martes, 5 de enero de 2010
ZEROLO CELEBRA A APROBACIÓN DO MATRIMONIO ENTRE PERSOAS DO MESMO SEXO NA CIDADE DE MÉXICO
O Secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG do PSOE, Pedro Zerolo, celebrou hoxe a aprobación na Cidade de México dunha iniciativa de lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a posibilidade de adopción conxunta por parte de parellas do mesmo sexo.
”Felicitamos á primeira cidade de América Latina en recoñecer a dignidade e a igualdade de gais e lesbianas, especialmente ao Partido de la Revolución Democrática (PRD) que fixo posible este recoñecemento histórico en Latinoamérica”, dixo.
Zerolo expresou tamén a súa confianza en que o Alcalde do Distrito Federal, Marcelo Ebrard, non vete esta lei, como lle piden os partidos dereitistas mexicanos, “porque Marcelo Ebrard é un magnífico alcalde, un home de progreso que aposta pola igualdade e que é consciente de que esta Lei será acollida con gran satisfacción pola inmensa maioría dos seus concidadáns”.
Finalmente, Zerolo amosouse convencido de que esta Lei “non será a última que se aprobe en América Latina, porque a igualdade é imparable, e a esquerda latinoamericana está cada vez máis comprometida cos dereitos das minorías sexuais”.
O dirixente socialista ten previsto visitar México DF o vindeiro mes de xaneiro para recibir o Premio Triángulo que lle outorga o FICTGAY de México pola súa traxectoria en defensa dos dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e mais polo seu apoio ao movemento reivindicativo mexicano.
Madrid, 22 de decembro de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario