: