martes, 12 de enero de 2010
UNHA TRANSEXUAL NA CASA BRANCA
Amanda Simpson posue unha ampla experiencia de case tres décadas no ámbito da seguridade. Traballaba en Arizona para a empresa de seguridade Raytheon Missile System
Este martes foi o primeiro día de Amanda Simpson no seu novo traballo como experta en seguridade do Departamento de Comercio. Amanda forma parte dos centos de novos altos cargos chegados a Washington DC para incorporarse á administración Obama dende o pasado mes de xaneiro. Nembargantes, unha peculiaridade na súa biografía convirte o seu nomeamento en histórico: Amanda é unha transexual. Naceu sendo un home, de nome
Mitchell, e tivo que someterse a varias operacións para poder adoptar a súa nova identidade.
Grazas ó seu nomeamento, Amanda Simpson convertiuse na persoa transexual que foi escollida por un presidente dos EEUU para ocupar un cargo público máis elevado. En concreto, a sua tarefa será avaliar o material exportado polos EEUU chamado de "dobre uso" -que pode ter tanto fins civiles coma militares-, e asegurarse de que non é empregado polos países importadores coma material militar.
Nada en Chicago, Amanda é unha muller alta, de 1,82 centímetros aproximadamente, e luce unha longa melena rubia. Antes de trasladarse a Washington, traballaba en Arizona para a empresa de seguridade Raytheon Missile System, onde estaba especializada no desenrolo de novas tecnoloxías dentro do ámbito da defensa. Ós seus 48 anos, Simpson posue unha ampla experiencia de case tres décadas no ámbito da seguridade, sendo piloto de probas para os avións T-39, e A-3 Sky Warrior durante o proceso de perfeccionamento destas aeronaves, desenrolado pola compañía Hughes Aircraft.
En declaraciones a The New York Post, Amanda considera que o seu nomeamento pode ser un hito para que a comunidade transexual poida desprenderse do estigma social que a acompaña. "Se o meu nomeamento, e a visibilidade de traballar para o goberno federal axuda a cambiar a mente dalgunhas persoas, e axuda a outra xente a conseguir traballos para os que antes eran rexeitadas, estarei encantada", sinalou.
'Loitei con todo isto durante toda a miña vida'
A flamante nova asesora en seguridade rexeitou entrar en detalles sobre as operacións ás que foi sometida no proceso de cambio de sexo: "Síntome moito máis cómoda con quen son hoxe, do que o era antes. Loitei con isto durante toda a miña vida". Nun perfil seu elaborado en 2002 polo xornal Arizona Daily Star, asegurábase que se sometera a seis operacións diferentes, que tiveron un coste aproximado de 70.000 dólares. Mara Keisling, directora executiva da organización National Center for Transgender Equality, en cuxa xunta executiva serviu Simpson ata a semana pasada, felicitouse pola novaa, e destacou que Obama é o primeiro presidente dos EEUU en nomear a persoas que recoñecen abertamente a sua condición de transexuais. "Isto mostra que este presidente tómase en serio o de formar unha administración que se pareza ó que é este país", sosten Keisling.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario